Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121109 - Infancia, Saúde e Alimentación (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Aguiar Gonzalez-Redondo, Maria Remedios.SI
FERNANDEZ GONZALEZ, CARLOS.NON
TARACIDO TRUNK, MARGARITA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Martínez A)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Martínez B-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Ge)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Gi-Rey G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (Rey L-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Comprender o concepto de saúde, coñecer os seus determinantes e valorar as súas repercusións sobre a saúde humana.
    2. Coñecer os principais factores de risco que afectan á saúde e saber evitalos e coñecer as medidas máis adecuadas para a promoción da saúde no ámbito escolar mediante a educación para a saúde3. Valorar o papel da educación para a saúde na escola e a súa repercusión na promoción de estilos de vida saudables.
    3. Coñecer e valorar materiais de educación para a saúde en escolares relacionados cos estilos de vida (nutrición, actividade e descanso, medio ambiente, hixiene..)
    4. Coñecer e valorar problemas de identidade sexual entre os nenos, e o modo de instaurar actitudes preventivas, e a instauración de actitudes positivas para a saúde cara a futuras situacións de consumo de tabaco, alcohol e outras drogas.
    5. Valorar a instauración de medidas preventivas fronte aos accidentes, e valorar medidas de detección e actuación ante situacións de maltrato infantil e, máis específicamente, de acoso escolar.

    Contidos
    PROGRAMA DAS CLASES EXPOSITIVAS : Temas por bloques de materias.

    Bloque I: CONCEPTOS
    1. A saúde e os seus determinantes.

    Bloque II: A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
    2. Promoción e Educación para a saúde
    3. Alimentación e nutrición y saúde
    4. Limpeza e hixiene persoal
    5. Crecemento e desenvolvemento. Actividade e descanso

    Bloque III: OUTROS HÁBITOS E ESTILOS DE VIDA SAUDÁBEIS NA INFANCIA
    6. Adquisición de outros hábitos de vida saudábeis e prevención de drogadiccións.
    7. Seguridade infantil: Seguridade física e psíquica

    Bloque IV: PROBLEMAS DE SAÚDE NA ESCOLA
    8. Principais problemas de saúde físicos na idade infantil
    9. Principais problemas de saúde psíquicos na idade infantil

    PROGRAMA DAS CLASES INTERACTIVAS

    1. Concepto de saúde. Determinantes da saúde
    2. Problemas de saúde na infancia e determinante da saúde implicado en cada problema. Niveis de prevención
    3. Educación para a saúde
    4. Modificacións de condutas
    5. Composición dos alimentos. Función dos alimentos. As necesidades enerxéticas e o modo de cubrilas. Valoración da dieta consumida o día anterior coa axuda de táboas de composición dos alimentos. Confección dunha dieta equilibrada
    6. Análise da publicidade sobre produtos alimenticios
    7. Hixiene, estrutura e función da pel
    8. O núcleo escolar. Condicións da clase.
    9. O espertar da sexualidade
    10. Prevención da drogadicción
    11. O acoso escolar
    12. Saúde mental

    Bibliografía básica e complementaria
    Tema 1. A saúde e os seus determinantes:
    Básica:
    • Apuntes, artigos e presentacións audiovisuais.
    • Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 11ª ed. Barcelona: Masson; 2008.
    • Martínez Navarro F, Antó JM, Castellanos PL, Gili M, Marset P, Navarro V, edi-tores. Salud Pública. Madrid: McGraw-Hill; 1998.
    Complementaria:
    • Salleras L. (1985). Educación Sanitaria. Principios, métodos, aplicaciones. Madrid: Ediciones Díaz de Santos S.A.

    Tema 2. Promoción da saúde. Educación para a saúde.
    Básica:
    • Apuntes, artigos e presentacións audiovisuais.
    • Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 11ª ed. Barcelona: Masson; 2008.
    • Martínez Navarro F, Antó JM, Castellanos PL, Gili M, Marset P, Navarro V, edi-tores. Salud Pública. Madrid: McGraw-Hill; 1998.
    Complementaria:
    • Salleras L. (1985). Educación Sanitaria. Principios, métodos, aplicaciones. Madrid: Ediciones Díaz de Santos S.A.

    Tema 3. Alimentación e nutrición.
    Básica:
    • Apuntes, artigos e presentacións audiovisuais.
    • Aranceta Bartrina, J. et al. (2007). Alimentación saludable. Guía para el profesorado. Madrid: Colaboración entre el Ministerio de Educación y Ciencia (CIDE) y el Ministerio de Sanidad y Consumo.
    • López Nomdedeu, C. (2005). La alimentación de tus niños. Nutrición saludable de la infancia a la adolescencia. Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN). Madrid: Ministerio de Sanidad y Consumo.
    • Ortega A, Puig M. Alimentación y Nutrición Familiar. Editorial Altamar. 2007.
    Complementaria:
    • Grande Covián F. Nutrición y Salud. (1988. 8ª ed.).
    • Mataix Verdú J., Carazo Marín E. Nutrición para educadores. (1995). Editorial Díaz de Santos.
    • Pamplona Roger J.D. Salud por los alimentos. (2003). Editorial Safeliz.
    • http://www.naos.aesan.msps.es/csym/piramide

    Tema 4: Limpeza e hixiene persoal.
    Básica:
    • Apuntes, artigos e presentacións audiovisuais.
    • Diéguez Valencia, E., Pascual, Fco. J., Lozano Molina, M., Escalera, C.; Lozano Navarrete, M.; Sanjuan, P., Garcia Sádaba, I., Cebrian, T.; Bello, F.; Ayuso, C., Gálvez, J., de la Guerra, S., López Pérez, P., Varón, T., Barrero, M.L.; Fernández-Regatillo, L.M., Moreno, A. (2ª Ed.: 2002). Educación Dental Infantil. Guía para Profesionales de Educación y de Salud. Sevilla: Consejería de Salud. Junta de Andalucía.
    • Salvador, T., Suelves, JM. (2009). Ganar salud en la escuela. Guía para conseguirlo. Madrid: Ministerio de Educación y Ministerio de Sanidad y Política Social.

    Tema 5. Crecemento e desenvolvemento. Actividade e descanso.
    Básica:
    • Apuntes, artigos e presentacións audiovisuais.
    • Aznar Laín, S. y Webster, T. (2006). Actividad física y salud en la infancia y la adolescencia. Guía para todas las personas que participan en su educación. Madrid: Colaboración del Ministerio de Educación y Ciencia (CIDE) y Ministerio de Sanidad y Consumo.
    • Gil Verona JA. Problemas médicos en la escuela y su entorno. Eitorial Panamericana. 1999 2ª ed.

    Tema 6. Adquisición de outros hábitos de vida saudábeis.
    Básica:
    • Apuntes, artigos e presentacións audiovisuais.
    • Ferreiro, L., Díaz Anca, Ch., Docampo, G., Louzao, MJ. (2008). Coeducación afectivo-emocional e sexual. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Servizo Galego de Igualdade.
    • Hernández Morales, G., Jaramillo C. (2003). La educación sexual de la primera infancia. Guía para madres, padres y profesorado de Educación Infantil. Madrid: Secretaría Gral. de Educación y Formación Profesional. Ministerio de Educaci
    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    G.8.- Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá.
    G.9.- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente tense que ir perfeccionando e adaptando aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
    G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    E.15. Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
    E.16. Identificar trastornos no sono, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual.
    E.17. Colaborar cos profesionais especializados para solucionar os devanditos trastornos.
    E.18. Detectar carencias afectivas, alimenticias e de benestar que perturben o desenvolvemento físico e psíquico adecuado dos estudantes.

    COMPETENCIAS BÁSICAS MECES
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Desde o punto de vista cognitivo, a ensinanza encamiñarémola máis á educación conceptual que á transmisión pura e simple de información, xa que gran parte desta será posiblemente obsoleta antes de que o estudante teña a oportunidade de aplicala. Procuraremos a formación de conceptos, non a súa simple aprendizaxe de memoria, senón a interiorización da función conceptual, que capacite o alumno para comprender a nosa ensinanza e, cando se lle presente a oportunidade, modificar os modelos que xa non se axusten ben aos novos descubrimentos.
    Trataremos de capacitar os alumnos para que sexan capaces de proseguir despois, individualmente ou en equipo, a súa formación permanente e capacidade creativa. Máis que encher trataremos de formar cabezas; producir persoas educables que poidan aprender e adaptarse eficientemente.
    Clases expositivas: 1,5 horas á semana
    Clases Interactivas: 1,5 horas á semana

    Sistema de evaluación
    Para acadar a suficiencia na primeira convocatoria, primeira opción, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das clases interactivas. A acreditación da causa legal de falta de asistencia deberá realizarse ao docente no prazo máximo de dez días desde que terminou a causa que lle impediu asistir.
    Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial da docencia.

    Avaliación de toda a materia: Realizarase mediante unha proba final escrita de resposta curta, test. etc. A porcentaxe desta proba na cualificación final e de un 70%
    Avaliación continua: controles tipo test e outros materiais producidos nas clases interactivas. A avaliación continua poderá incluír algún sistema de coavaliación do propio alumnado. A a porcentaxe na cualificación será dun 30%


    Notas sobre a avaliación:

    Para acadar a suficiencia na primeira opción da primeira convocatoria:
    1. A asistencia ás clases interactivas e eobrigatoria é esíxese un 80% da asistencia para poder realizar avaliación de toda a materia.
    2. É necesario que a cualificación obtida na proba final escrita supere o 45% (3,2) dos 7 puntos de máximo correspondentes a esta proba, para avaliar as clases interactivas.
    3. A avaliación de toda a materia debe prepararse coa bibliografía aportada no programa da materia e non únicamente co material das presentacións audiovisuais das clases expositivas.
    4. Será avaliada cada una das actividades das clases interactivas.
    5. Para superar a materia o alumno deberá obter una puntuación mínima de 5 puntos.

    Na avaliación de xullo:
    1. Para os alumnos que asistiron a clases interactivas, manterase o sistema de evaluación da primeira convocatoria e o peso de cada parte, debendo obter unha puntuación mínima de 5 puntos
    2. Para os alumnos que non asistiron a clases interactivas deberán obter na avaliación una puntuación de 5 sobre 7 puntos.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Materia de 6 créditos ECTS.

    Horas presenciais:

    Clases expositivas:24
    Clases interactivas:24
    Titorías:3
    Total:51

    Horas de traballo autónomo:

    Clases expositivas:35
    Clases interactivas:45
    Titorías:19
    Total:99

    TOTAL:
    Clases expositivas:59
    Clases interactivas:69
    Titorías:22
    Total:150

    Recomendacións para o estudo da materia
    A preparación da materia poderá facerse sobre a base dos guións, que o alumno recolla durante as actividades expositivas na aula, e sobre a base dos diversos materiais e documentos, que o profesor fará chegar ao alumno, para as clases expositivas e interactivas.
    Recoméndase ler os temas antes das clases e participar activamente nelas preguntando todas as dúbidas.
    A bibliografía recomendada, é primordial e, serve tamén para aclarar as dúbidas que poidan presentarse aos estudantes nos temas.