
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 31/07/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Xornalismo
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda de Castelao, s/n. Campus norte
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE do 5 de marzo de 2010
Data da última acreditación: 22/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: LOPEZ GARCIA, XOSE
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
• Procurar un coñecemento racional e crítico do presente, coa finalidade de que o estudante poida comprender a sociedade actual e saiba transmitila de maneira comprensible aos demais.
• Adquirir un coñecemento básico dos principais acontecementos e procesos das sociedades actuais desde unha perspectiva sincrónica. A dimensión espacial deste coñecemento ha de ser tan ampla como sexa posible, por canto contribúe a desenvolver a capacidade de comprender a diversidade e a fomentar o respecto polos sistemas de valores alleos e a conciencia cívica.
• Proporcionar un coñecemento suficiente das técnicas de procura, recollida de información, identificación e selección, así como dos métodos apropiados para examinar críticamente calquera clase de fontes, documentos e feitos, coa finalidade, por unha banda, de tratalos convenientemente e, por outro, de transformalos en informacións de interese mediante as linguaxes informativo-comunicativas segundo cada caso.
• Saber expresarse con claridade e coherencia nas linguas propias da súa comunidade, oralmente e por escrito, así como ter coñecementos doutros idiomas, en particular do inglés.
• Alcanzar un coñecemento básico dos conceptos, categorías, teorías e temas máis relevantes das diferentes ramas da investigación informativo-comunicativa.
a) formación en Ciencias Sociais, Humanidades e Ciencia e Tecnoloxía para proporcionar unha competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
b) formación en Teoría, Historia e Estrutura da Información e a Comunicación, para coñecer os fundamentos e as prácticas máis habituais dos procesos de produción, distribución e recepción da comunicación desde as perspectivas económica, social, cultural e política.
c) formación en capacidades expresivas e nas linguaxes e procesos de comunicación para todos os soportes técnicos de información e comunicación, valoración e opinión, e unha capacidade de análise (lingüística, pragmática e ideolóxica) da produción xornalística.
d) formación no coñecemento e no uso da tecnoloxía (informativa e informática) que permita elaborar produtos xornalísticos en calquera soporte ou sistema.
e) formación ética profesional e compromiso cívico a través do coñecemento do ordenamento e da regulación que afecta ao noso ámbito, e das posibilidades e límites na liberdade de expresión, así como da responsabilidade social que debe presidir o quefacer profesional do informador, fomentando ademais a conciencia igualitaria entre as persoas e os pobos e o respecto polos dereitos humanos internacionais.
f) formación básica relacionada coa xestión empresarial, o autotraballo, o teletraballo e a organización, a produción e a realización de proxectos informativo-comunicativos.
g) realización de traballos prácticos e de experimentación profesional e de innovacións, xuntamente cunha introdución metodolóxica e análise aplicada á iniciación na investigación do campo informativo-comunicativo.
1. Redactor/a de información xornalística en calquera tipo de soporte profesional do xornalismo, por conta propia ou allea e en calquera soporte mediático, tradicional ou electrónico, que desenvolve a súa actividade mediante textos e xéneros creando contidos xornalísticos. Comprende as tarefas de redactor, reporteiro, presentador e director, incluído o deseño, a escritura e a execución de guións de reportaxes e documentais audiovisuais ou multimedia.
2. Redactor/a ou responsable de prensa ou comunicación institucional. Profesional dun gabinete de prensa ou de comunicación dunha institución pública ou privada para coordinar ou executar cantos traballos de carácter informativo ou comunicativo necesite a entidade.
3. Investigador/a, docente, e consultor/a de comunicación. Especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación, actuais ou prospectivos, para todo tipo de organizacións públicas e privadas, capacitado para as tarefas de mediación, asesoría, consultoría e medición. Docente nos ensinos superiores ou medios para impartir materias de información, comunicación e novas tecnoloxías da información e da comunicación.
4. Xestor/a de portais e editor/a de contidos. Profesional na redacción e execución de traballos de edición en xeral, por conta propia ou para empresas editoras ou creadoras de producións culturais e informativas. Especialista no tratamento, a xestión e a edición de todo tipo de contidos por medio de sistemas preferentemente dixitais.
Grazas ás novas tecnoloxías da información e da comunicación fóronse modificando constantemente os perfís profesionais que demandan un amplo coñecemento das estratexias e sistemas de comunicación e información. É por iso que, xunto aos perfís xa tradicionais como o de xornalista de prensa, radio, televisión e gabinete de comunicación, naceron profesionais especializados na produción e xestión da información para plataformas moito máis dinámicas, como son, por exemplo, Internet ou a telefonía móbil.
En concreto pódense especificar catro perfís para os que capacita a titulación:
- Redactor/a de información xornalística en calquera tipo de soporte profesional
- Redactor/a ou responsábel de prensa ou comunicación institucional
- Investigador/a, docente, e consultor/a de comunicación. Especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación
- Xestor/a de portais e editor/a de contidos
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Xornalismo [pdf - 935 kb][Actualizado: 8/9/10]
Resolución de adaptación ao Grao en Xornalismo para alumnos da Licenciatura co primeiro ciclo superado [pdf - 621 kb][Actualizado: 8/9/10]
Resolución de adaptación ao Grao en Xornalismo-modificación 2011 [pdf - 213 kb][Actualizado: 9/3/12] (nota: a data correcta da RR é 17/10/2011)
Número de prazas de novo ingreso: 80
Demanda do ano anterior: 9.992 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en Xornalismo recoméndase que a formación do alumno sexa a propia do perfil das Ciencias Sociais (R.D. 1467/2007, BOE do 6 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e fíxanse as ensinanzas mínimas).
Calidades desexábeis do futuro estudante do grao en Xornalismo:
- Interese polos medios de comunicación e polo coñecemento da actualidade.
- Capacidade para relacionar a actualidade informativa co contexto social, económico e político no que se produce.
- Interese pola lectura e pola escritura como actividade formativa e creativa.
- Capacidade de observación da contorna e de interlocución cos seus axentes.
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao
Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en Periodismo recoméndase que a formación do alumnado sexa de perfil das CC. Sociais
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo fin de grao constará de 12 créditos obrigatorios a realizar no segundo cuadrimestre do cuarto curso do grao.
Prácticas en empresas: Hai un Módulo de Prácticas en empresas xornalísticas que se trata de actividades formativas períodos formativos complementarios en empresas do sector da comunicación, vinculadas á USC a través do convenio de practicas USC-Empresa que regula esta actividade. As competencias que adquirirán os estudantes son as relacionadas co propio desenvolvemento da súa estancia formativa nas empresas convidas. Xunto a estas competencias específicas, os estudantes coñecerán a modo experimental a casuística do mercado laboral.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3031124 | Locución Audiovisual | 6.00 | OB | 2SG | OFERTA.1 | G3031125 | Linguaxe Audiovisual | 6.00 | OB | 2SG | OFERTA.1 | G3031126 | Redacción Informativa | 6.00 | OB | 2SG | OFERTA.1 | G3031122 | Producción da Información | 6.00 | OB | 1SG | OFERTA.1 | G3031123 | Publicidade e Relacións Públicas | 6.00 | OB | 2SG | OFERTA.1 | G3031104 | Dereito da Información | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3031101 | Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3031102 | Historia do Mundo Actual | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3031103 | Fundamentos de Economía da Información | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3031121 | Técnicas e Tecnoloxías para os Medios de Comunicación | 6.00 | OB | 1SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3031202 | Lingua Galega | 6.00 | FB | 1SG | G3031203 | Lingua Española | 6.00 | FB | 1SG | G3031207 | Fotoxornalismo | 6.00 | FB | 2SG | G3031221 | Xéneros Informativos en Prensa | 6.00 | OB | 1SG | G3031222 | Información Radiofónica | 6.00 | OB | 1SG | G3031223 | Información Televisiva | 6.00 | OB | 2SG | G3031224 | Xéneros Interpretativos e de Opinión en Prensa | 6.00 | OB | 2SG | G3031204 | Documentación Informativa | 6.00 | FB | 1SG | G3031201 | Estatística Aplicada á Comunicación | 6.00 | FB | 1SG | G3031205 | Comunicación Interpersoal e Comunitaria | 6.00 | FB | 2SG | G3031206 | Industrias Culturais | 6.00 | FB | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3031324 | Xéneros Radiofónicos e Televisivos | 6.00 | OB | 1SG | G3031325 | Multimedia:teoría, técnica y aplicacións | 6.00 | OB | 1SG | G3031323 | Comunicación Organizacional | 6.00 | OB | 1SG | G3031328 | Xestión da Empresa Informativa | 6.00 | OB | 2SG | G3031327 | Xornalismo Especializado | 6.00 | OB | 2SG | G3031321 | Historia da Comunicación | 6.00 | OB | 1SG | G3031322 | Teorías da Comunicación e da Información | 6.00 | OB | 1SG | G3031326 | Métodos de investigación | 6.00 | OB | 2SG | G3031341 | Teoría da comunicación visual | 6.00 | OP | 2SG | G3031342 | Programación e Audiencias | 6.00 | OP | 2SG | G3031329 | Deseño e composición visual | 6.00 | OB | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3031446 | Inglés para Xornalistas | 6.00 | OP | 2SG | G3031442 | Documental | 6.00 | OP | 1SG | G3031447 | Fotografía Contemporánea | 6.00 | OP | 2SG | G3031443 | Estratexias e Plans de Comunicación | 6.00 | OP | 1SG | G3031445 | Novos formatos e Productos para a Rede | 6.00 | OP | 2SG | G3031421 | Áreas de Especialización Xornalística | 6.00 | OB | 1SG | G3031448 | Movementos xornalísticos e comunicación cidadá | 6.00 | OP | 2SG | G3031423 | Órganos e sistemas de regulación | 6.00 | OB | 2SG | G3031444 | Teoría e análise dos cibermedios | 6.00 | OP | 1SG | G3031422 | Novos Soportes e Arquitectura da Información | 6.00 | OB | 1SG | G3031441 | Infografía | 6.00 | OP | 1SG | G3031424 | Traballo Fin de Grao | 12.00 | OB | TFGM | G3031449 | Practicas en empresas xornalísticas | 12.00 | OP | PEGM | PLN.CONT.VER.SV |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable