Martes, 14 de maio de 2013
Se es estudante dalgunha das universidades galegas, de Imaxe e Son, ou de bacharelato artístico
neste ano 2013, podes participar no III Premio de curtas de comedia «Somos a curta!»
Non tes máis que enviar tres dvd coa peza e os datos correspondentes á Comisión de
Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC antes do 15 de outubro.
En novembro, todas as curtas presentadas exhibiranse nunha gala especial na propia Facultade, na
que o xurado outorgará dous premios de 400 e 200 euros, e o público elixirá que fita leva o seu
premio, galardoado con diploma honorífico.
Ligazóns: