Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

P3111207 - Arquitectura Multimedia (Módulo III: Itinerario Multimedia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PEREIRA FARIÑA, JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O estudante adquirirá capacidade de planificar a estrutura de circulación de contidos en medios multimedia e converxentes, xunto á capacidade para concibir e estruturar o desenvolvemento de sistemas de xestión de contido. Ademais aprenderá as estratexias para a correcta construción de sistemas complexos de contido organizados en estrutura de bases de datos e a comprender, avaliar e decidir sobre modelos tecnolóxicos e desenvolvementos técnicos vinculados á xestión de contido. Tamén adquirirá a capacidade de organizar a representación visual e a arquitectura de navegación externa de sistemas complexos de contido.
    Contidos
    Nos últimos anos, a rede evolucionou cunha gran velocidade, a partir do xurdimento de webs de nova xeración que aprenderon dos erros do estalido da burbulla punto com. A principal consecuencia desde o punto de vista dos editores de contido é o xurdimento dunha arquitectura distribuída e de mash-ups, con provedores de servizos que permiten estender o concepto de medio de comunicación en direccións máis flexibles. Ao mesmo tempo, a evolución dos modelos de bases de datos, dos sistemas de xestión de contido e dos procesos de converxencia nas redaccións, nos últimos anos perfeccionáronse novas técnicas de organización e fluxo de datos. Esta disciplina, a arquitectura da información, permite maximizar o uso do contido e mellora a súa circulación dentro de sistemas complexos de difusión multimedia.

    Contidos concretos:
    1. A estrutura interna do contido
    2. Servidores e servizos
    3. A programación do Back-end
    4. A utilización de APIS: Google, Google Maps, Flickr, Youtube, Vimeo, Technorati, Reuters, New York Times, BBC.
    5. O Front-end: a recuperación da información.
    6. A ordenación dos elementos.
    7. Sistemas de valorización da información.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica
    Barbieri, D. (2004). El discurso equivocado. Semiótica de la Web Unusability. Designis, 5, 223–233.
    Lopez, X., Gago, M.,Pereira, X. (2006). Sistemas digitales de información. Madrid. Pearson.
    Montero, Y.H.; Núñez Pena, A.: “Diseño de Arquitecturas de Información: Descripción y Clasificación” en No Solo Usabilidad journal, , nº 4. 14 de Enero de 2005 [Consulta: 27 de noviembre de 2007]
    Knapp Bjerén, A. (2002). La Experiencia Del Usuario. e-negocios(Anaya). Madrid: Anaya Multimedia.
    Rosenfeld, L., & Morville, P. (2006). Information Architecture for the World Wide Web (3ª ed.). Cambridge [etc.]: O’Reilly.
    Wodtke, C. (2002): Information Architecture: Blueprints for the Web. Indianapolis (EUA): New Riders Publishing.

    Bibliografía complementaria
    Coutin, A. (2002): Arquitectura de la información para sitios Web. Madrid: Ediciones Anaya Multimedia (Grupo Anaya S.A.).
    Craig, R. (2008): Online Journalism. Reporting, Writing and editing for New Media. Boston (EUA): Thomson.
    Díaz Noci, J., Salaverría, R. (2003): Manual de redacción ciberperiodística. Barcelona: Ariel Barcelona.
    Foust, J.C. (2009): Online journalism. Principles and practices of news for the web. Arizona (EUA): Holcomb.
    Kahn, P., Krzysztof L. (1998): Website Information Architecture. Indianapolis (EUA): New Riders.
    Larrondo, Ainara; Serrano, Ana (2007): Diseño Periodístico en Internet. UPV.
    Mutula, S. (2007): Web information management : a cross-disciplinary textbook. Oxford : Chandos Publishing.
    Nielsen, J. (1998): Designing Websites With Authority: Secrets of an Information Architect. Indianapolis (EUA): New Riders.
    Nielsen, J., Tahir, M. (2002): Homepage Usability: 50 websites deconstructed. Indianapolis (EUA): New Riders.
    Reis, E. (2000): Practical Information Architecture: A Hands-On Approach to Structuring Successful Websites. Harlow (Inglaterra): Addison-Wesley (Pearson Education Limited).
    Robertson, J. : “How to evaluate a content management system” [en linea ] en KM Column, 2002 [Consulta: 27 de noviembre de 2007].
    Rosenfeld, L.(2007) “A brief (and practical) Introduction to Information Architecture”. Conferencia impartida en “Usability and Accesibility for the Web International Seminar”. 26 de junio de 2007. [URL: http://www.slideshare.net/lrosenfeld/a-brief-and-practical-introduction-to-information-architecture].
    Rosenfeld, L et al. (2000): Arquitectura de la información para el www. Mexico: McGraw-Hill.
    Tonfoni. G. (1998): Information design: The knowledge architect’s toolkit. Lanham (EUA): Scarecrow Press.

    Competencias
    O estudante adquirirá as seguintes competencias:
    1. Elaboración de informes de análise e exploración de diferentes subsectores de Internet.
    2. Comentarios críticos de lecturas de investigación
    3. Elaboración de mapas de datos
    4. Elaboración dun prototipos de xestores de contidos.
    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades formativas que se establecen na materia divídense entre unha parte teórica e outra teórico-práctica. No apartado teórico a metodoloxía docente fundamentarase nas clases maxistrais (10%)e na análise de textos e a súa posterior reflexión pública (40%).
    No apartado teórico-práctico establecerase a metodoloxía do estudo de caso (25%) e a elaboración dunha proposta dun xestor de contidos dun proxecto multimedia (25%).
    Con esta metodoloxía lograrase acadar as competencias propostas, xa que o alumno aprenderá a deseñar modelos de produción, ademais de aprender a analizar as estruturas existentes en modelos de éxito ou fracaso. Para iso utilizaranse as ferramentas de apoio á docencia que sexan necesarias en cada momento, desde o apoio informático ata a visita de profesionais que conten a súa experiencia no sector.
    Sistema de evaluación
    Asistencia e participación:
    - Participación activa nas aulas
    - Participación nos debates
    - Aportacións libres dos estudantes
    - Lectura das informacións diarias relacionadas co sector multimedia
    Intrumentos: Observación e notas do profesor
    Importancia na nota final: 10%

    Conceptos da materia
    Dominio dos coñecementos teóricos
    Instrumentos: Informes executivos e críticos sobre a bibliografía proposta
    Importancia da nota: 45%

    Realización dun deseño e exposicións orais
    - Entrega dos problemas propostos polo profesor ben resoltos
    -No traballo analizarase a estrutura, a calidade da documentación, a redacción e as conclusións
    Instrumentos: Deseño dun prototipo dun xestor de contidos
    Importancia da nota: 45%

    Todo o anterior comporta, necesariamente, que os alumnos/as asistan cando menos ao 80% das clases programadas. De non acadar esa porcentaxe, non serían avaliados.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo para esta materia, entre as clases presenciais e a adicación persoal do alumno á consulta da documentación e elaboración de actividades propostas polo docente, será de 150 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Os eixes básicos para superar a materia fundaméntanse na participación activa nas clases expositivas, a realización do traballo proposto nas clases interactivas e a lectura dos materiais achegados.
    Observacións
    Ao longo do curso, e dependendo da actualidade, o profesor poderá convidar a profesionais do sector que fagan charlas sobre a súa área de traballo. Do mesmo xeito, contémplase a posibilidade de realizar prácticas de campo, ben asistindo á redaccións dixitais ou a congresos de referencia.
    Nos dous casos, a asistencia é obrigatoria.