381406 - Prácticum de Psicopedagoxía I (4º CURSO) - Curso 2012/2013
Información
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo P01 | Ordinario | Prácticos | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCon carácter orientador, os obxectivos do Prácticum poden estar referidos a:
1. Ampliar os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridas na Facultade, co fin de que os estudantes acaden mellores e máis axustados niveis de cualificación teórica, técnica e profesional;
2. Iniciar o coñecemento da realidade social e institucional que configura a súa profesión: persoas, servizos, programas, ámbitos de intervención, problemas, etc., de maneira directa e participativa;
3. Favorecer o coñecemento da organización e das relacións laborais dos colectivos que integran a súa familia profesional e facilitarlle ao estudante a transición desde a Universidade á vida activa.
ContidosO Prácticum constitúe unha experiencia formativa emerxente nas Universidades españolas. Concretamente, no Plan de Estudos de Psicopedagoxía da Universidade de Santiago descríbese o Prácticum como “conxunto integrado de prácticas que proporcionen experiencia directa sobre diversos aspectos da intervención psicopedagóxica”.
Este Prácticum pode definirse como “unha situación de aprendizaxe preprofesional que lles permite aos estudantes establecer un contacto directo cos diversos contextos e realidades laborais e profesionais adecuados ao perfil formativo e profesional da Titulación, coa finalidade de dispoñer de ocasións para coñecer eses contextos e realidades, o modo de traballar dos profesionais que actúan neles e desempeñar algunhas das tarefas propias do seu futuro ámbito profesional”.
Desde este punto de vista, proponse de forma xeral un conxunto de aspectos que cada Supervisor de Prácticum deberá concretar cos alumnos/as que estean ao seu cargo:
1.- Definición e contextualización da institución:
- Marco legal (regulamento interno)
- Contexto sociocultural
- Estrutura organizativa
- Deseño e desenvolvemento institucional
- Modelo de orientación e intervención psicopedagóxica
2.- Proxecto de acción educativa: análise dos documentos de centro
3.- Selección de actividades específicas para desenvolver:
a. Diagnóstico en Educación: técnicas e instrumentos
b. Diagnóstico referido ao currículo: técnicas e instrumentos
c. Diagnóstico nas necesidades educativas: técnicas e instrumentos
d. Titoría e orientación educativa e profesional
e. Medición Educativa e Avaliación de programas
Bibliografía básica e complementaria- AEOP, La orientación educativa y la intervención psicopedagógica integradas en el curriculum, Asociación Española de Orientación y Psicopedagogía, Valencia, 1997 (resulta interesante para a orientación da función titora nas Ensinanzas Básicas e Superior e para as saídas laborais).
- Decreto 120/1998 do 23 de Abril ( DOGa. 24/4/98)
- Orde de 6 de octubre de 1995 (DOGa. De 7-11-95)
- Orde do 1 de agosto de 1997 (DOGa. 2/9/97)
- Orde do 24 de Xullo de 1998. (DOGa. 31/7/98)
- Orde do 31 de Outubro de 1996 (DOGa. 19/12/96)
- Arco del, I., Hacia una escuela intercultural. El profesorado: formación y expectativas, SEPU, Lleida, SEPU, 1998.
- Bassedas, E. e outros, Intervención educativa y diagnóstico psicopedagógico, Paidós-Cuadernos de Pedagogía, Barcelona, 1991.
- Cabrerizo Diago, J., La atención a la diversidad y el consejo orientador en la reforma, SEPU de Alcalá, Madrid, 1998.
- Lowe, P., Apoyo educativo y tutoría, Narcea, Madrid, 1995.
- Martín, E. e Tirado, V., La orientación educativa y profesional en la educación secundaria, ICE- Horsori, Barcelona, 1997.
- Martín, E. e outros, La atención a la diversidad en la educación secundaria, ICE-Horsori, Barcelona, 1996.
- Monereo, C. e Solé, I., El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista, Alianza Editorial, Madrid, 1999.
- Mora, J. A., Acción tutorial y orientación educativa, Madrid, 1995.
- Neira, D., Experiencias didáctico-organizativas, Tórculo, Santiago de Compostela, 1998.
- Neira, D., Hacia un modelo de formación investigadora del tutor de prácticas III en Zabalza, M. A.(editor), Los tutores en el Prácticum, Diputación, Pontevedra, 1998.
- Neira, D., Innovación Globalización, Tórculo, Santiago de Compostela, 2004.
- Selvini, M. e outros, El mago sin magia, Paidós, Barcelona, 1987.
- Zabalza, M. A. (ed.), Los tutores en el Practicum, t. I e II, Diputación, Pontevedra, 1998.
Competencias1. Transferir os coñecementos, destrezas e habilidades adquiridas no desenvolvemento da programación da titulación de Psicopedagoxía para a análise das situacións educativas.
2. Capacidade de observar e valorar criticamente os plans e accións docentes nos centros nos que desenvolve o Prácticum.
3. Capacidade para realizar diagnósticos educativos coa pretensión de mellorar os procesos educativos.
4. Capacidade para organizar unha visión comprensiva sobre os problemas abordados durante o período de prácticas.
Metodoloxía da ensinanza A dinámica xeral de desenvolvemento do Prácticum é a seguinte:
1. Presentación xeral do programa ao grupo de 4º de Psicopedagoxía: onde se informa do propio contido do programa, pautas que se van seguir, etc. Esta terá lugar durante o primeiro cuadrimestre.
2. Recollida de información sobre as preferencias do alumnado a fin de poder facilitar que este realice as prácticas no tipo de institución e na localidade desexada. A recollida destes datos desenvolverase, previsiblemente, no primeiro cuadrimestre e de modo informatizado nas datas e horas sinaladas previamente e das que se informará o alumnado.
Revisión das solicitudes e contacto coas institucións por parte dos responsables do Prácticum (supervisor/a, coordinador/a e/ou vicedecano/a de Prácticum).
3. Asignación do alumnado ao profesor-supervisor/a.
4. Reunión inicial do grupo de alumnos co seu correspondente supervisor/a, ben en grupo ben individual, na que se fará entrega dos materiais necesarios para a realización do Prácticum e dos documentos que o/a alumno/a deberá entregar na institución (carta de presentación, ficha do estudante, informe do/a titor/a).
5. Contacto inicial do alumno na institución, tras o que concretará en acordo co titor e o supervisor o seu plan específico de Prácticum, conforme as actividades que se estean a desenvolver no centro.
6. Realización das prácticas na institución, por un tempo mínimo de 50 horas, que se desenvolverán preferiblemente no período que se estableza na organización xeral do Prácticum da Facultade de Ciencias da Educación durante o que non hai docencia en 4º curso de Psicopedagoxía (do 1 ao 12 de abril de 2013). A concreción das datas dependerá, en todo caso, das propias necesidades e preferencias da institución de acollida. Recoméndaselle ao alumnado que durante esta fase elabore un diario de prácticas que lle facilitará a redacción definitiva da memoria.
7. Seguimento, dirección e supervisión do plan personalizado de prácticas e orientacións para a elaboración da memoria por parte do supervisor/a no transcurso dun mínimo de 2 titorías obrigatorias.
8. Entrega da memoria e do informe do titor ao supervisor antes da data fixada, seguindo a estrutura e as pautas indicadas. A data límite de entrega é o 13 de maio de 2013.
9. Exposición provisional das cualificacións. Revisión e titorías. Exposición das cualificacións definitivas.
Sistema de evaluaciónA avaliación do Prácticum I de Psicopedagoxía realizarase atendendo aos seguintes criterios:
1. Seguimento do Prácticum por parte dos Supervisores/as. Durante o desenvolvemento do Prácticum, cada supervisor/a prestará especial atención á implicación no traballo programado por parte dos/as alumnos/as que ten ao seu cargo, coa finalidade de orientar, valorar ou analizar as diferentes opcións posibles na concreción final do Plan de Prácticum. Está previsto que este seguimento se faga no transcurso de reunións, ben co conxunto de estudantes que ten asignados ou ben individualmente.
2. Informe avaliativo do Titor/a. O Titor/a ha de emitir un informe sobre o traballo desenvolto polo estudante no que dará conta da asistencia, das tarefas realizadas, da implicación persoal, etc. Este informe é preceptivo para a cualificación final.
3. Memoria do Prácticum I. O estudante ten que elaborar unha memoria na que presente de forma organizada a experiencia desenvolta durante a realización das prácticas. A modo de guía, pode axustarse aos seguintes apartados: análise do contexto, descrición, análise e valoración das actividades realizadas, avaliación e reflexión crítica do proceso.
4. Cualificación final. Será o resultado do informe do Titor/a, da asistencia ás sesións de preparación e revisión, e a memoria elaborada. Se esta cualificación fose de suspenso, o supervisor/a (atendendo tamén ao informe do titor) determinará a necesidade de repetir parte ou todo o Prácticum, ou proceder á revisión da memoria para a convocatoria de xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalO peso relativo do Prácticum de Psicopedagoxía no primeiro curso, con respecto ao conxunto de créditos que cursarán os estudantes, é de seis créditos (unhas 150 horas, segundo o crédito europeo).
Horas presenciais:
a) Inicio do proceso: presentación do programa e da guía para a elaboración do informe;
b) Prácticas no centro: está previsto que se realicen no mes de abril, durante 50 horas de presenza no centro;
c) Seguimento do plan programado por parte dos supervisores/as: 20 horas.
Horas non presenciais:
A reflexión, análise, deseño e elaboración do informe: 90 horas.