Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121106 - Psicoloxía do Desenvolvemento (3-6 anos) (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Ge)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Gi-Rey G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (Rey L-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    • Coñecer os cambios normativos que se producen no desenvolvemento bio-físico e psicomotor, cognitivo, lingüístico e socio-emocional dende os 3 aos 6 anos así como as relacións que establecen cos cambios que se produciron no período precedente (de 0 a 3 anos).
    • Apreciar a diversidade e as diferencias individuais no desenvolvemento normativo dos nenos e nenas e recoñecer os factores que as determinan.
    • Recoñecer os fitos do desenvolvemento neste período como obxectivos educativos da etapa escolar.
    • Coñecer o impacto das características do contorno no desenvolvemento psicolóxico e rendemento escolar.
    • Favorecer o desenvolvemento de habilidades para a planificación e execución de actividades que impulsen o desenvolemento e a aprendizaxe ao longo da nenez temperá.
    • Estimular a análise crítica do ceñecemento.
    • Adquirir habilidades de traballo grupal e en equipo.
    • Adquirir destrezas para a exposición oral e pública de información.
    • Fomentar o manexo das TICs.
    • Adquirir valores de respecto á diversidade no desenvolvemento.
    • Tomar conciencia da trascendencia que ten a acción docente sobre o desenvolvemento humano.


    Contidos
    Tema 1.O desenvolvemento na segunda infancia (3-6 años): Procesos, aspectos normativos, determinantes e avaliación.
    Tema 2. O desenvolvemento bio-físico e psicomotriz dos 3 aos 6 anos.
    Tema 3. O desenvolvemento intelectual e procesos cognitivos básicos dos 3 aos 6 anos.
    Tema 4. O desenvolvemento lingüístico-comunicativo dos 3 aos 6 anos.
    Tema 5. O desenvolvemento da personalidade dos 3 aos 6 anos.
    Tema 6. O desenvolvemento afectivo-emocional dos 3 aos 6 anos.
    Tema 7. O desenvolvemento social e moral dos 3 aos 6 anos.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía basica:
    Papalia, D.E., Feldman, R.D. e Martorell, G. (2012). Desarrollo humano. México: McGraw Hill.

    Bibliografía complementaria:
    Craig, G. J. (2000). Desarrollo psicológico (7ª ed.). México: Prentice Hall.
    Berger, K. S. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
    Bermejo, V. (1994). Desarrollo cognitivo. Madrid: Síntesis.
    Conde, J. L. e Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Málaga: Aljibe.
    Delval, J. (2004). El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI.
    Fernández, J. (1988). Nuevas perspectivas en el desarrollo del sexo y el género. Madrid: Pirámide.
    Karmiloff, K. e Karmiloff-Smith, A. (2005). Hacia el lenguaje: Del feto al adolescente. Madrid: Morata.
    López, F., Etxebarria, I., Fuentes, M. J. e Ortiz, M. J. (Coords.) (2005). Desarrollo afectivo y social. Madrid: Pirámide.
    Owens, R.E. (2003). Desarrollo del lenguaje. Madrid: Pearson-Prentice-Hall.
    Ortega, Mª J. (1992). La Escuela Infantil (3-6 años). Madrid: Editorial Escuela Española.
    Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación. Vol. 1 Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
    Rodrigo, M.J. y Palacios, J. (1998). Familia y desarrollo humano. Madrid: Alianza.
    Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. e Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Barcelona: Editorial Ariel.
    Shaffer, D. R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. México: Thomson.
    Vasta, R., Haith, M. M. e Miller, S. A. (2001). Psicología infantil. Barcelona: Ariel.
    Vila, I. (1998). Familia, escuela y comunidad. Barcelona: Horsori.
    Woolfolk, A. (1999). Psicología educativa. Mexico: Prentice Hall.

    Competencias
    Competencias xerais
    G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    G.4.- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
    G.8.- Coñecer fundamentos da atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construcción da personalidade na primeira infancia.
    G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa, e promovelo nos estudantes.
    Competencias específicas
    E.2. Coñecer os cambios psicolóxicos na infancia no período 3-6.
    E.3. Coñecer os fundamentos da atención temperá..
    E.4. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociales e afectivas.
    E.5. Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e límites, o xogo simbólico e heurístico.
    E.21. Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de trabajo na aula e no espacio de xogo, identificando as peculiaridades do período 3-6.

    Competencias básicas (Marco Español de Calificaciones para a Educación Superior, MECES)
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
    B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía.

    Competencias transversales
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T.4.- Competencia informacional.
    Metodoloxía da ensinanza
    A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo e aprendizaxes autónomas. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes temas e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
    Co traballo en seminarios preténdese profundizar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visionado de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados ó alumnado nas correspondentes sesións de clase. A plataforma Moodle será usada como ferramenta básica de comunicación e acceso a información e materiais.
    Nas sesions interactivas realizaránse diferentes actividades de caracter práctico que se especificarán na Guía docente. Os resultados do traballo, habitualmente realizado en grupo, deberán ser defendidos oralmente ante os compañeiros e posteriormente debatidos.
    Sistema de evaluación
    A calificación global do estudiante na asignatura procederá:
    -Un 50% da cualificación dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados na materia. É preceptivo ter aprobado este exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da asignatura.
    -O outro 50% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas (Seminarios). É preceptivo ter aprobados tódolos traballos realizados nas sesións interactivas para sumar a cualificación obtida na proba (exame).
    Os criterios de avaliación destas actividades de seminario poderan variar para cada unha delas. Entre os aspectos xerais que se considerarán están, ademais da propia calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices dadas, a competencia expositiva, a participación, a orixinalidade e as aportacións críticas.
    Os estudantes que non superen a proba (exame) pero teñan aprobadas as actividades realizadas na sesións interactivas poderán presentarse áo exame oficial de Xullo sen necesidade de facer traballos ou probas adicionais. Os estudiantes que non teñan superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas pero sí o exame, en Xullo poderán avaliarse únicamente daquelas actividades-procedementos non superadas.
    Para poder ser avaliado na asignatura, o estudante deberá ter participado, realizado e presentado, alo menos, un 80% das actividades requeridos nas sesións interactivas. A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións interactivas conlevará unha cualificación de NON PRESENTADO (Atención! “corre convocatoria”). Cando non se supere, xa sexa o exame xa sexan as actividades propostas nas sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será a de SUSPENSO.
    Os estudantes que non asistan ás sesións interactivas por riba dun 80% NON poderán aprobar a asignatura na convocatoria de Xuño. En sucesivas convocatorias poderán facelo realizando, ademáis dunha proba teórico-conceptual, outra de corte práctico-aplicado que avaliará as competencias procedimentais.
    Os estudantes que teñan solicitada e concedida a exención de docencia deberán presentar ao profesor a devandita certificación ao principio de curso e realizarán esta proba práctico-aplicada en tódalas convocatorias ás que concorran.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a ata a seguinte convocatoria na que se deberá avaliar de novo da actividade.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten arredor dun total de 50 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas en gran grupo, actividades en grupo mediano en seminarios, estudos de casos, resolución de supostos, planificación e posta en práctica de intervencións educativas, así como a realización dunha proba-exame.
    Estímase que o alumnado deberá adicar en torno a 90 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 40 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, búsqueda de información e análise de documentos; en torno a 60 dedicaraas a outras actividades de estudo, análise de materiais, preparación de presentacións orais, e resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.

    Recomendacións para o estudo da materia
    E importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito. Recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa dos contidos teóricos e prácticos da asignatura.
    Observacións
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da facultade, os alumnos poderán solicitar exención de docencia.
    Nestes casos, o alumnado debe pórse en contacto co profesorado ao INICIO de curso para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
    En relación aos traballos persoais ou de grupo e no caso de que sexa preceptivo presentar informes deberánse ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.