Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141226 - Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais I (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BRAVO TORIJA, BEATRIZ.SI
CID MANZANO, RAMON.NON
CRUJEIRAS PÉREZ, BEATRIZ.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (López E-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (A-López D)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (López E-Ors)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (Ort-Sánchez A)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (Sánchez B-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04 (A-Caram)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05 (Caran-Fl)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_06 (Fo-López D)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Que o alumnado adquira un marco referencial teórico-práctico que lle permita deseñar propostas de ensinanza-aprendizaxe adecuadas para a ensinanza das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria en Galicia.
    - Formular obxectivos relativos aos distintos tipos de contidos suscetibles de ser avaliados.
    - Aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos.
    - Actualizar e analizar contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociados ao coñecemento do medio natural, obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
    - Identificar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas.
    - Selecionar e utilizar diferentes fenómenos, acontecementos ou obxectos do entorno como recursos e como motivación para o traballo na aula.
    - Formular problemas para traballar na clase, relativos aos bloques de contidos analizados.
    - Analizar materiais curriculares, textos e proxetos, e realizar propostas de modificación para o seu uso na clase.
    - Deseñar actividades de aprendizaxe que teñan en conta os problemas que se presentan nas clases de ciencias na Educación Primaria, nas que se integren destrezas e técnicas relacionadas co traballo no laboratorio.
    Contidos
    Parte teórica
    - As Ciencias Experimentais. Natureza e estrutura da Ciencia. Principios básicos e leis fundamentais das Ciencias Físicas e Químicas.
    - As Ciencias Físicas e Químicas no currículo oficial de Educación Primaria. Contribución á adquisición de competencias básicas.
    - A ensinanza e a aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas. Dificultades de aprendizaxe, estratexias de instrución e estratexias de avaliación.
    O medio físico. Os materiais e as súas propiedades. As máquinas e os aparellos. A Humanidade e a Enerxía. Os transportes e as comunicacións.
    - Análise de modelos de ensinanza. Análise e deseño de propostas didácticas.
    - Recursos para a ensinanza das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria: libros, proxectos, museos e industrias, medio natural e urbano, o laboratorio, as TIC.

    Parte práctica
    Realizaranse 8 actividades de laboratorio, de dúas horas de duración cada unha, e unha práctica de campo.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    - AA.VV., Competencia en el conocimiento e interacción con el mundo físico: la comprensión del entorno próximo, MEC-IFIIE (serie principios, DVD), Madrid, 2010.
    - AA.VV., El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria, MEC, Madrid, 2010.
    - AA.VV., Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. MEC, Madrid, 2004.
    - Bermejo, D., En las Fronteras de la Ciencia, Arthropos, Barcelona, 2008.
    - Charpak, G. Manos a la obra: Las Ciencias en la Escuela Primaria, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
    - Charpak, G. y Lena, P., Los Niños y la Ciencia: La aventura de la mano en la masa, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
    - Meinardi, E., Galli, L. G., Revel Chion, A. y Plaza, M. V. , Educar en Ciencias, Ed. Paidós, 2010.
    - Friedl, A. E., Enseñar Ciencias a los Niños, Gedisa, Barcelona, 2006.
    - Gega, P. C., La enseñanza de las ciencias físicas en la escuela primaria, Paidós, Barcelona, 1980.
    - Harlen, W., Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias, MEC-Morata, Madrid, 1999.
    - Langford, P., El desarrollo del pensamiento conceptual en la escuela primaria, Paidós, Barcelona, 1989.
    - Martín del Pozo, R., Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado, Diada, Sevilla, 2007.
    - Pujol, R. M., Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria, Síntesis, Madrid, 2003.
    - Tann, C., Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la Escuela Primaria, Morata, Madrid, 1990.

    Bibliografía complementaria:
    - Arends, R.I., Aprender a Enseñar, McGraw-Hill, México, 2007.
    - Carmen, L. del, El análisis y secuenciación de los contenidos educativos, ICE/Horsori, Barcelona, 1996.
    - Claxton, G., Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela, Visor, Madrid, 1994.
    - Chalmers, A. F., ¿Qué es esa cosa llamada Ciencia?: Una valoración de la Naturaleza y el Estatuto de la Ciencia y sus Métodos, Siglo XXI, Madrid, 2010.
    - Driver, R. et al., Ideas Científicas en la Infancia y en la Adolescencia, MEC, Madrid, 1989.
    - Garrido, J.M., Perales, F.J., Galdón, M., Ciencia para Educadores, Pearson/Prentice Hall, Madrid, 2007.
    - Giordan, A., La Enseñanza de las Ciencias, Siglo XXI, Madrid, 1982.
    - Jiménez Aleixandre, M. P. (coord.), Enseñar Ciencias, Graó, Barcelona, 2003.
    - Lahera, J. e Forteza, A., Ciencias Físicas en Primaria y Secundaria, CCS, Madrid, 2003.
    - Osborne, R. e Freyberg, P., El Aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de las ideas de los alumnos, Narcea, Madrid, 1995.
    - Pozo, J. I. e Gómez Crespo, M. A., Aprender y enseñar ciencia, Morata, Madrid, 1998.
    - Poole, L., La Ciencia Moderna. En las Fronteras de la Ciencia, MEC, Madrid, 1965.
    - Tejada, J., Chudnovsky, E. y Punset, E., El Templo de la Ciencia: Los Científicos y sus Creencias, Destino, Barcelona, 2008.

    Textos de Física y Química.

    Revistas: Adaxe, Alambique, Aula de Innovación Educativa, Boletín das Ciencias (ENCIGA), Cuadernos de Pedagogía, Enseñanza de las Ciencias. Revista Eureka sobre enseñanza y divulgación de las ciencias. Revista electrónica de enseñanza de las ciencias.

    Competencias
    Competencias Xerais
    - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avalición e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respetivos.
    - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    - Manter unha relación crítica e autónoma respeto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    - Valorar a responsabilidade individual e coletiva na consecución dun futuro sostible.
    - Reflexionar sobre as práticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
    - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir seletivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.

    Competencias Específicas
    - Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física e Química).
    - Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
    - Plantexar e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
    - Valorar as ciencias como un feito cultural.
    - Recoñecer a mutua influenza entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para percurar un futuro sustentable.
    - Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didáticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.

    Competencias Básicas
    - Demostrar que se posúen e comprenden os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, si ben se apoia nos libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspetos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
    - Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posuir as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
    - Ter a capacidade de xuntar e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    - Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Competencias Transversais
    - Coñecemento instrumental da lingua galega.
    - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía utilizada nas clases expositivas.
    A explicación do profesor convírtese nun dos elementos que se integran no proceso de construción de coñecementos dos estudantes, adquirindo relevancia no traballo do alumnado. O profesor xoga o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interación e creación de significados, estratexias, destrezas e atitudes na aula.
    As actividades, deseñadas e proporcionadas polo profesor, reallizaranse en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara a comunicación co grupo de clase.
    Serán de varios tipos:
    - Análise das concepcións dos estudantes, sobre os problemas de ensinanza e aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
    - Actualización e análise dos contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociados ao coñecemento do medio natural obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
    - Análise de diferentes modelos didácticos, estratexias de intervención e avalición en ciencias, adecuados á Educación Primaria.
    - Análise de recursos e técnicas didácticas en ciencias, adecuadas á Educación Primaria.
    - Análise e deseño de propostas didácticas para a ensinanza das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.

    Metodoloxía utilizada nas clases interativas de laboratorio.
    A metodoloxía utilizada nas actividades de laboratorio, que se realizarán en pequeno grupo, inclúe cuatro fases:
    1. Espertarase o interese e a curiosidade dos estudantes, axudándolles a facer explícito e a clarificar o que pensan, diante dunha situación problemática.
    2. Animaráselles a probar as súas ideas e a recoñecer o significado do que percibiron e de como o interpretaron. Informaráselles sobre as ideas clave e sobre os modelos da ciencia escolar, ensinándolles a utilizalos como fundamento das súas percecións e das súas explicacións.
    3. Realizarase a análise didáctica da actividade realizada: cales son as intencións educativas, as posibles dificultades de aprendizaxe, a análise dos contidos obxecto de aprendizaxe e a elaboración dos criterios de avaliación que se consideran máis adecuados. Preténdese que os estudantes integren os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e no laboratorio.
    4. Animaráselles a que reflexionen e busquen información, para relacionar o aprendido con outros feitos, situacións, acontecementos e experiencias adquiridas na vida cotiá.

    Metodoloxía utilizada na prática de campo
    A partir do módulo selecionado, elaborarase unha actividade de ensinanza, na que se deberá especificar: o ciclo ao que vai dirixida, a unidade didáctica na que se incluiría e as competencias que se pretenden desenvolver. Indicarase como se levaría a cabo, sinalando as distintas partes que tería a actividade e o papel do alumnado e do mestre nelas. Utilizaranse os aspectos teóricos necesarios.

    Sistema de evaluación
    Parte1:
    a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula e informe escrito (pequeno grupo) no que se poña de manifesto a diferenza entre o aprendido e o coñecemento inicial sobre a temática formulada na actividade.
    b. Asistencia e participación activa nas actividades de laboratorio e informe escrito (en pequeno grupo) de cada unha delas.
    c. Presentacións orais.
    Parte 2:
    d. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e prática.
    Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final:
    Parte 1:
    - Apartado a: 15%
    - Apartado b: 25%
    - Apartado c: 10%
    Parte 2:
    - Apartado d: 50%
    Para superar a materia será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases, así como superar as Partes 1 e 2, anteriormente indicadas.
    A cualificación acadada na Parte 1, terase en conta na convocatoria de xullo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interativas de laboratorio e 3 horas de titorías.
    Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado da seguinte maneira:
    - Estudo autónomo, leturas recomendadas e actividades na biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
    - Leturas sobre a parte práctica, programación de traballos práticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
    - Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, orientación e seguimento de traballos práticos: 19 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, é necesario asistir a clase e participar activamente nas actividades propostas.
    A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contenidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta letura.

    Observacións
    O programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o segundo cuadrimestre.
    As titorías atenderanse no despacho dos profesores: cuarta planta da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte.
    Correo electrónico dos profesores: josemanuel.dominguez@usc.es / ramon.cid@usc.es
    Extensión telefónica dos profesores: 12007.