Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Centros
  4. »
  5. Facultade de Ciencias da Comunicación
  6. »
  7. Titulacions

Grao en Xornalismo - G3031V01

Información

Avda de Castelao, s/n. Campus norte
15782 Santiago de Compostela

Tipo de ensino: Presencial
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Condicións de terminación

Obxectivos

• Procurar un coñecemento racional e crítico do presente, coa finalidade de que o estudante poida comprender a sociedade actual e saiba transmitila de maneira comprensible aos demais.
• Adquirir un coñecemento básico dos principais acontecementos e procesos das sociedades actuais desde unha perspectiva sincrónica. A dimensión espacial deste coñecemento ha de ser tan ampla como sexa posible, por canto contribúe a desenvolver a capacidade de comprender a diversidade e a fomentar o respecto polos sistemas de valores alleos e a conciencia cívica.
• Proporcionar un coñecemento suficiente das técnicas de procura, recollida de información, identificación e selección, así como dos métodos apropiados para examinar críticamente calquera clase de fontes, documentos e feitos, coa finalidade, por unha banda, de tratalos convenientemente e, por outro, de transformalos en informacións de interese mediante as linguaxes informativo-comunicativas segundo cada caso.
• Saber expresarse con claridade e coherencia nas linguas propias da súa comunidade, oralmente e por escrito, así como ter coñecementos doutros idiomas, en particular do inglés.
• Alcanzar un coñecemento básico dos conceptos, categorías, teorías e temas máis relevantes das diferentes ramas da investigación informativo-comunicativa.


Competencias xerais

a) formación en Ciencias Sociais, Humanidades e Ciencia e Tecnoloxía para proporcionar unha competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
b) formación en Teoría, Historia e Estrutura da Información e a Comunicación, para coñecer os fundamentos e as prácticas máis habituais dos procesos de produción, distribución e recepción da comunicación desde as perspectivas económica, social, cultural e política.
c) formación en capacidades expresivas e nas linguaxes e procesos de comunicación para todos os soportes técnicos de información e comunicación, valoración e opinión, e unha capacidade de análise (lingüística, pragmática e ideolóxica) da produción xornalística.
d) formación no coñecemento e no uso da tecnoloxía (informativa e informática) que permita elaborar produtos xornalísticos en calquera soporte ou sistema.
e) formación ética profesional e compromiso cívico a través do coñecemento do ordenamento e da regulación que afecta ao noso ámbito, e das posibilidades e límites na liberdade de expresión, así como da responsabilidade social que debe presidir o quefacer profesional do informador, fomentando ademais a conciencia igualitaria entre as persoas e os pobos e o respecto polos dereitos humanos internacionais.
f) formación básica relacionada coa xestión empresarial, o autotraballo, o teletraballo e a organización, a produción e a realización de proxectos informativo-comunicativos.
g) realización de traballos prácticos e de experimentación profesional e de innovacións, xuntamente cunha introdución metodolóxica e análise aplicada á iniciación na investigación do campo informativo-comunicativo.


Competencias específicas

1. Redactor/a de información xornalística en calquera tipo de soporte profesional do xornalismo, por conta propia ou allea e en calquera soporte mediático, tradicional ou electrónico, que desenvolve a súa actividade mediante textos e xéneros creando contidos xornalísticos. Comprende as tarefas de redactor, reporteiro, presentador e director, incluído o deseño, a escritura e a execución de guións de reportaxes e documentais audiovisuais ou multimedia.
2. Redactor/a ou responsable de prensa ou comunicación institucional. Profesional dun gabinete de prensa ou de comunicación dunha institución pública ou privada para coordinar ou executar cantos traballos de carácter informativo ou comunicativo necesite a entidade.
3. Investigador/a, docente, e consultor/a de comunicación. Especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación, actuais ou prospectivos, para todo tipo de organizacións públicas e privadas, capacitado para as tarefas de mediación, asesoría, consultoría e medición. Docente nos ensinos superiores ou medios para impartir materias de información, comunicación e novas tecnoloxías da información e da comunicación.
4. Xestor/a de portais e editor/a de contidos. Profesional na redacción e execución de traballos de edición en xeral, por conta propia ou para empresas editoras ou creadoras de producións culturais e informativas. Especialista no tratamento, a xestión e a edición de todo tipo de contidos por medio de sistemas preferentemente dixitais.


Acceso e admisión

Os xerais para as titulacións de grao
Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en Periodismo recoméndase que a formación do alumnado sexa de perfil das CC. Sociais
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais.

Primeiro Curso

CódigoNomeCréditosCarácterPeríodoDocencia
G3031124Locución Audiovisual6.00OB2SGOFERTA.1
G3031125Linguaxe Audiovisual6.00OB2SGOFERTA.1
G3031126Redacción Informativa6.00OB2SGOFERTA.1
G3031122Producción da Información6.00OB1SGOFERTA.1
G3031123Publicidade e Relacións Públicas6.00OB2SGOFERTA.1
G3031104Dereito da Información6.00FB2SGOFERTA.1
G3031101Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos6.00FB1SGOFERTA.1
G3031102Historia do Mundo Actual6.00FB1SGOFERTA.1
G3031103Fundamentos de Economía da Información6.00FB1SGOFERTA.1
G3031121Técnicas e Tecnoloxías para os Medios de Comunicación6.00OB1SGOFERTA.1

Segundo Curso

CódigoNomeCréditosCarácterPeríodoDocencia
G3031202Lingua Galega6.00FB1SGNI/NM
G3031203Lingua Española6.00FB1SGNI/NM
G3031207Fotoperiodismo6.00FB2SGNI/NM
G3031221Xéneros Informativos en Prensa6.00OB1SGNI/NM
G3031222Información Radiofónica6.00OB1SGNI/NM
G3031223Información Televisiva6.00OB2SGNI/NM
G3031224Xéneros Interpretativos e de Opinión en Prensa6.00OB2SGNI/NM
G3031204Documentación Informativa6.00FB1SGNI/NM
G3031201Estatística Aplicada á Comunicación6.00FB1SGNI/NM
G3031205Comunicación Interpersoal e Comunitaria6.00FB2SGNI/NM
G3031206Industrias Culturais6.00FB2SGNI/NM

Terceiro Curso

CódigoNomeCréditosCarácterPeríodoDocencia
G3031324Xéneros Radiofónicos e Televisivos6.00OB1SGNI/NM
G3031325Multimedia:teoría, técnica y aplicacións6.00OB1SGNI/NM
G3031323Comunicación Organizacional6.00OB1SGNI/NM
G3031328Xestión da Empresa Informativa6.00OB2SGNI/NM
G3031327Xornalismo Especializado6.00OB2SGNI/NM
G3031321Historia da Comunicación6.00OB1SGNI/NM
G3031322Teorías da Comunicación e da Información6.00OB1SGNI/NM
G3031326Métodos de investigación6.00OB2SGNI/NM
G3031341Teoría da comunicación visual6.00OP2SGNI/NM
G3031342Programación y Audiencias6.00OP2SGNI/NM
G3031329Deseño e composición visual6.00OB2SGNI/NM

Cuarto Curso

CódigoNomeCréditosCarácterPeríodoDocencia
G3031446Inglés para Xornalistas6.00OP2SGNI/NM
G3031442Documental6.00OP1SGNI/NM
G3031447Fotografía Contemporánea6.00OP2SGNI/NM
G3031443Estratexias e Planos de Comunicación6.00OP1SGNI/NM
G3031445Novos formatos e Productos para a Rede6.00OP2SGNI/NM
G3031421Áreas de Especialización Periodística6.00OB1SGNI/NM
G3031448Movementos periodísticos e comunicación ciudadán6.00OP2SGNI/NM
G3031423Órganos e sistemas de regulación6.00OB2SGNI/NM
G3031444Teoría e análise dos cibermedios6.00OP1SGNI/NM
G3031422Novos Soportes e Arquitectura da Información6.00OB1SGNI/NM
G3031441Infografía6.00OP1SGNI/NM
G3031424Traballo Fin de Grao12.00OB2SGNI/NM
G3031449Practicas externas12.00OP2SGNI/NM

Lenda

1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable

Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto