G3121107 - Psicoloxía da Educación (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaConceptuais (saber)
-Entender o obxecto e finalidades da educación
-Entender as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento
-Coñecer, comprender e analizar os procesos psicolóxicos implicados no proceso de ensino aprendizaxe.
-Coñecer as principias teorías sobre o proceso de ensino-aprendizaxe nos entornos educativos e os factores que os influen.
Procedimentais (saber facer):
-Manexar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía da educación.
-Utilizar o coñecemento propio da materia como instrumento para a elaboración de criterios de intervención docente.
-Familiarizarse con procedementos estimuladores da actividade docente, as técnicas motivacionais e as estratexias de aprendizaxe e de ensinar a pensar e estudar.
-Desenvolver habilidades de intervención no proceso de ensino aprendizaxe e adquirir un rigor metodolóxico e estratexias que lle permitan enfrontarse as problemáticas psicoeducativas.
Actitudinais (saber ser):
-Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa frente os problemas psicoeducativos
-Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na súa profesión.
-Adoptar unha disposición favorable cara o traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conducta profesional posterior.
ContidosBloque 1: Introducción a Psicoloxía da Educación.
1.Obxecto de estudo, contidos e a súa relación coa profesión docente.
Bloque 2: Aprender na escola infantil. Modelos e teorías da aprendizaxe
2. Modelos de aprendizaxe conductual e cognitivo social.
3. Teorías cognitivas da aprendizaxe
4. Teoría sociocultural.
Bloque 3: Variables e procesos intrapersoais implicados na aprendizaxe do alumno de Educación Infantil:
5. Variables cognitivas: intelixencia, aptitudes e estratexias; a creatividade e a educación.
6. Variables afectivas: motivación, autoconcepto e autoestima.
7. Interaccións entre procesos cognitivos e motivacionais: estilos de aprendizaxe
Bloque 4: Variables interpersoais:
8: As interaccións no proceso de ensino aprendizaxe.
Bibliografía básica e complementariaBASICA:
-Bueno, J.A. y Castanedo C. (coord.) (1998): Psicología de la Educación aplicada, Madrid: CCS
-González Pérez, J. y Criado del Pozo, M.J. (2009): Psicología de la Educación para una enseñanza práctica. CCS
-Sampascual, G. (2001). Psicología de la educación, Madrid: UNED
-Coll C., Palacios, J. y Marchesi, A. (comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación II. -Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza.
COMPLEMENTARIA
-Beltrán, J y Bueno, A. (eds.) (1995): Psicología de la Educación. Barcelona. Marcombo.
-Beltrán, J., García-Alcaniz, E., Moraleda, M., Calleja, F. y Santiuste, V. (1987). Psicología de la Educación. Madrid: EUDEMA
-Coll, C. (coord.) (1998): Psicología de la educación,Barcelona: Edhasa
-González González E. y Bueno Alvarez, J.A. (coords.) (2004): Psicología de la educación y el desarrollo en la edad escolar. CCS.
-González Pienda, J.; González Cabanach, R.; Núñez, J.C. y Valle, A. (coord.) (2002), Manual de Psicología de la Educación. Madrid: Pirámide
-Hernández, P. (1991). Psicología de la educación. México: Trillas
-Martín Bravo, C. (coord.) (1999): Psicología del desarrollo y de la educación en la edad escolar. Valladolid. Ambito.
-Mirás, F.; Salvador, M, y Álvarez, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario
-Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación. México: Trillas
-Sprinthall, N. A,; Sprinthall, R.C Oja, S.N.: (1996): Psicología de la Educación. Una aproximación desde el desarrollo. Madrid. McGrawHill.
-Trianes, M.V. y Gallardo, J.A. (2005). Psicología de la educación y del desarrollo en los contextos escolares. Madrid: Pirámide
-Valle, A. y González Cabanach. R. (1998). Psicología de la Educación I. Variables personales y aprendizaje escolar. A Coruña: Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña.
-Woolfolk, A. (2010). Psicología educativa, México: Pearson.
CompetenciasXerais:
-Promover e facilitar as aprendizaxes na 1º infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das distintas dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
-Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
-Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de acción que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercico da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose ós cambios científicos, pedagóxicos e sociais ó longo da vida.
-Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a función docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Específicas:
-Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período 0-6 no contexto familiar, social e escolar.
-Saber promover a adquisición de hábitos en col da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e límites, o xogo simbólico e heurístico.
-Coñecer a dimensión pedagóxica da intervención cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzó individual.
Básicas:
-Que os estudantes sepan aplicar coñecementos o seu traballo ou vocación de unha maneira profesional e posean as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e difusión de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
-Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
Transversais.
-Coñecemento instrumental de lingua galega
-Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicación
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía a empregar conxuga o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, potenciando o traballo autónomo do estudiante. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizajes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado no servicios de reprografía da facultade e/ou na aula virtual.
As actividades que se realizarán nos seminarios irán dirixidas a profundizar en conceptos e procedementos concretos introducidos teóricamente con anterioridade nas clases expositivas. Con elas preténdese que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes de información, realice traballos cooperativos, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados o alumnado nas correspondentes sesións de clase e na guía da materia.
As actividades a desenvolver nos grupos pequenos centraránse na resolución de problemas e dúbidas e no seguimento no proceso de elaboración de traballos.
Sistema de evaluaciónA avaliación do curso realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado seguinte:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (examen) sobre os contidos tratados na materia; é necesario superar esta proba.
-30% da cualificación procederá da valoracións de informes escritos, presentacións orais e doutras actividades realizadas nos seminarios en grupos cooperativos. Será preciso ter entregadas en prazo un mínimo dun 80% das tarefas solicitadas.
-10% da cualificación corresponderá a participación activa na dinámica da aula e as aportacións individuais de caráctere obrigatorio.
-10% da cualificación corresponderá a achegas libres dos estudantes, traballos voluntarios titorizados, informes de lectura de libros, asistencia a actividades prácticas; terán carácter optativo e voluntario.
A non realización do examen ou do 80% das actividades demandadas conlevará unha cualificación de Non Presentado; se únicamente se supera, ben o exame, ben a parte correspondente a interactividade, a cualificación será de Suspenso, co valor numérico mais próximo a 5 obtido nun ou outro apartado da avaliación. Os estudantes que non cumplan os requisitos de asistencia, aqueles coa materia pendente e os que presenten exención de docencia deberán realizar unha proba global que avaliará tanto os coñecementos teórico-conceptuais como práctico-aplicados; a cualificación máxima que se poderá obter nela será de Notable.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuidas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades grupais en seminarios, estudos de casos, guías e orientación de traballos e titorías, así como a realización dunha proba-examen de 2 horas.
Estímase que o alumnado deberá adicar unhas 99 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, búsqueda de información e análise de documentos; en torno a 45 adicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, búsqueda de información complementaria ou preparación de presentacións orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
Recomendacións para o estudo da materiaDado o carácter básico da asignatura e a súa ubicación no plano de estudios non se indican requisitos previos; será recomendable que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento e Dificultades de Aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; asímesmo recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma.
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.