Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

381411 - Política e Lexislación Educativa (4º CURSO) - Curso 2012/2013

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
    • Áreas: Teoría e Historia da Educación
    • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
    • Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    IGLESIAS DA CUNHA, MARIA LUCIA.SI

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo P01OrdinarioPrácticosSINON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxecto principal desta materia é o manexo dunha serie de nocións fundamentais sobre a política educativa e a lexislación educativa. Concretamente poderían sinalarse como obxectivos máis específicos os seguintes:


    * Adquirir e utilizar adecuadamente os conceptos e os termos que fan comprensibles a lexialación e as políticas educativas: Administración educativa, Cultura política, Dereitos e Liberdades, Planificación educativa.

    * Coñecer e saber interpretar as implicacións entre Política e Educación, analizando a lexislación educativa con atención aos diversos aspectos que a través dela se ordenan.

    * Potenciar a reflexión individual e colectiva ante modelos e iniciativas políticas e lexislativas relacionadas coa educación.


    Contidos
    Tema 1. Política educativa e sociedade.

    Política e política educativa. Socialización e cultura política en Educación. Educación, dereitos e liberdades. Participación social nas políticas educativas.


    Tema 2. Lexislación e ordenación do sistema educativo.

    Principios constitucionais do Sistema Educativo Español. Marco legal do Sistema Educativo Español (LOE). As políticas públicas en educación e a xestión pública da educación.


    Tema 3. Política educativa na estrutura administrativa do Estado.

    Descentralización e transferencia de competencias en políticas educativas. Políticas autonómicas e políticas locais en educación.


    Tema 4. Planificación estratéxica en educación.

    Retos para o futuro da educación: calidade do ensinno-aprendizaxe, fracaso escolar, absentismo escolar, asociacións de nais e pais, redes de ensino e de ensinantes, sociedade educadora.

    Bibliografía básica e complementaria
    Consejo Escolar del Estado (2010: Informe sobre el estado y situación del sistema educativo: curso 2008-2009 /
    Consejo Escolar del Estado. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia. Consejo Escolar del Estado.

    Domínguez, José; Feito Alonso, Rafael (2007): Finalidades de La educación en una sociedad democrática. Fundación de Investigaciones Educativas y Sindicales. Barcelona: Octaedro.

    Fernández, Juan Manuel (1999): Manual de política y legislación educativa. Madrid: Síntesis.

    Fieito Alonso, Rafael (2002): Una educación de calidad para todos. Reforma y contrarreforma educativas en la España actual. Madrid: Siglo XXI.

    Iyanga Pendi, Augusto (2006). Política Educativa. Naturaleza, historia, dimensiones y componentes actuales. Valencia: Nau Llibres.

    Ministerio de Educación. Ley Orgánica de Educación.
    http://www.educacion.es/educacion/sistema-educativo/politicas/desarrollo-loe.html

    OCDE (2009): Panorama de la Educación. Indicadores de la OCDE 2008. Informe Español. www.mepsyd.es/multimedia/00008952.pdf

    Planas, Jordi; Subirats, Joan; Riba, Clara; Bonal, Xavier (2004): La escuela y la nueva ordenación del territorio. Barcelona: Octaedro.

    Puelles Benítez, Manuel de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.

    Varela, Julia (2007): Las reformas educativas a debate (1982-2006). Madrid: Morata.







    Webgrafía:

    Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres: http://www.ceapa.es

    Confederación Galega de APAs de Centros Públicos: http://www.confapagalicia.es

    Consejo Escolar del Estado: http://www.mepsyd.es

    Revista de educación. Ministerio de Educación y Ciencia: http://www.revistaeducacion.mec.es

    Revista Galega de Educación: http://www.nova-escola-galega.org

    Revista IberoAmericana de Educación-Educaçao: http://www.rieoei.org/rie46a01.htm

    Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Portal educativo: http://www.edu.xunta.es/portal/

    Competencias
    O que se persegue nesta materia é que o alumnado saiba interpretar a realidade educativa nas súas dimensións fundamentais; que desenvolva o sentido crítico ao estudar a actividade política e outros procesos relacionados coa educación; que saiba reflexionar con criterios pedagóxicos sobre a lexislación educativa e sobre os modelos políticos que se trasladan á sociedade e ao seu sistema educativo.


    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento dos obxectivos e dos contidos propostos concretarase nalgunhas das seguintes actividades:


    * Realización de clases expositivas sobre os contidos da materia.

    * Realización de exercicios prácticos de debate e reflexión para os que se poderán utilizar dinámicas de grupo e simulacións.

    * Realización dun exame ou exercicios escritos que permitan contrastar as aprendizaxes dos contidos teóricos e prácticos da materia.

    Sistema de evaluación
    Como criterios de avaliación, tanto se deben ser aplicados a exercicios de clase, lecturas ou ao propio exame, podemos indicar os seguintes:

    * Profundidade e rigor nas exposicións orais e escritas, con indicación das fontes, así como de todos os elementos relacionados coa temática que se aborda.

    * Redacción sen faltas ortográficas ou abreviaturas propias dos novos sistemas de comunicación ou das anotacións persoais.

    * Claridade nos argumentos que demostren capacidade para presentar, desenvolver e concluír ideas.


    Todas as persoas matriculadas nesta materia rexeranse por este sistema de avaliación independentemente da convocatoria (ordinaria ou extraordinaria), da titulación de procedencia (Erasmus, Séneca) ou da modalidade dos créditos (troncais ou de libre configuración). Non obstante, o alumnado poderá aclarar as situacións especiais que lle afecten para, se é o caso, artellar un modo alternativo de desenvolver con normalidade a materia.


    Ponderación:

    • Contidos da materia Exame ou exercicios escritos …………………… 60%
    • Informe-debate sobre problemas de política educativa …………… 20%
    • Participación activa nas sesións de clase ……………………………………… 20%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    As sesións de clase presencial axústanse a tres horas de clase presenical á semana. Procurarase aproveitar estas sesións para propoñer actividades e dinámicas grupais que se resolvan no tempo asignado á materia.

    O tempo estimado para a realización de tarefas de documentación e estudo pode equivaler a tres horas semanais durante todo o cuatrimestre.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia regular e a participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programan, executando as tarefas recomendadas en cada caso, son obrigas do alumnado respecto da súa aprendizaxe e garanten a posibilidade da avaliación continua. Isto implica non só cooperar dentro da aula, senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as que se sustentará a actividade colectiva na clase.


    Observacións
    Na primeira sesión de clase farase a presentación da Guia Docente da materia onde se precisan máis detalles sobre o desenvolvemento da materia no tempo académico que lle corresponde.