Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081104 - Socioloxía da Educación (Socioloxía) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Socioloxía
  • Áreas: Socioloxía
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RADL PHILIPP, RITA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-La)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Le-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Francés
  • Italiano
  • Portugués
  • Inglés
  • Catalán


  • Obxectivos da materia
    A asignatura Socioloxía da Educación se inserta no módulo cuatrimestral "A realidade educativa, social e cultural" dirixido a sentar as bases do coñecemento da realidade social e cultural no que os/as futuros/as pedagogos/as haberán de desenvolver a súa actividade. Así, a asignatura contribúe ao dobre obxectivo xeral deste primeiro módulo do primeiro curso do Grado de Pedagoxía, isto é, ofrecer unha cultura básica e xeneral no ámbito das Ciencias Sociais e situar na perspectiva de cada realidade a acción profesional. De modo concreto, esta disciplina sociolóxica persegue os seguintes obxectivos específicos:

    -Lograr un nivel básico e preciso de coñecementos sociolóxicos -teóricos e metodológicos- xerais e de Socioloxía da Educación en particular.

    -Adquirir unha visión xeral das principais correntes e teorías, clásicas e recentes, no campo da Socioloxía da Educación.

    -Desenvolver unha conciencia sociolóxica sobre a importancia do proceso de socialización e educación, e dos axentes de socialización no ámbito de estruturas sociais.

    - Adquirir unha visión crítica e as actitudes necesarias para unha activa construción e reconstrución do saber desta disciplina científica.

    -Coñecer e valorar os distintos fenómenos sociais e, en concreto a dimensión social da educación.

    -Recoñecer os feitos relativos á desigualdade social e a educación.

    Contidos
    Descriptores: Conceptos básicos de Socioloxía e de Socioloxía da educación. Os autores clásicos da Socioloxía da educación. Teorías sociais principais: a súa incidencia na educación. Socialización, educación e estrutura social. A súa concreción en Galicia. Códigos lingüísticos, educación e reprodución - cambio social. Status e rol. Os roles sociais e de xénero en educación. A educación nos procesos de socialización, adaptación e desviación social.


    Os contidos se agrupan nos seguintes bloques temáticos:


    BLOQUE I: SOCIOLOXÍA E CONCEPTOS SOCIOLÓXICOS FUNDAMENTAIS
    1. A Socioloxía e o quefacer sociolóxico
    2.Orixe e evolución da Socioloxía
    3.Principais autores e escolas
    4.Conceptos sociolóxicos fundamentais
    5. Métodos e técnicas de investigación sociolóxica

    BLOQUE II: ESTATUTO EPISTEMOLÓXICO DA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN
    6. O concepto da Socioloxía da Educación
    7. O obxecto da Socioloxía da Educación
    8. Socioloxía da Educación e outras ciencias afíns
    9. Os niveles de análise da Socioloxía da Educación
    10. Métodos e Técnicas de investigación en Socioloxía da Educación

    BLOQUE III: HISTORIA DA DISCIPLINA. FUNDADORES E DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO
    11. Xénese e desenvolvemento da Socioloxía da Educación
    12. As teorías dos “clásicos” sobre a educación
    13. Principais teorías, escolas e correntes da Socioloxía da Educación
    14. A Socioloxía da Educación en España

    BLOQUE IV: SOCIALIZACIÓN, CULTURA E EDUCACIÓN
    15. Cultura e Educación
    16. O proceso de Socialización
    17. Estratificación, movilidade social e Educación
    18. Educación e control e desviación social
    19. Educación e reproducción/cambio social

    BLOQUE V: SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN E PERSPECTIVA DE XÉNERO
    20. Sexo, xénero e desigualdade
    21. Socialización e roles de xénero
    22. Problemáticas sobre xénero e educación; a mirada desde a perspectiva sociolóxica
    23. A Teoría feminista e os estudios sobre educación e xénero
    24. Investigacións empíricas

    Bibliografía básica e complementaria
    Alvarez Uría, F. (Ed.) (2006). Sociología y educación: textos e intervenciones de los sociólogos clásicos / por Karl Marx, Max Weber y Émile Durkheim. Madrid: Morata.
    Apple, M. W. (2000).Teoría crítica y educación. Madrid: Miño y Dávila Editores.
    Berger, P. L. y Luckmann, T. (1997). La construcción social de la realidad. Buenos Aires: Amorrortu. (Versión original 1966)
    Bernstein, B. (1990). Poder, educación y conciencia: sociología de la transmisión cultural. Barcelona: El Roure.
    Bonal i Sarró, X. (1998). Sociología de la educación: una aproximación crítica a las corrientes contemporáneas. Barcelona: Paidós.
    Bourdieu, P. y Passeron, J. C. (1977). La Reproducción. Barcelona: Laia.
    Durkheim, E. (1990). Educación y sociología. Barcelona: Península.
    Fernández Enguita, M. (1999). Sociología de la educación: lecturas básicas y textos de apoyo. Barcelona: Ariel.
    Fernández Palomares, F. (2003). Sociología de la Educación. Madrid: Pearson, Educación.
    Giddens, A. (1994). Sociología. Madrid: Alianza Editorial.
    Gil Villa, F. (1997). Teoría sociológica de la educación. Salamanca: Amarú Ediciones.
    Gómez Jaldón, C. y Domínguez, J. A. (2005). Sociología de la educación. Madrid: Pirámide.
    Hernández, F.J.; Beltrán, J. y Marrero, A. (2005).Teorías sobre sociedad y educación. Valencia: Tirant lo blanch.
    Llomovatte, S. y Kaplan, C. (Coords.) (2005). Desigualdad educativa: la naturaleza como pretexto. Buenos Aires: Novedades Educativas.
    Morrow, R.A. y Torres, C. A. (2002). Las Teorías de la reproducción social y cultural. Madrid: Editorial Popular.
    Pourtois, J.P. y Huguette, D. (2006). La educación implícita: socialización e individualización. Madrid: Popular.
    Radl Philipp, R. (Ed.) (2001). Cuestiones Actuales de la Sociología del Género. Madrid/Santiago de Compostela: CIS/ICE-Universidad de Santiago de Compostela.
    Subirats, M. y Brullet, C. (2007). De la escuela mixta a la coeducación: la educación de las niñas, el aprendizaje de la subordinación. En A. Vega (Coord.). Mujer y educación: una perspectiva de género (Pp. 137-148). Málaga, Ediciones Aljibe.
    Taberner Guasp, J. (2008). Sociología y educación: el sistema educativo en sociedades modernas: funciones, cambios y conflictos. Madrid: Tecnos.
    Vara Coomonte, A. (2000). Historia de la Sociología de la educación: los clásicos Marx, Durkheim y Weber. En P. Hermoso y J. Pont. Sociología de la educación. Valencia: Nau Llibres.

    Diccionarios

    Giner, S.; Lamo de Espinosa, E. y Torres, C. (Eds.) (2006). Diccionario de Sociología (2ª ed.). Madrid: Alianza Editorial.
    Uña Juárez, O.; Hernández Sánchez, A. y Prado Antúnez, J.M. (Eds.) (2004). Diccionario de Sociología. Madrid: ESIC Editorial.

    Revistas on-line
    RASE. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación http://www.ase.es/rase
    TEMPORA. Revista de Sociología de la Educación http://www.ull.es/publicaciones/tempora/
    British Journal of Sociology of Education http://www.tandf.co.uk/journals/carfax/
    Sociology of Education http://www.asanet.org/cs/journals/soe
    Social education http://www.accessmylibrary.com/coms2/browse_JJ_S194
    Juventa Verlag www.juventa.de
    RES. Revista española de sociología http://www.fes-web.org/publicaciones/res/
    REIS. Revista española de investigaciones sociológicas http://www.reis.cis.es/REIS/html/index.html


    Competencias
    Competencias e resultados de aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:

    - Adquirir a capacidade crítica e científica para poder analizar e comprender socioloxicamente a realidade social da educación.
    - Adquirir o coñecemento sociolóxico teórico-básico en torno aos procesos de socialización e educación no ámbito de estruturas sociais.
    - Comprender os mecanismos socio-educativos desde unha perspectiva teórico-epistemolóxico diferencial e específicamente desde unha perspectiva diferencial en función do xénero.

    Metodoloxía da ensinanza
    Proponse unha metodoloxía baseada nos principios de participación, actividade e aprendizaxe vivencial ou razoado, isto é, que fomente a participación do alumnado na construción do seu propio coñecemento achega dos temas propostos. Nas clases expositivas realizarase unha presentación e explicación dos temas aportando as aclaracións que se consideren convenientes ademais de orientar ao alumnado cara aos centros de interese que conveña profundizar desde o punto de vista documental, bibliográfico ou titorial. As prácticas de seminario desenvolveranse a partir de lecturas de textos e visionados de material audiovisual que complementen e amplíen as explicacións do profesor na clase e que o alumnado terá que traballar de cara á presentación e debate en seminarios, baixo a orientación e supervisión da profesora. Ademais, la/o alumno terá que realizar un traballo de curso titorizado.
    Sistema de evaluación
    A avaliación estará baseada nas cualificacións de probas parciais e finais, así como das contribucións escritas realizadas de modo previamente reglado, ou voluntario debidamente orientado. Valoración da participación nas sesións de clase e seminario. A proba final terá un valor do 50%.

    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.

    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.

    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O habitual para un traballo intelectual intensivo nun contexto académico para o cal a capacidade reflexiva e crítica é fundamental. Cada estudante debe decidilo de modo concreto e de forma responsable no seu caso, sempre tendo en conta de que se trata dunha materia que ocupa 6 créditos no curriculum académico. A asistencia e a participación activa nas clases son absolutamente imprescindibles para un bo aproveitamento académico da materia.


    Traballo persoal da/o estudante Horas
    Estudio 40
    Estudio e elaboración de informes 30
    Visualización de material e elaboración de informe 30

    Recomendacións para o estudo da materia
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, as/os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
    Observacións
    Enlaces de interés
    ASE. Asociación de Sociología de la Educación http://www.ase.es/
    XIII Conferencia de Sociología de la Educación http://eco.unex.es/sociologia/ase2008/
    CIS. C