Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

981412 - Dificultades de Aprendizaxe Escolar (4º CURSO) - Curso 2012/2013

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
    • Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
    • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
    • Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    SUAREZ YAÑEZ, ANDRES JESUS.SI

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo P01OrdinarioPrácticosSINON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1) Adquirir, comprendéndoos e valorándoos criticamente, os coñecementos que se presentan nos bloques de contido deste programa.

    2) Integrar e aplicar eses coñecementos para elaborar programas de intervención adaptados á diversidade, avaliables e verosimilmente eficaces, destinados a escolares con D.A. específicas.

    Contidos
    DESCRITORES: Dificultades na aprendizaxe. Necesidades Educativas Especiais. NEE. Dificultades na lectura. Dificultades na escrita. Dificultades en matemáticas. DAM. Trastornos de Atención. Hiperactividade.TDAH. Intervención psicopedagóxica. Dislexia. Disortografía. Disgrafía. Discalculia. Programas de intervención


    1. ASPECTOS CONCEPTUAIS E CONTEXTUAIS

    A supercategoría Necesidades Educativas Especiais. Diferentes conceptualizacións de Dificultades de Aprendizaxe. O construto estadounidense de “Learning disabilities”. D.A. específicas. O contexto histórico de D.A. no sentido restrinxido. O abano da problemática formulada polos escolares con D.A. Institucións implicadas na intervención con escolares que presentan D.A. específicas

    2. PRINCIPAIS PERSPECTIVAS TEÓRICAS NO CAMPO DAS D.A.

    Biomédica e psicométrica. Condutual e modificación de conduta. Cognitiva e metacognitiva. Curricular. Dinámica e Humanística/Holística. Unha perspectiva integradora e multidisciplinar

    3. DIFICULTADES DE APRENDIZAXE NA LINGUAXE ORAL E ESCRITA

    3.1. A linguaxe verbal (oral e escrita) como ferramenta humana. Panorámica das principais dificultades na linguaxe e a comunicación.
    3.2. Características e etioloxía das principais dificultades de aprendizaxe en lectura e escritura (dislexia-disortografía, disgrafía). Intervención específica nestas dificultades

    4. DIFICULTADES DE APRENDIZAXE EN MATEMÁTICAS (D.A.M.)

    Características e etioloxía das principais dificultades de aprendizaxe en cálculo e outros contidos matemáticos da Educación Primaria. Intervención específica nestas dificultades

    5. DIFICULTADES CONDUCTUAIS E EMOCIONAIS

    Influencia dos problemas condutuais na aprendizaxe e das dificultades da aprendizaxe no eido condutual-emocional. Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). Intervención específica nas dificultades condutuais


    PRÁCTICAS

    1) Deseño de programas de intervención para escolares que teñan algunha das dificultades estudadas no programa teórico
    2) Estudo de materiais comerciais útiles á hora do deseño e implentación dos programas mencionados no punto anterior
    3) Planificación de sesións de traballo cos escolares no contexto dos programas deseñados

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA:
    Baroody, A.J. (1988) El pensamiento matemático de los niños. Un marco evolutivo para maestros de preescolar , ciclo inicial y educación especial. Madrid: MEC/Visor.
    Maruny , Ll., Ministral, M., Miralles, M. (1995) Escribir y Leer. Materiales curriculares para la enseñanza y el aprendizaje del lenguaje escrito, de tres a ocho años, I-II-III. Madrid: MEC/Edelvives.
    Orjales Villar (2000) Déficit de atención con hiperactividad. Manual para padres y educadores. Madrid: CEPE.
    Outón, P. (2004). Programas de intervención con disléxicos. Madrid: CEPE.
    Suárez, A. (1995) Dificultades en el Aprendizaje. Un modelo de diagnóstico e intervención. Madrid: Santillana.
    Suárez Yáñez, A. (2000) Iniciación escolar a la escritura y la lectura. Diseño de programas adaptados a la diversidad. Madrid: Pirámide.
    Suárez Yáñez, A. (2004) Dificultades en el aprendizaje. En C. Jiménez Fernández (coord..) Pedagogía diferencial. Diversidad y equidad. Madrid: Pearson/Prentice Hall, pp. 289-313.
    COMPLEMENTARIA:
    Aguilera, A. (2004) Introducción a las Dificultades del Aprendizaje. Madrid: McGraw-Hill.
    Alvarado Gordillo, M. (1988) La disgrafía escolar (Escala gráfica. Tratamientos correctivos). Alicante: Disgrafos.
    Blanco Guijarro, R. y otros (1992) Alumnos con necesidades educativas especiales y adaptaciones curriculares. Madrid: MEC/CNREE.
    Cidad Maestro, E. (1990) Modificación de conducta en el aula e integración escolar. Madrid: UNED
    Fernández Baroja, F., Llopis, A.M., Pablo, C. (1991) Matemáticas básicas: dificultades en el aprendizaje y recuperación. Madrid: Santillana/Aula XXI.
    Gallardo Ruíz, J.R., Gallego Ortega, J.L. (1995) Manual de logopedia escolar. Un enfoque práctico. Archidona (Málaga): Eds. Aljibe.
    Jiménez González, J. E. (1999) Psicología de las Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Síntesis.
    Journal of Learning Disabilities (Recibese na biblioteca da Facultade).
    Miranda Casas, A., Vidal-Abarca Gámez, E., Soriano Ferrer, M. (2000) Evaluación e Intervención Psicoeducativa en Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Pirámide.
    Pascual, P. (1987) La dislalia. Madrid: CEPE.
    Ortiz González, Mª R. (2004) Manual de Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Pirámide.
    Portellano Pérez, J.A. (1985) La disgrafía. Madrid: CEPE.
    Riviere, A. (1990) Problemas y dificultades en el aprendizaje de las matemáticas: Una perspectiva cognitiva. En A. Marchesi, C. Coll, J. Palacios, comps., Desarrollo psicológico y educación, III. Necesidades Educativas Especiales y Aprendizaje Escolar. Madrid: Alianza.
    Secadas, F., Rodríguez, Mª. T., Alfaro, I. (1994) Escribir es fácil, I-II. Madrid: TEA Ediciones.
    Spear-Swerling, L. & Sternberg, R. J. (1996) Off track. When the poor reader becomes “learning disabled”. Boulder, CO: Westview Press.
    Sternberg, R. J. & Spear-Swerling, L. (1999) Perspectives on Learning Disabilities. Biological, Cognitive and Contextual. Boulder, CO: Westview Press.
    Suárez Yáñez, A. (2011) Diagnóstico Pedagógico. Madrid: La Muralla.
    1UNO. Revista de Didáctica d
    Competencias
    A modo de ilustración, xa que se considera que son innumerables as competencias específicas que deben derivarse da consecución dos obxectivos da materia mencionados, que se conciben dun xeito comprensivo/profundo, onde non cabe unha nítida separación entre teoría e práctica:

    OBXECTIVO 1º:

    1) Expoñerlle con claridade a un grupo de profesores dun centro educativo un concepto actualizado de comprensión lectora.
    2) Argumentarlle aos pais dun alumno a necesidade de “perder” tempo nunha avaliación diagnóstica do seu fillo como paso previo para realizar unha intervención axeitada.

    OBXECTIVO 2º:

    1) Ante un escolar que ten dificultades na mecánica lectora e escritora, deseñar, implantar e avaliar o correspondente programa de intervención en colaboración coa profesora titora.
    2) Elaborar un folleto para profesores e pais sobre como utilizar técnicas sinxelas de modificación de conduta e cognitivas con nenos/as con dificultades de atención e/ou hiperactividade.

    Metodoloxía da ensinanza
    Exposicións do profesor, coa máxima participación aberta dos estudantes, utilización de recursos (documentos, vídeo, etc.) e procurando minimizar o tempo dedicado a tomar apuntamentos ao modo tradicional.

    Unirase a teoría coas implicacións prácticas. Temos a profunda convicción que un procesamento profundo da teoría inclúe as repercusións na súa práctica: apóianse reciprocamente teoría e práctica.


    SEN DOCENCIA A PARTIRES DO CURSO 2012-13 INCLUÍDO
    Sistema de evaluación
    Haberá unha soa proba escrita ao final do curso sobre cuestións estudadas. Constará de dúas partes:

    1) Unha proba de coñecementos, que pode consistir nunha proba obxectiva (puntuación máxima posible: 5 puntos; puntuación mínima para aprobar: 2 puntos).
    2) O deseño dalgún aspecto/momento dun programa de intervención para un caso concreto das dificultades estudadas (puntuación máxima posible: 5 puntos; puntuación mínima para aprobar: 2 puntos).

    Poderán facerse traballos voluntarios –supervisados desde a súa iniciación polo profesor da materia–, cunha puntuación máxima posible de 3 puntos.

    Constituirán criterios sobresaíntes de avaliación os seguintes: relevancia, coherencia, realismo e pragmatismo do discurso producido polo/a estudante. Tratarase de reducir ao mínimo a subxectividade das cualificacións. A reprodución memorística non se aceptará como evidencia da comprensión da materia.


    SISTEMA DE AVALIACIÓN DENDE O CURSO 2012-2013: EXAME
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo total do traballo do alumno/a nesta materia será de 153 horas, desagregadas así:

    Presenciais: as sinaladas no horario e calendario aprobados.
    Avaliación: tres horas.
    Traballo persoal do alumno: o resto, ata completar o total de 153 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia á clase. Recoméndase moito asistir á clase (non se procesa igual un texto escrito que un oral: compleméntanse), pero a asistencia non conta absolutamente nada na cualificación final. Non obstante, controlarase de vez en cando a asistencia: o profesor non se pode facer responsable da aprendizaxe dos/as que non asistan e non negociaran con el solucións alternativas, estas sempre por causas xustificadas.

    Traballos voluntarios. Ademais dos traballos extensos feitos ao longo do cuadrimestre, recoméndase a realización de traballos breves, de baixo risco (low-stakes writing assignments) –dunhas mil palabras– con todo tipo de reaccións (comentarios, críticas, implicacións, etc.) suscitadas polas exposicións na clase. As repeticións, resumos, etc. do dito na clase non son aceptables dentro desta categoría. Trátase de fomentar a implicación persoal nos contidos desenvolvidos, o seu procesamento profundo e a utilización da composición escrita na súa función epistémica.

    Sesións de estudo. Facer un calendario de estudo e comprobar diariamente se se cumpre. Antes de estudar cada tema, activar os coñecementos previos, escribíndoos. Reflexionar moito sobre o que se le. Comprobar se un pode dicir con voz propia o estudado (sen esperar a comprobalo o día do exame). Ir tomando nota de todas as dúbidas para preguntarllas ao profesor na titoría ou na clase.