Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

571309 - Didáctica das Ciencias Físicas e Químicas (3º CURSO) - Curso 2013/2014

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
    • Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
    • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
    • Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    BRAVO TORIJA, BEATRIZ.SI
    CRUJEIRAS PÉREZ, BEATRIZ.NON

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo L01 (A-Fern)OrdinarioLaboratorioSINON
    Grupo L02 (Fero-Ma)OrdinarioLaboratorioSINON
    Grupo L03 (Me-Sam)OrdinarioLaboratorioSINON
    Grupo L04 (San-Z)OrdinarioLaboratorioSINON
    Grupo P01OrdinarioPrácticosSINON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Que o alumnado adquira un marco referencial teórico-prático que lle permita deseñar unidades de ensinanza-aprendizaxe axeitadas para o ensino das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria en Galicia que favorezan a aprendizaxe significativa.
    - Formular obxectivos relativos aos distintos tipos de contidos susceptibles de ser avaliados.
    - Aplicar diferentes criterios para a selección e ordenación de contidos.
    - Identificar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas.
    - Seleccionar e utilizar diferentes fenómenos, acontecementos ou obxectos do contorno como recurso e como motivación para o traballo na aula.
    - Formular problemas para traballar na clase relativos aos bloques de contido analizados.
    - Analizar materiais curriculares, textos e proxectos e realizar propostas de modificación para o seu uso na clase.
    - Deseñar actividades de aprendizaxe que teñan en conta os problemas que se presentan nas clases de ciencias en Educación Primaria, nas que se integren destrezas e técnicas relacionadas co traballo no laboratorio.

    Contidos
    Programa da parte teórica

    Tema 1. As Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria
    - A construción do coñecemento na Escola. Cara a unha cultura científica escolar
    - As Ciencias Físicas e Químicas como parte esencial da Educación Primaria

    Tema 2. As Ciencias Físicas e Químicas no Currículo Oficial da Comunidade Autónoma de Galicia para a Educación Primaria
    - Formulación de obxectivos
    - Criterios para a selección e ordenación de contidos: conceptos, procedementos e actitudes no ensino das Ciencias. Características do traballo científico e do traballo práctico nas clases de Ciencias
    - A globalización como metodoloxía recomendada para o ensino das Ciencias na Educación Primaria
    - Criterios de avaliación

    Tema 3. Análise didáctica dos bloques de contido relacionados coas Ciencias Físicas e Químicas para a Educación Primaria
    - Aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes e valores
    - Estratexias de intervención na aula
    - Análise e deseño de propostas didácticas
    - Avaliación
    - Bloques de contido: o medio físico. Os materiais e as súas propiedades. As máquinas e os aparellos. A Humanidade e a Enerxía. Os transportes e as comunicacións

    Tema 4. Recursos para o ensino das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria
    - Recursos documentais
    - Museos e industrias: uso didáctico
    - Recursos do medio natural e urbano
    - O traballo no laboratorio

    Programa da parte práctica

    1. Por que sabe salgada a auga do mar?
    2. Como é a instalación eléctrica do teu cuarto?
    3. Como se xera a corrente eléctrica?
    4. Por que teñen clorías os alimentos?
    5. Visita didáctica.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    - AA.VV., Competencia en el conocimiento e interacción con el mundo físico: la comprensión del entorno próximo, MEC-IFIIE (serie principios, DVD), Madrid, 2010.
    - AA.VV., El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria, MEC, Madrid, 2010.
    - AA.VV., Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. MEC, Madrid, 2004.
    - Bermejo, D., En las Fronteras de la Ciencia, Arthropos, Barcelona, 2008.
    - Charpak, G. Manos a la obra: Las Ciencias en la Escuela Primaria, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
    - Charpak, G. y Lena, P., Los Niños y la Ciencia: La aventura de la mano en la masa, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
    - Meinardi, E., Galli, L. G., Revel Chion, A. y Plaza, M. V. , Educar en Ciencias, Ed. Paidós, 2010.
    - Friedl, A. E., Enseñar Ciencias a los Niños, Gedisa, Barcelona, 2006.
    - Gega, P. C., La enseñanza de las ciencias físicas en la escuela primaria, Paidós, Barcelona, 1980.
    - Harlen, W., Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias, MEC-Morata, Madrid, 1999.
    - Langford, P., El desarrollo del pensamiento conceptual en la escuela primaria, Paidós, Barcelona, 1989.
    - Martín del Pozo, R., Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado, Diada, Sevilla, 2007.
    - Pujol, R. M., Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria, Síntesis, Madrid, 2003.
    - Tann, C., Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la Escuela Primaria, Morata, Madrid, 1990.
    Bibliografía complementaria:
    - Arends, R.I., Aprender a Enseñar, McGraw-Hill, México, 2007.
    - Carmen, L. del, El análisis y secuenciación de los contenidos educativos, ICE/Horsori, Barcelona, 1996.
    - Claxton, G., Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela, Visor, Madrid, 1994.
    - Chalmers, A. F., ¿Qué es esa cosa llamada Ciencia?: Una valoración de la Naturaleza y el Estatuto de la Ciencia y sus Métodos, Siglo XXI, Madrid, 2010.
    - Driver, R. et al., Ideas Científicas en la Infancia y en la Adolescencia, MEC, Madrid, 1989.
    - Garrido, J.M., Perales, F.J., Galdón, M., Ciencia para Educadores, Pearson/Prentice Hall, Madrid, 2007.
    - Giordan, A., La Enseñanza de las Ciencias, Siglo XXI, Madrid, 1982.
    - Jiménez Aleixandre, M. P. (coord.), Enseñar Ciencias, Graó, Barcelona, 2003.
    - Lahera, J. e Forteza, A., Ciencias Físicas en Primaria y Secundaria, CCS, Madrid, 2003.
    - Osborne, R. e Freyberg, P., El Aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de las ideas de los alumnos, Narcea, Madrid, 1995.
    - Pozo, J. I. e Gómez Crespo, M. A., Aprender y enseñar ciencia, Morata, Madrid, 1998.
    - Poole, L., La Ciencia Moderna. En las Fronteras de la Ciencia, MEC, Madrid, 1965.
    - Tejada, J., Chudnovsky, E. y Punset, E., El Templo de la Ciencia: Los Científicos y sus Creencias, Destino, Barcelona, 2008.
    Textos de Física y Química.
    Revistas: Adaxe, Alambique, Aula de Innovación Educativa, Boletín das Ciencias (ENCIGA), Cuadernos de Pedagogía, Enseñanza de las Ciencias. Revista Eureka sobre enseñanza y divulgación de las ciencias. Revista electrónica de enseñanza de las ciencias.


    Competencias
    Valorarase o nivel de competencia adquirido polo alumnado no relativo á súa formación como futuro mestre en Educación Primaria. Tomarase como referencia a capacidade para:

    - Formular obxectivos, relativos aos distintos tipos de contidos, susceptibles de ser avaliados;
    - Aplicar diferentes criterios para a selección e ordenación de contidos;
    - Identificar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas;
    - Seleccionar e utilizar diferentes fenómenos, acontecementos ou obxectos do contorno como recurso e como motivación para o traballo na aula;
    - Formular problemas para traballar na clase relativos aos bloques de contido analizados;
    - Analizar materiais curriculares, textos e proxectos e realizar propostas de modificación para o seu uso na clase;
    - Deseñar actividades de aprendizaxe que teñan en conta os problemas que se presentan nas clases de ciencias en Educación Primaria, nas que se integren as destrezas e técnicas relacionadas co traballo no laboratorio.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía utilizada nas clases teóricas:
    A explicación do profesor convírtese nun dos elementos que se integran no proceso de construción de coñecementos dos estudantes, adquirindo relevancia no traballo do alumnado. O profesor xoga o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interación e creación de significados, estratexias, destrezas e atitudes na aula.
    As actividades, deseñadas e proporcionadas polo profesor, reallizaranse en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara a comunicación co grupo de clase.
    Serán de varios tipos:
    - Análise das concepcións dos estudantes, sobre os problemas de ensinanza e aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
    - Actualización e análise dos contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociados ao coñecemento do medio natural obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
    - Análise de diferentes modelos didácticos, estratexias de intervención e avalición en ciencias, adecuados á Educación Primaria.
    - Análise de recursos e técnicas didácticas en ciencias, adecuadas á Educación Primaria.
    - Análise e deseño de propostas didácticas para a ensinanza das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.

    Metodoloxía utilizada nas clases prácticas de laboratorio:
    A metodoloxía utilizada nas actividades de laboratorio, que se realizarán en pequeno grupo, inclúe cuatro fases:
    1. Espertarase o interese e a curiosidade dos estudantes, axudándolles a facer explícito e a clarificar o que pensan, diante dunha situación problemática.
    2. Animaráselles a probar as súas ideas e a recoñecer o significado do que percibiron e de como o interpretaron. Informaráselles sobre as ideas clave e sobre os modelos da ciencia escolar, ensinándolles a utilizalos como fundamento das súas percecións e das súas explicacións.
    3. Realizarase a análise didáctica da actividade realizada: cales son as intencións educativas, as posibles dificultades de aprendizaxe, a análise dos contidos obxecto de aprendizaxe e a elaboración dos criterios de avaliación que se consideran máis adecuados. Preténdese que os estudantes integren os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e no laboratorio.
    4. Animaráselles a que reflexionen e busquen información, para relacionar o aprendido con outros feitos, situacións, acontecementos e experiencias adquiridas na vida cotiá.


    Sistema de evaluación
    a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula e informe escrito (pequeno grupo) no que se poña de manifesto a diferenza entre o aprendido e as ideas iniciais sobre a temática formulada na actividade.
    b. Asistencia e participación activa nas actividades de laboratorio e informe escrito (en pequeno grupo) de cada unha delas.
    c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica.

    Contribución de cada un dos apartados anteriores á cualificación final:
    - Apartado a: 15%
    - Apartado b: 25%
    - Apartado c: 60%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia ten unha carga docente de 3 créditos teóricos, 0,5 créditos de prácticas de encerado e 1 crédito de prácticas de laboratorio.
    Consideramos que, ademais, o alumnado debería dedicar 0,2 créditos semanais para a realización de actividades e tarefas propostas na clase.
    O tempo de estudos e de traballo persoal que debería dedicar un estudante para superar a materia é de 7,5 créditos (4,5 presenciais e 3 de traballo persoal).

    Recomendacións para o estudo da materia
    A metodoloxía utilizada está concibida para favorecer a integración investigación-ensino. Isto implica unha tarefa dificilmente asumible se non se realiza en equipo. O traballo na aula convírtese así nun proceso de indagación no que, xunto ao profesor, intervén o alumnado que ten presupostos propios sobre o saber, o ensino e a propia disciplina que estuda. Consecuentemente, substitúese un ensino esencialmente transmisivo por outro no que se pon en práctica o principio de actividade do alumnado, para dar maior relevancia ao seu traballo individual e colectivo. Xa que logo, recoméndase a asistencia á clase e a participación activa nas actividades e tarefas propostas.
    Como a análise da problemática do ensino-aprendizaxe versa sobre bloques de contido específicos -O Medio Físico. Os Materiais e as súas propiedades. As máquinas e os aparellos. A Humanidade e a Enerxía. Os transportes e as comunicacións- recoméndase, ademais, o repaso dos manuais correspondentes.

    Observacións
    O programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o segundo cuadrimestre.
    e-mail do profesor: josemanuel.dominguez@usc.es
    Teléfono do profesor: 12007