G3121104 - Teoría e Institucións Contemporáneas de Educación Infantil (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Comprender os procesos educativos da infancia, tanto dentro da familia como nas institucións escolares.
- Coñecer conceptos teóricos e históricos relevantes na práctica profesional da educación infantil.
- Diferenciar entre distintos modos, modelos e sistemas de educación referidos ás escolas infantís dende perspectivas históricas e comparadas.
- Percibir as diferenzas, semellanzas e cambios nas reformas da educación infantil, establecendo comparacións entre as distintas solucións establecidas.
- Desenvolver a capacidade de análise e síntese no coñecemento da educación infantil.
- Adquirir a capacidade de desenvolver o pensamento crítico.
- Amosar perspicacia para a comprensión e comentario de textos pedagóxicos, imaxes e material de ensino e xogo.
- Desenvolver habilidades de elaboración de traballos escritos conforme a criterios académicos.
- Posuír apertura cara ó coñecemento e espírito de tolerancia.
- Desenvolver as disposicións que habilitan para ser un bo profesional da educación, especialmente a capacidade de comunicación e relación coas persoas, sentido da responsabilidade e optimismo.
- Amosar espírito de iniciativa e pensamento autónomo que permita tomar decisións libres e sensatas como educadores.
Contidos1.- A educación como fenómeno humano. Teorías educativas e modos de educación. Os contextos educativos e as familias. As institucións educativas e os educadores persoais.
2.- Pensamento pedagóxico e educación de párvulos. De Comenio a Pestalozzi: sobre a necesidade dunha educación regulada dos nenos pequenos.
3.- O nacemento das escolas de párvulos en Europa. A escola de New Lanark e o movemento lancasteriano. Os primeiros parvularios en España: Pablo Montesino e a escola de Virio.
4.- O pensamento romántico e a educación da infancia. Análise do pensamento fröbeliano. Desenvolvemento do Kindergarten e difusión do fröbelianismo. Influxo de Fröbel en España. O desenvolvemento da educación infantil na segunda metade do século XIX.
5.- O parvulario montessoriano: análise dos fundamentos básicos. O parvulario decrolyniano. Outros modelos de parvulario na primeira mitade do século XX.
6.- As aportacións da escola de Xenebra. Claparède e Piaget. O método Audemars e Lafendel. O influxo das ideas piagetianas.
7.- Evolución da educación infantil en España durante o século XX. As leis educativas da democracia e a educación infantil
8.- A teoría constructivista na educación infantil. O coñecemento práctico no contexto dos parvularios. Análise do material escolar e do xogo infantil dende a perspectiva da aprendizaxe.
9.- Análise comparativo dos sistemas de educación infantil na Unión Europea. Modelos escolares e non escolares. A educación infantil noutros continentes.
10.- Tendencias actuais na educación de párvulos. O Instituto Picklet. As escolas infantís de Módena e Reggio Emilia. O modelo High/Scope. Preescolar na casa. A educación infantil no século XXI.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
- Abbagnano, N. e Visallberghi, A. (1988). Historia de la Pedagogía (reimp.). México: FCE.
- Borras, J.M. (1996). Historia de la infancia en la España contemporánea. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
- Delgado, B. (1998). Historia de la infancia. Barcelona: Ariel.
- González-Agápito, J. (2003). La educación infantil. Lecturas de un proceso histórico en Europa. Barcelona: Octaedro.
- Sanchidrián, C. y Ruiz Berrio, J. (Coords.) (2010). Historia y perspectiva actual de la educación infantil. Barcelona: Graó.
Bibliografía complementaria
- Ariès, Ph. e Duby, Gr. (Dirs.) (2000). Historia de la vida privada. (5 volúmenes). Madrid: Taurus.
- Bowen, J. (1992). Historia de la educación occidental. El occidente moderno: Europa y el nuevo mundo. S. XVII-XX. (T.III). Barcelona: Herder.
- Colmenar, C. (1991). Las escuelas de párvulos en España durante el siglo XIX: su desarrollo en la época de la Restauración. Historia de la Educación, 10, 89-105.
- Colmenar, C. (1995). Génesis de la educación infantil en la sociedad occidental. Revista Complutense de Educación, 6, 15-29.
- Del Pozo, M. (2004). Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación. Madrid: Biblioteca Nueva.
- Gardner, H., Feldman, D.H. e Krechevsky, M. (2001). El Proyecto Spectrum (3 volumes). Madrid: Morata.
- Hoyuelos, A. (2006). Estética en el pensamiento y obra de Loris Malaguzzi. Barcelona: Octaedro.
- Luzuriaga, L. (1994). Historia de la educación y de la pedagogía (reimp.). Buenos Aires: Losada.
- Michelet, A. (1977). Los útiles de la infancia. Barcelona: Herder.
- San Román, S. (1998). Las primeras maestras. Barcelona: Ariel.
- Taylor, A. (1986). Jardines de niños. Jardines de Dios: Kindergartens y guarderías en Alemania en el siglo XIX. Revista de Educación, 281, 125-154.
- Zabalza, M. (1996). Calidad en la educación infantil. Madrid: Narcea.
Máis información nos seguintes enlaces:
http://www.cnice.mecd.es/ “Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa”.
http://www.educacioninfantil.com/ Portal especializado con abundante información sobre esta etapa educativa.
http://www.aulainfantil.com/ Páxina especialmente pensada para padres e educadores.
http://www.waece.org/ Páxina da Asociación Mundial de Educadores Infantiles. Especialmente recomendable pola gran información que aporta, engadida unha bolsa de emprego.
http://www.preescolarnacasa.org/ Páxina de “Preescolar na casa”. Educación infantil familiar.
http://www.montessori-ami.org/ Páxina da “Association Montessori Internacionale”.
http://www.piaget.org/ Páxina da “Jean Piaget Society”.
http://www.unige.ch/piaget/ Arquivos de Jean Piaget na Universidade de Xenebra.
http://www.ship.edu/~cgboeree/piaget.html Biografía de Piaget en inglés que inclúe algúns dos seus experimentos máis coñecidos.
http://www.ibe.unesco.org/publications/ThinkersPdf/frobels.PDF Artigo de Helmut Heiland sobre a pedagoxía de Fröbel.
http://www.highscope.org/ Páxina da “High/Scope Educational Research Foundation”. É moi interesante. Convén utilizala , aínda que estea en inglés.
http://www.robert-owen.com/ Páxina con información sobre Robert Owen e New Lanark.
http://www.indexnet.santillana.es/rcs/_archivos/Infantil/Biblioteca/Cuadernos/constru2.pdf “El constructivismo en la educación infantil”. Artigo de Paqui Jiménez.
CompetenciasInclúense aquí competencias oficialmente establecidas no plano de estudo asignadas a esta materia:
Competencias Xerais.
G3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade ao respecto aos dereitos humanos.
G9 Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que perfeccionarse e adaptarse a os cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
En canto á competencia G3, o alumnado deberá amosar:
- Que sabe identificar un espazo de aprendizaxe de educación infantil e as súas consecuencias pedagóxicas.
- Que sabe diferenciar as características das aulas dunha escola infantil conforme ao modelo que responden, identificando imaxes visuais o recoñecendo os espazos directamente.
- Que coñece as diferenzas do material escolar da escola infantil, os seus usos e os seus fundamentos, e ten en conta as diferenzas e capacidades dos nenos e o uso versátil que se pode facer tanto co material manufacturado como co procedente de refugallo.
En canto á competencia G9:
- Que sabe describir e analizar distintos tipos de escola infantil mediante a análise de textos escritos.
- Que sabe comparar modelos de escolas infantís e deducir deles consecuencias pedagóxicas.
- Que sabe sintetizar e analizar criticamente o modelo de profesor implícito nos modelos escolares analizados.
Competencias básicas MECES (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior)
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas.
E.27. Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
E.28. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
E.29. Valorar a importancia do traballo en equipo.
E.30. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes
sociais.
E.31. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
E.32. Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
Competencias transversais.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza - Por parte do profesorado: Actividades presenciais.
• En gran grupo: Expositivas, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material e debates.
• En grupo de traballo: Actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas.
- Por parte do alumnado:
• Actividades de traballo autónomo: Asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): Estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar.
- Competencias relacionadas entre as actividades do profesorado e alumnado:
• En gran grupo: G.3, G.9. B.2, B.3. E.27, E.28, E.30, E.31, E.32. T.3, T4.
• En grupo de traballo: G.3. B.2, B.3. E.27, E.28, E.29, E.30. T3, T4.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: B.2, B.3. E.29, E.30, E.32. T.2, T.3, T4.
Nas clases teóricas a profesora presentará os contidos de cada tema que estarán apoiados polo material que ela lles facilitará, que é de lectura obrigatoria. O uso da bibliografía deberá adecuarse a cada tema específico e os aspectos máis relevantes que proporcionan serán indicados polo profesorado.
O traballo das sesións prácticas céntrase no desenvolvemento da capacidade de comentar imaxes, textos pedagóxicos, saber buscar e organizar fontes de información, analizar e avaliar material escolar, xoguetes e calquera outra actividade que se especifique puntualmente. Nos comentarios de texto se traballan máis especificamente as capacidades de análise, síntese e desenvolvemento do pensamento crítico.
Con carácter obrigatorio, os alumnos deberán presentar unha recensión que incida nas ideas básicas que se desenvolven no programa conforme ás indicacións que dea o profesorado. A elaboración do informe e a metodoloxía que debe ser empregada para facelo serán explicados nas clases. Teranse en conta neste proceso metodolóxico os principios de actividade, socialización e participación para que o alumnado acade as competencias. Este traballo será entregado ó profesor na penúltima semana de novembro como data límite.
Sistema de evaluaciónEstes estudos teñen carácter presencial. A asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e a participación activa dos alumnos nas mesmas é un elemento valioso para a cualificación. En todo caso é de aplicación a normativa sobre a asistencia as clases da USC do 25 de marzo de 2010 para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior que especifica que a asistencia a un mínimo do 80% das clases é obrigatoria. Os alumnos que obteñan a dispensa a asistencia ás clases teóricas teñen a obriga de entregar todos os traballos no prazo establecido.
Para superar a materia, ademais da cualificación do traballo, será necesario amosar capacidade no comentario de texto pedagóxico, así como saber responder ás cuestións básicas traballadas nas clases na proba específica. A cualificación final estará composta polos seguintes factores:
• Informes ou recensións individuais: 20%. As competencias que se avalían son: G3, E27, E31, E32, B2.
• Prácticas de seminario: 30%. As competencias que se avalían son: G3, E27, E28, E29, E 30, B2, T3.
• Proba específica: 50%. As competencias que se avalían son: E27, E31, E32, B3.
Para obter unha cualificación positiva será necesario entregar os traballos no prazo establecido. Os traballos, informes e comentarios de texto deberán ser orixinais e feitos especificamente para este materia, agás os traballos de carácter transversal ou interdisciplinario que se acorden entre as materias. A entrega dun traballo non orixinal suporá o suspenso automático. A nota dos traballos só será válida para o curso 2013-2014.
O alumnado con exención de docencia será avaliado de forma similar ao conxunto da aula, coa entrega no prazo estipulado das actividades programadas na materia.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais.
• En gran grupo: Expositivas, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material e debates. 24 horas.
• En grupo de traballo: Actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes. 24 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas. 3 horas.
• Actividades de traballo autónomo: Asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas. 35 horas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): Estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria. 45 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar. 19 horas.
Recomendacións para o estudo da materia No que respecta aos coñecementos previos, axuda a lectura de obras ou ensaios sobre a historia da infancia ou da familia, o coñecemento dos autores clásicos da educación infantil e a familiarización co material escolar das escolas infantís. Os alumnos e alumnas deben ter desenvolvida a capacidade de redacción e expresión escrita, saber usar os recursos da biblioteca e saber buscar información por medios telemáticos.
É unha materia que debe estudarse a cotío, especialmente a través do comentario de texto dos autores de referencia e das relacións e diferenzas entre as distintas propostas e solucións das teorías e prácticas pedagóxicas na educación infantil. Os estudantes deben aproveitar as titorías para resolver as súas dúbidas e afondar nas canles do estudo desenvolvidas.
Observacións Nas primeiras sesións de clase, tendo en conta o calendario de realización de traballos, estableceránse as datas para a entrega dos mesmos.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, ter en conta as seguintes indicacións, relacionadas coa responsabilidade medioambiental:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.