Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

P3111209 - Prácticas externas (Módulo IV: Prácticas Externas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 15.00
  • Total: 15.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 14.00
  • Horas de Titorías: 42.00
  • Total: 56.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación, Departamento Externo
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ GARCIA, XOSE.NON
Soengas Perez, Jose.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Aprendizaxe de técnicas concretas dentro da especialidade seleccionada polo estudante.
    Coñecemento de entornos profesionais de traballo. Coñecemento de rutinas de produción e de creación.

    Contidos
    O carácter propio da materia obriga a establecer unhas bases en canto á distribución horaria e tipoloxía das tarefas a desenvolver nas empresas, que sempre han de estar relacionadas directamente coa formación e as competencias adquiridas polos estudantes do Máster de Comunicación e Industriais Culturais.
    Bibliografía básica e complementaria
    Non é necesaria para esta tarefa.
    Competencias
    As prácticas a realizar nas institucións ou empresas relacionas co ámbito da comunicación audiovisual teñen uns obxectivos amplos. Preténdese que o estudante estableza contacto co mundo exterior da formación universitaria de máster para completar a formación especializada que recibe no propio Máster. Para isto deberá realizar esta actividade nalgunha das empresas e institucións conveniadas coa USC co obxectivo de aprender e alcanzar a experiencia necesaria para acceder nun futuro ao mercado laboral.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía de ensinanza fundaméntase na aprendizaxe práctica dentro do ámbito de especialización elixido polo estudante. Cada alumno/a terá asignada unha tarefa relacionada coa formación impartida no Máster dentro da empresa colaboradora. A supervisión nas instalacións da entidade colaboradora será realizada por unha persoa designada a tal efecto. Pola contra, a supervisión dos avances na aprendizaxe xeral corresponderá ao titor-profesor asignado pola dirección do Máster a cada estudante.
    Sistema de evaluación
    Os criterios de avaliación virán establecidos segundo acordo establecido entre as institucións e/ou empresas e a Facultade de Ciencias da Comunicación, de acordo coa normativa vixente.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de traballo persoal será estimado en cada caso polos convenios que regulen a relación entre a entidade colaboradora e a USC.
    En ningún caso poderá ser superior a 15 horas á semana durante o curso académico e 30 horas á semana cando non haxa docencia presencial.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Non son necesarias para esta materia.