Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091446 - Animación e Xestión Sociocultural (Políticas Sociais, Culturais e Educativas) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia Animación e Xestión Sociocultural intégrase no bloque formativo “Políticas sociais, culturais e educativas” do Grao en Educación Social, concretamente na mención Acción Cultural e Desenvolvemento Comunitario. O bloque formativo oriéntase á contextualización sociopolítica dos marcos de actuación das e dos Graduados e á súa capacitación para insertarse profesionalmente nos servizos educativos, culturais e de benestar promovendo e concretando procesos socioeducativos para o desenvolvemento persoal e grupal, a participación social, a solidariedade e, en definitiva, a emancipación. Esta orientación xeral concrétase para esta materia no logro dos seguintes obxectivos:

    1. Realizar unha lectura terminolóxica e conceptual da Animación Sociocultural (ASC) e a Xestión Cultural, os seus contidos fundamentais e os ámbitos temáticos conexos (políticas culturais, desenvolvemento comunitario...) desde a perspectiva socioeducativa da Educación Social.

    2. Aplicar, cunha perspectiva integrada, os coñecementos da materia e doutras previas, no estudio e diagnóstico sociocultural de diferentes contextos e realidades territoriais e humanas.

    3. Integrar as dimensións teórica e práctica da materia no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas e proxectos de ASC que contribúan á mellora e cambio social.

    4. Integrar as dimensións teórica e práctica da materia, na organización e xestión de iniciativas e servizos socioculturais sustentados na participación comunitaria.

    5. Familiarizarse con fontes de documentación e información relevantes para estes ámbitos de estudio, así como tomar contacto con experiencias concretas de ASC e de Xestión Cultural.

    6. Promover a reflexión crítica e construtiva nos planos persoal e colectivo, como base para unha participación activa e responsable no proceso formativo.

    Contidos
    Os contidos da materia distribúense en tres bloques temáticos que tratan de responder ao QUE, COMO e QUEN do traballo educativo nestes ámbitos de estudo.

    - Bloque I: Fundamentos, características e perspectiva histórica da Animación e da Xestión Sociocultural. Aborda as bases epistemolóxicas, definicións e conceptos básicos, así como a referencia histórica. Responde ao cuestionamento sobre o QUE.

    - Bloque II: A práctica da Animación e da Xestión Sociocultural. Incide nas bases metodolóxicas para a elaboración de programas e proxectos fundamentados na realidade social, achegándose ao COMO traballar desde os principios da Animación Sociocultural. Afonda nalgunhas estratexias e técnicas específicas na perspectiva social, cultural e educativa da Animación e da Xestión.

    - Bloque III: Os profesionais, destinatarios e ámbitos de intervención. Trata da formación, funcións, tarefas e competencias profesionais nos ámbitos da Animación e a Xestión Sociocultural, así como as características básicas dos destinatarios e comunidades onde se desenvolven estes procesos. Respondería ao QUEN.


    Os bloques sinalados concrétanse nos temas que atenden aos descritores temáticos da materia e se corresponden cos seguintes títulos:

    1.Marco teórico e conceptual da Animación e Xestión Sociocultural.

    2.A Axenda 21 da Cultura: un compromiso para o desenvolvemento cultural.

    3.Perspectivas, e procesos metodolóxicos na acción sociocultural.
    a.Deseño, desenvolvemento (organización e xestión) e avaliación de programas de
    Animación Sociocultural y de acción comunitaria.

    b.Estratexias e recursos educativos de acción sociocultural.

    4.Participación social e Animación Sociocultural.

    5.Destinatarios, problemáticas específicas e ámbitos da acción sociocultural.

    6.A/O animadora/or sociocultural: formación y profesionalización.

    Bibliografía básica e complementaria
    MONOGRAFÍAS
    Alonso, X. G. (2001) Educación comunitaria e animación rural. Santiago de Compostela: Ed. Danú.

    Ander-Egg, E. (2000) Metodología y práctica de la animación socio-cultural. Buenos Aires: Humanitas.

    Calvo, A. (2006) La Animación Sociocultural: una estrategia educativa para la participación. Madrid: Alianza.

    Casares, H. (coord.) (2010) O sistema produtivo da Cultura en Galicia, unha visión económica. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega

    Caride, J.A. (coord.) (2000) Educación social y políticas culturales. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
    - (2005) La animación sociocultural y el desarrollo comunitario como educación social. En Revista de Educación, 336, pp. 73-88.

    Cruz, L. (2007) Actas Interea-Foro 2007. A cultura e a educación diante dos novos desafíos da participación social. A Coruña: Deputación Provincial.

    Cid, X.M. e Peres, A. (eds.) (2007) Educación Social, Animación Sociocultural y Desarrollo Comunitario. Vigo: Univ. de Vigo/Univ. Trás-os-Montes e Alto Douro/SIPS.

    Colombo, A. e Roselló, D. (eds.) (2008) Gestión cultural: estudio de casos. Barcelona: Ariel.

    Consello da Cultura Galega (2008) Anuario de Estatísticas Culturais 2006. Santiago de Compostela: Consello da Cultura/Observatorio da Cultura Galega.

    Gillet, J.C. (2006) La animación en la comunidad. Un modelo de animación socioeducativa. Barcelona: Graó.

    Lage, X.; Trabada, X. e Fernández, M. (2011) A situación sociocultural dos concellos galegos de menos de 50000 habitantes. II Mapa Cultural de Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

    Lima, J.D. e Sousa, M. de (2011) As fronteiras da Animaçao Sociocultural. Chaves: Intervençao

    Marchioni, M. (2005) Comunidad y cambio social. Teoría y praxis de la acción comunitaria. Madrid: Popular.

    Palacios, J.L. (1999) Técnicas de investigación social para servicios socioculturales. Granada: Centro de Estudios Municipales y de Cooperación Internacional.

    Pérez, G. e Pérez, Mª V.(2005) El animador: buenas prácticas de acción sociocultural. Madrid: Narcea.

    Pose, H. (2006) La cultura en las ciudades. Un quehacer cívico-social. Barcelona: Graó.

    Roselló, D. (2004) Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel, Barcelona.

    Quintana, J.M. (coord., 1985) Fundamentos de Animación Sociocultural. Madrid: Narcea.
    - (1993) Los ámbitos profesionales de la Animación. Madrid: Narcea.

    Sarrate, M.L. (coord.) (2002) Programas de Animación Sociocultural. Madrid: UNED.

    Tono, J. (2007) Conceptos y experiencias de la gestión cultural. Madrid: Ministerio de Cultura.

    Trilla, J. (coord., 1997) Animación Sociocultural. Teorías, programas y ámbitos. Barcelona: Ariel.

    Ventosa, V. (coord.) (2006) Perspectivas actuales de la animación sociocultural: cultura, tiempo libre y participación social. Madrid: CCS.

    - (coord.)(2008) Los agentes de la animación sociocultural: el papel de las instituciones , de la Comunidad y de los profesionales. Madrid: CCS.

    Viché, M. (1999) Una pedagogía de la cultura: la animación sociocultural. Zaragoza: La Certeza.

    Vives, P.A. (2007) Glosario “crítico” de gestión cultural. Albolote/Comares: Junta de Andalucia.

    VV. AA. (2008): Educación Social y animación sociocultural. Revista de Educación Social (RES), 9 (monográfico) http://www.eduso.net/res/.

    Wainwright, H. (2005) Cómo ocupar el estado: experiencias de democracia participativa. Barcelona: Icaria

    REVISTAS
    - Documentación Social. Revista de Estudios Sociales y de Sociología Aplicada
    - Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa
    - Galeduso. Revista do Colexio de educadoras/es sociais de Galicia. (también en formato digital en http://www.colexioeducadores.com/galeduso.asp.)
    - Res.Revista de Educación Social (web da Asociación Estatal de Educación Social: www.eduso.net

    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA

    Coñecer as características fundamentais das contornas sociolaborais nos que se enmarcan as políticas culturais, a animación e xestión sociocultural nos planos local, autonómico, nacional e internacional.

    Organizar e xestionar proxectos e servizos culturais de animación, favorecendo estruturas e procesos de participación e acción cultural de natureza comunitaria.

    Diagnosticar contextos sociais e deseñar, implementar e avaliar programas e estratexias de Animación e xestión Sociocultural contextualizados (ámbitos e destinatarios: medios rurais, urbanos, infancia, mocidade, etc.).

    Comprometerse no ámbito específico da Animación e Xestión sociocultural e das Políticas Culturais, coa función profesional emancipadora que lle corresponde á Educación Social.

    Respectar e interesarse polas manifestacións culturais de toda índole como expresión da diversidade de interpretacións do sentir e vivir da humanidade, e sensibilizarse coa súa promoción, conservación e difusión.


    COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBUE A MATERIA

    4G Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.

    1.2E Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.

    1.3E Avaliar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, desde a infancia até a vellez.

    2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.

    2.2E Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS

    1T Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.

    2T Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.

    3T Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.

    4T Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.

    5T Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.

    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento da materia quere fundamentarse na transformación da aula universitaria nun espazo “para” e “de” animación sociocultural, onde se estimulen e animen procesos de implicación e participación activa do alumnado na construción do coñecemento, nunha dinámica de actuación colaborativa e compartida.

    Segundo este propósito, o proceso metodolóxico fundamentarase nos principios de contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe significativa, combinándose no seu desenvolvemento diversas propostas (estudo individual, exposicións de contido, investigación-acción, foros…) e dinámicas de agrupamento (individual, pequeno grupo e gran grupo). Con carácter xeral:

    - As sesións expositivas permitirán abordar os contidos básicos do temario, articulándose no seu desenvolvemento diversas técnicas de dinámica de grupos e medios audiovisuais que optimicen os procesos de implicación persoal e grupal, esencia da animación sociocultural.

    - O traballo individual e/ou en equipo de lectura, reflexión e discusión, a redacción de ensaios, elaboración de mapas conceptuais, prácticas avaliativas, consulta e análise de páxinas web ou doutros soportes mediáticos, son esenciais para incorporar e afianzar os coñecementos da materia.

    - As sesións tipo forum (vídeo, libro e disco) ou outras dinámicas similares organizadas e desenvolvidas por equipos de alumnas e alumnos, permitirán afondar en problemáticas específicas da Animación e Xestión sociocultural, servindo como pretexto para o adestramento e capacitación na xeración de procesos de participación comunitaria, así como no respecto e sensibilización con manifestacións culturais de diversa índole.

    - As visitas a institucións (concellos, centros socioculturais, iniciativas sociais de ámbito cultural…), a recepción na aula de profesionais e/ou responsables de iniciativas, son unha actividade esencial para o coñecemento de experiencias e o contraste reflexivo coa práctica real da acción e xestión sociocultural.

    - A realización dun traballo de curso en equipo de deseño dun programa de dinamización e xestión cultural territorializado, culmina o proceso de aprendizaxe que se fai visible na acción preprofesional das educadoras e educadores sociais no ámbito da Animación e Xestión sociocultural.

    Sistema de evaluación
    A avaliación fundaméntase nos principios de participación, autorresponsabilidade e aprendizaxe a nivel individual e grupal. Nesta liña, a tarefa avaliadora será integral, continua, colaborativa e formativa, en función das actividades de ensinanza e aprendizaxe propostas que atenden a dúas categorías: obrigatorias e opcionais.

    ACTIVIDADES OBRIGATORIAS

    a. Asistencia e implicación nas sesións de clases (expositivas, interactivas) e titoría. É requisito para a avaliación a asistencia ao 80% das sesións de clase.

    Participación nas sesións prácticas que se desenvolverán ao longo do cuadrimestre (visitas a institucións e/ou lugares de interese, sesións de tipo forum programadas, exposición dos PDC).
    b. Elaboración en grupo dun Plan de Dinamización Cultural (PDC) socio-territorialmente contextualizado na realidade galega (concello, barrio, institución…), atendendo á convocatoria simulada dun concurso público.

    c. Realización dun exame escrito, na data establecida na convocatoria oficial, que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia.
    Para superar a materia e ter en conta as valoracións das outras actividades obrigatorias e optativas, a cualificación mínima no exercicio escrito deberá ser de aprobado 5.

    ACTIVIDADES OPCIONAIS (d.)

    - Memoria auto-avaliativa. Traballo individual segundo as pautas de elaboración que figuran engadidas a este programa.

    - Programación e desenvolvemento en equipo de actividades tipo forum: libro-forum, disco-forum, foto-forum …

    - Participación na Comisión Avaliadora dos PDC.

    - Recensión de un dos libros destacados no apartado de bibliografía xeral.

    - Consulta e informe valorativo escrito (3-7 páxinas) dunha páxinas web.

    VALORACIÓN NUMÉRICA

    - Actividade a requisito para proceder á avaliación
    - Actividade b 35% cualificación
    - Actividade c 55% cualificación
    - Actividades d 10% cualificación

    Para proceder á avaliación da materia, será preciso ter realizadas e entregadas no prazo que se estableza todas as actividades de avaliación especificadas.

    Os traballos individuais ou grupais das/os estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.

    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.

    Os criterios de avaliación expostos son idénticos en calquera das convocatorias ordinarias e extraordinarias da materia.

    O alumnado oficialmente exento de docencia aterase ao establecido ao respecto na normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Ciencias da Educación.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES PRESENCIAIS

    Clases expositivas 24 horas
    Clases interactivas 24 horas
    Titorías 2 horas


    TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE

    Estudio e preparación de temas 60 horas
    Traballo de curso 25 horas
    Prácticas e informes 15 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para acadar o máximo aproveitamento da materia aconséllase realizar un traballo continuado procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas diversas actividades que se desenvolven, moitas delas orientadas á avaliación. Isto require ter en conta as seguintes recomendacións para o seu estudio:

    - A lectura detida, reflexiva e crítica do programa da materia.

    - Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades individuais e grupais asociadas á dinámica de clase, o que favorecerá unha vinculación continuada cos ritmos establecidos no transcurso da materia.

    - Planificar e organizar a axenda de traballo para compatibilizar os requirimentos desta materia cos das demais.

    - Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (revistas especializadas, manuais, léxicos...) recomendados, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Educación Social.

    - Facer uso das titorías -sexa a nivel individual ou en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe, ao posibilitar a personalización de opcións metodolóxicas e pedagóxicas segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.


    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE

    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia, aténdose as condicións aprobadas a tal efecto.

    RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.

    OUTRAS OBSERVACIÓNS

    Todas as alumnas e alumnos matriculadas nesta materia, ou pendentes de formalizar administrativamente esta condición, avaliaranse segundo os criterios e actividades sinaladas, debendo entregar a ficha correspondente ata o 28 de setembro de 2012. As persoas afectadas por algunha situación especial que dificulte o normal seguimento da materia, deberán acreditalo diante da profesora ata o 28 de setembro de 2012.