Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

381407 - Psicoloxía da Instrución (4º CURSO) - Curso 2011/2012

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
    • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
    • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
    • Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    GARCIA TOBIO, ALFONSO.NON
    GARCIA TOBIO, ALFONSO.NON
    Pardo Perez, Juan Carlos.SI

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo L01OrdinarioLaboratorioSINON
    Grupo L02OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L03OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo P01OrdinarioPrácticosSINON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O programa que aquí se presenta corresponde á materia de Psicoloxía da Instrución, de Primeiro Curso da Licenciatura en Psicopedagoxía. Nas sociedades occidentais, a escola é un importante contexto de desenvolvemento dos individuos. Parece ser esta, pois, unha razón importante para que tratemos de comprender as accións educativas que acontecen na escola, mediante as que se pretende moldear o crecemento persoal dos alumnos/as. A diferenza doutras situacións educativas, as actuacións educativas da escola responden a un proxecto (planificación) que especifica as intencións (finalidades e obxectivos) que se perseguen, e os medios a través dos que se pretenden alcanzar estás intencións. A análise deste proxecto e a comprensión da filosofía que a inspira é o obxectivo que perseguimos neste curso, obxectivo que se expresa en forma dun problema que alumnas e alumnos matriculados neste curso han de enfrontar: ¿que achega o construtivismo e teorías construtivistas como a Epistemoloxía Xenética de J. Piaget, a Teoría Sociocultural de L. S. Vygotsky e a Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa de D. P. Ausubel, entre outras, para a comprensión, valoración e guía das prácticas educativas escolares?

    (Consultar programa completo en: http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/Psicoloxia_da_instruccion/PI_Programa.doc)

    Contidos
    Núcleos temáticos

    • Planificación do curso: presentación e negociación do programa
    • Natureza humana e educación: a educación, invento social que contribúe a dar forma a procesos psicolóxicos. A educación escolar: características diferenciadoras con relación á educación informal; efectos da escolarización sobre o desenvolvemento
    • Currículo : o currículo, unha construción social que expresa as intencións educativas dun grupo social: as múltiples influencias configuradoras dos currículos escolares. Tipos de currículo e as epistemoloxías subxacentes. Achegas da psicoloxía á definición dun currículo
    • O Construtivismo como marco de referencia psicolóxico para a educación escolar: o construtivismo no contexto das concepcións epistemolóxicas. O construtivismo como concepción educativa. Postulados básicos. Principios de intervención educativa. A construción do coñecemento escolar: os procesos de construción do coñecemento; os mecanismos de influencia educativa
    • Teorías construtivistas da aprendizaxe escolar: a Epistemoloxía Xenética de Piaget: o desenvolvemento e os procesos de autoconstrución do coñecemento. A Teoría Sociocultural de Vygotsky: a orixe sociocultural do coñecemento. A Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa de Ausubel. A Teoría da Elaboración de Reigeluth

    (Consultar programa completo en: http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/Psicoloxia_da_instruccion/PI_Programa.doc)

    Bibliografía básica e complementaria
    Ver Anexo I: http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/Psicoloxia_da_instruccion/PI_ANEXO_I.doc

    Competencias
    Finalidades instrutivas
    1. Adquirir unha visión da Psicoloxía da Instrución como disciplina educativa que se interesa polos procesos psicolóxicos que están implicados na aprendizaxe escolar e, polo tanto, polo modo en que os procesos de ensinanza axudan a dar forma a aqueles procesos psicolóxicos.
    2. Analizar as relacións entre o desenvolvemento psicolóxico e a educación escolar, valorando a influencia que sobre a persoa teñen as prácticas educativas que acontecen na escola.
    3. Dispoñer dunha visión global, inspirada nos principios construtivistas, orientada a analizar, explicar e comprender os procesos de ensinanza/aprendizaxe.
    4. Coñecer (ou, no seu caso, afondar no coñecemento de) algunhas teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe para a análise e a comprensión da aprendizaxe escolar.
    5. Analizar as prácticas educativas que teñen lugar nas aulas á luz das concepcións e teorías instrucionais que se examinan.

    Finalidades formativas
    1. Axudar as alumnas e os alumnos a valorar de forma reflexiva e crítica as achegas da psicoloxía da instrución ás prácticas educativas escolares.
    2. Axudar as alumnas e os alumnos a apreciar o valor educativo da discusión e do traballo cooperativo como fórmulas apropiadas, tanto para a aprendizaxe escolar como para o funcionamento máis adecuado da organización escolar.
    3. Axudar as alumnas e os alumnos a adquirir hábitos de traballo en grupo cooperativo.
    4. Axudar as alumnas e os alumnos a desenvolver un enfoque profundo de aprendizaxe (interesado na construción de significados) e estratexias de aprendizaxe que os capaciten para a busca, selección, organización e comprensión de información relevante para o seu campo de estudo.
    5. Axudar as alumnas e os alumnos a adquirir hábitos de traballo autónomo, independente e autodirixido.

    (Ver programa completo en: http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/Psicoloxia_da_instruccion/PI_Programa.doc).

    Metodoloxía da ensinanza
    Obxectivo xeral:
    - Elaborar en equipo un informe-síntese sobre a totalidade dos contidos do curso.

    Sub-obxectivos:
    - Dominar os contidos do curso.
    - Aprender a traballar en equipo.
    - Dominar as técnicas precisas para a elaboración dun informe escrito.

    Estrutura organizativa:
    Grupo:
    Está constituído polos profesores e a totalidade dos alumnos matriculados no curso. Todo o grupo (todos os participantes) teñen responsabilidade sobre o proceso no seu conxunto, na súa globalidade: todos deben colaborar con todos co fin de elaborar os informes-síntese e preparar as demais actividades que se programen.

    Equipos de traballo:
    O grupo organizarase en equipos de traballo estables constituídos por 4/6 alumnos (recomendado). Cada equipo de traballo debe abordar, desde o inicio do curso, os traballos dirixidos á realización do seu informe-síntese.
    Cada Equipo de Traballo deberá nomear:
    - Un portavoz, que poderá cambiar sempre que así o decida o propio equipo de traballo. O portavoz de cada equipo de traballo será quen interveña en nome do grupo nas actividades que se programen.
    - Un secretario, que levará ao día o libro de actas do equipo de traballo.

    A materia articularase ao redor dos núcleos temáticos presentados anteriormente, sendo o seu contido de carácter obrigatorio. Sen prexuízo de que poidan poñerse en práctica en momentos puntuais estratexias metodolóxicas diferentes, a forma básica consistirá en desenvolver o traballo en forma de curso-seminario baixo a coordinación dos profesores encargados da materia.

    (Ver: http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/curso_seminario.doc).

    Para seguir esta dinámica é condición indispensable a asistencia habitual ás actividades programadas. A nosa experiencia indica que a asistencia irregular condiciona negativamente as posibilidades de aprendizaxe do grupo e dos membros que o forman. É necesario, por conseguinte, que cada alumno se comprometa ante o grupo a participar habitualmente nas actividades programadas. Este compromiso, libremente asumido, esixe de cada alumno o traballo individual e previo de lectura atenta e crítica do/s texto/s, realización de fichas (bibliográficas, conceptuais e resumo) que faciliten o traballo de síntese.

    (Ver programa completo en: http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/Psicoloxia_da_instruccion/PI_Programa.doc).

    Sistema de evaluación
    Prevense seis instrumentos de avaliación:
    • Os informes-síntese.
    • Documento sobre a participación individual ao traballo de grupo.
    • Ficheiro do Equipo.
    • Libro de Actas.
    • Observación continuada da actividade desenvolta polos equipos e polos alumnos.
    • Autoavaliación e avaliación por parte do Equipo de Traballo.

    A cualificación final será o resultado da media ponderada da avaliación dos documentos de síntese, da comprensión mostrada en relación co documento individual do traballo achegado ao grupo, das estratexias de aprendizaxe valoradas a través da confección do ficheiro, da valoración da información contida nos Libros de Actas, das observacións realizadas polos profesores, e a avaliación (se se fixera) realizada polo Equipo de Traballo sobre cada un dos seus compoñentes.

    (Ver programa completo en: http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/Psicoloxia_da_instruccion/PI_Programa.doc).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempos e espazos:
    O calendario para o Curso 2005-2006, especificando as sesións de traballo en Aula previstas para a materia, aparece recollido no Anexo IV.

    - Traballo individual: o imprescindible traballo individual de revisión de textos, de selección e organización da información, de elaboración de fichas, esquemas ou mapas de conceptos, de redacción, etc., debe ser realizado por cada alumno no tempo e lugar que considere oportuno e, en todo caso, previamente ás reunións dos Equipos de Traballo.
    - Traballo de grupo: as reunións dos Equipos de Traballo terán lugar nos tempos e espazos dispostos pola Facultade de Ciencias da Educación para esta materia: reunión semanal os mércores, de 18.30 h. a 21.30 h. na aula 3-4. Están previstas 13 sesións de traballo.

    Ver Plan de traballo e temporalización en: http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/Psicoloxia_da_instruccion/PI_Plan_de_traballo.doc

    Ver Calendario en: http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/Psicoloxia_da_instruccion/PI_calendario2004.doc

    Recomendacións para o estudo da materia
    Véxase o Programa completo (http://educa.usc.es/moodle/file.php/1/Programas/Psicoloxia_da_instruccion/PI_Programa.doc).