Xoves, 16 de maio de 2013
A Axencia Deportiva Galega oferta postos de colaboradores e correspondentes en distintas localidades de Galicia (Boiro, Carballo, Ribadeo, Ponteareas, Pontevedra, Ferrol e Ourense). Tamén buscamos persoas interesadas e con coñecementos en deportes de motor e náutica.
A duración sería ata decembro de 2013, con posibilidade de establecerse como correspondente de xeito definitivo.
Os horarios serían sempre nas fins de semana, especialmente na xornada dominical -nun abano que podería ir desde as 17.00 ata as 21.00 horas, dependendo dos horarios das distintas actividades deportivas-.
Os requerimentos serían: boa capacidade de redacción, interese e coñecemento de deportes, especialmente fútbol sen descartar especialistas noutros deportes (sobre todo baloncesto e balonmán) e dispoñer de ordenador persoal portátil con acceso a Internet.
O enderezo para o envío dos curriculums sería adg@axenciadeportivagalega.com
Manuel García Solano
Axencia Deportiva Galega / ADG MEDIA
Teléfonos: 981 916681 / 609 876757