G3121108 - Observación e Análise: Suxeitos e Procesos Educativos (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Identificar as principais aportacións da observación na etapa de Educación Infantil.
- Coñecer as funcións e fases a seguir no proceso de observación.
- Planear deseños de observación de suxeitos e procesos na Educación Infantil.
- Coñecer as características e aplicacións das principais técnicas e instrumentos de observación.
- Valorar e seleccionar instrumentos de observación axeitados aos nosos fins.
- Comprender as características que debe reunir a observación como técnica para a recollida de datos fiables e válidos.
- Asumir o compromiso de realizar unha observación sistemática.
- Construír un modelo de mestre comprometido coa investigación, capaz de promover procesos de innovación e mellora.
-Desenvolver capacidades de traballo cooperativo e de construción participativa de coñecemento.
Contidos1. A investigación como medio para comprender, mellorar e innovar a práctica docente. O mestre/a como investigador.
2. Concepto e natureza da observación. Observación e avaliación na Educación Infantil.
3. Tipos de observación.
4. Planificación da observación. Fases e decisións no proceso de observación.
5. Principais técnicas e instrumentos de observación en Educación Infantil.
6. Avaliación da calidade dos datos observacionais. Fiabilidade, precisión e validez na observación. Erros na observación e os seus tipos.
Bibliografía básica e complementariaAnguera, M.T. (coord.) (2000). Observación en la escuela: aplicaciones. Barcelona: Universitat de Barcelona.
Anguera, M.T.; Blanco, A. e Losada, J.L. (2001). Diseños Observacionales, cuestión clave en el proceso de la metodología observacional. Metodología de las ciencias del comportamiento, 3(2), pp. 135-160.
Bakerman R. e Gottman, J.M. (1989). Observación de la interacción: introducción al análisis secuencial. Madrid: Morata.
Banno, B. e De Stefano, A. (2003). De la observación científica a la observación pedagógica: los instrumentos para evaluar aprendizajes. Contexto Educativo, 28.
Bisquerra, R. (Coord.) (2004). Metodología de la Investigación Educativa. Madrid: La Muralla.
Coll, C. (Coord.) (1985). Métodos de observación y análisis de los procesos educativos. Barcelona: Publicaciones y ediciones de la Universidad de Barcelona.
Croll, P. (2000). La observación sistemática en el aula. Madrid: La Muralla.
García Hoz, V. e Pérez Juste, R. (1989). La investigación del profesor en el aula. Madrid: Escuela Española.
Gonzalez Tello, M. (1996). Observación y evaluación en el segundo ciclo de educación infantil. Registro muestrario de fichas. Madrid : Escuela Española.
Huber, G. e Gürter, L. (2004). Aquad 6. manual del programa de análisis de datos cualitativos. Tübigen: Ingeborg Huber Verlag
Irwin, M. e Bushnell, M. (1984). La observación del niño. Estrategias para su estudio. Madrid: Narcea.
Lara Guijarro, E. e Ballesteros Velázquez, B. (2001). Métodos de investigación en educación social. Madrid: UNED.
Martínez Coves, P. e outros (1999). Guías de observación del juego y dibujo. Valencia: Generalitat Valenciana. Colección: Suport escolar.
Medinnus, G. R. (1979). Estudio y observación del niño. México: Limusa.
Morales, P. (1988). Medición de actitudes en psicología y educación. Construcción de escalas y problemas metodológicos. San Sebastian: Ttarttalo.
Pérez Sánchez, M. (1991). Observación de bebés: relaciones emocionales en el primer año de vida. Barcelona : Ediciones Paidós Ibérica, S.A. Colección: Paidós educador, 3.
Sandín Esteban, M.P. (2003). Investigación cualitativa en educación. Fundamentos y tradiciones. Madrid: McGraw Hill.
Tójar Hurtado, J.C. (1993). Concordancia en los registros de observación: Calidad de la investigación educativa en metodología observacional. Barcelona : PPU.
Tough, J. (1987). El lenguaje oral en la escuela : Una guia de observación y actuación para el maestro. Madrid : Visor
Visauta, B. (1989). Técnicas de investigación social I: Recogida de datos. Barcelona: PPU
Wittrock, M. C. (1989). La investigación de la enseñanza. Vol.2: Métodos cualitativos y de observación. Barcelona : Paidós Ibérica S.A.
Zimmermann, D. (1992). Observación y comunicación no verbal en la escuela infantil. Madrid: MEC.
CompetenciasCompetencias Xerais
- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Competencias Específicas para o Módulo de formación básica
- Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuir á innovación e á mellora en educación infantil.
- Dominar as técnicas de observación e rexistro.
- Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
- Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
Competencias Básicas
- Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Transversais
- Acadar un coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza A materia será traballada, nas clases expositivas de gran grupo, fundamentalmente de forma explicativa por parte da profesora. En algunhas destas sesións poderase incluir exercicios escritos que impliquen unha reflexión sobre o contido teórico que se está a traballar. Estas clases desenvolven os aspectos fundamentais da materia e o seu obxectivo é servir de base para a organización do coñecemento do alumno/a e fundamentar o traballo práctico que se levará a cabo na materia.
Nas clases interactivas levaranse a cabo actividades diversas para abordar a resolución de problemas e casos prácticos formulados. En todo caso, o traballo terá como soporte a actividade en pequeno grupo (4 ou 5 alumnos/as) e, fundamentalmente, vanse seguir técnicas de aprendizaxe cooperativa.
Sistema de evaluaciónA avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua ó longo do cuadrimestre. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes aspectos:
A). Participación activa nas distintas actividades de aula (10%).
B). Realización e presentación dos traballos solicitados polas profesoras (40%).
Para superar a materia será preciso ter entregadas, en prazo, un mímimo do 80% das tarefas solicitadas.
C). Proba individual escrita (exame) na que se valorarán os contidos tratados na materia (50%).
Esta proba constará de dúas partes e, para superar a materia, será preciso que a suma das dúas partes sexa, cando menos, de 2.5 puntos. Non se fará media cando unha delas sexa inferior a 1 punto.
Os estudantes que teñan concedida a exención de docencia deberán poñerse en contacto coas profesoras para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver ao longo do cuadrimestre.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoal Activid. presenciais//Act. autónomas
Clase expositiva 24h. // 35h.
Clase interáctiva 24h. // 45h.
Pequeno grupo 3h. // 19h.
Tempos parciais 51h // 99h.
Tempo total: 150h.
Recomendacións para o estudo da materiaOs contidos desta materia están estructurados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitirálle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo acadar os obxectivos e as competencias da materia.
ObservaciónsA USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase (expositivas e interactivas) é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.