Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121110 - Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos do Desenvolvemento (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RESCHES ZLOTNIK, MARIELA.SI
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Martínez A)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Martínez B-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Ge)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Gi-Rey G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (Rey L-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia

    - Identificar as principais características das dificultades de aprendizaxe e dos distintos trastornos do desenvolvemento, así como as variables individuais e contextuais asociadas a súas diversas manifestacións.

    - Coñecer e valorar criticamente os distintos modelos de avaliación e identificación temperá, tanto no ámbito das dificultades da aprendizaxe como nos trastornos do desenvolvemento.

    - Coñecer e valorar criticamente os distintos procedementos de intervención educativa nas dificultades da aprendizaxe e nos trastornos do desenvolvemento.

    Contidos
    Tema 1. Marco Teórico-Conceptual. Introdución ao estudo das Dificultades de Aprendizaxe e aos Trastornos do Desenvolvemento.
    1.1. Dificultades de Aprendizaxe (delimitación conceptual, aspectos históricos e perspectiva actual, principais dificultades de aprendizaxe).
    1.2. Trastornos do Desenvolvemento (delimitación conceptual,aspectos históricos e perspectiva actual, principais modelos teóricos, principais trastornos do desenvolvemento).

    Tema 2. Dificultades de Aprendizaxe da Linguaxe Escrita e Dificultades de Aprendizaxe en Matemáticas.
    2.1. Dificultades de Aprendizaxe da Linguaxe Escrita (concepto,tipos, características, etioloxía, intervención educativa).
    2.2. Dificultades de Aprendizaxe en Matemáticas (concepto, tipos, características, etioloxía, intervención educativa).

    Tema 3. Déficits vinculados a factores escolares e socioculturais.
    3.1. Variables relacionadas coa orixe do alumnado (comunidade de orixe, variables do fogar- familia, intervención educativa).
    3.2. Variables relacionadas coa escola (organización escolar, procesos instruccionais, intervención educativa).

    Tema 4. A Discapacidade Sensorial e Motórica.
    4.1. A Discapacidade Visual (concepto, etioloxía, intervención educativa).
    4.2. A Discapacidade Auditiva (concepto, tipos, causas, consecuencias escolares, intervención educativa).
    4.3. A Discapacidade Motórica (concepto, clasificación, características, etioloxía, intervención educativa).

    Tema 5. Trastornos da Fala e a Linguaxe na educación infantil.
    1. Aspectos introdutorios
    1.1 A linguaxe: dimensións e procesos
    1.2 Fala, Linguaxe e comunicación.
    1.3 Desenvolvemento da linguaxe: breve repaso
    2. Trastornos do fala e da linguaxe
    2.2 Trastornos da fala: concepto e clasificación
    2.3 Trastornos da linguaxe: concepto e clasificación. Retraso simple da linguaxe vs. Trastorno Específico da Linguaxe.
    3. Comunicación e linguaxe na aula: avaliación e intervención.

    Tema 6. Alteracións do comportamento na infancia. Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH).
    1. Os problemas do comportamento na infancia: marco xeral.
    2. Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH)
    2.1 Concepto
    2.2 Características evolutivas
    2.3. Etioloxía: os nieveles neurobiologico e cognitivo
    2.4 Diagnóstico e tratamento
    2.5 A intervención en educación infantil: anticiparse para previr.

    Tema 7. Discapacidade Intelectual.
    1. Concepto: do modelo médico ao modelo ecolóxico
    2. Clasificación.
    3. Etioloxía: factores biolóxicos e psicosociais
    4. O desenvolvemento psicolóxico dos nenos con discapacidade intelectual e restraso do desenvolvemento.
    5. A detección e intervención en educación infantil: principios xerais

    Tema 8. Trastornos do Espectro Autista (TEA).
    1. Concepto: do trastorno autista á nocion de "espectro autista"
    2. Etioloxía: os niveis neurobiologico e cognitivo
    3. Características evolutivas dos nenos con TEA
    4. A importancia do diagnóstico precoz: indicadores temperáns do trastorno
    5. Intervención educativa nas primeiras etapas: principios xerais.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    Acosta, V. y Moreno, A. (1999). Dificultades del lenguaje en ambientes educativos. Barcelona: Masson.
    Baroody, A.J. (1988). El pensamiento matemático de los niños. Un marco evolutivo para maestros de preescolar, ciclo inicial y educación especial. Madrid: MEC/Visor.
    Marchesi, A.; Coll, C. y Palacios, J. (2001). Desarrollo psicológico y educación III. Trastonos del desarrollo y necesidades educativas especiales. Madrid: Alianza.
    Maruny , Ll., Ministral, M., Miralles, M. (1995). Escribir y leer. Materiales curriculares para la enseñanza y el aprendizaje del lenguaje escrito, de tres a ocho años, I-II-III. Madrid: MEC/Edelvives.
    Miranda Casas, A.; Vidal-Abarca Gámez, E. y Soriano Ferrer, M. (2000). Evaluación e intervención psicoeducativa en dificultades de aprendizaje. Madrid: Pirámide.
    Outón, P. (2004). Programas de intervención con disléxicos. Madrid: CEPE.
    Padilla, D. y Sanchez, P. (2001). Bases psicológicas de la educación especial. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    Riviere, A. y Martos, J. (1998). El tratamiento del autismo. Nuevas perspectivas. Madrid: Inserso-APNA.

    Bibliografía complementaria:

    Aguado, G. (1999). Trastorno específico del lenguaje: retraso del lenguaje y disfasia. Málaga: Editorial Aljibe.
    Alcantud, F. (Coord.) (2003). Intervención psicoeducativa en niños con trastornos generalizados del desarrollo. Madrid: Pirámide.
    Cidad Maestro, E. (1990). Modificación de conducta en el aula e integración escolar. Madrid: UNED.
    Deutsch Smith, D. (5ª ed.) (2003). Bases Psicopedagógicas de la educación especial. Madrid: Prentice – Hall.
    García Sánchez, N. (2007). Dificultades del desarrollo. Evaluación e intervención. Madrid: Pirámide.
    Moreno, M. (1997). Intervención psicoeducativa en las dificultades del desarrollo. Barcelona: Ariel.
    Muñoz, A. (1995). Bases para la intervención psicopedagógica en trastornos del desarrollo. Málaga: Manuales Unviersidad de Málaga.
    Orjales Villar, I. (2000). Déficit de atención con hiperactividad. Manual para padres y educadores. Madrid: CEPE.
    Outón, P. (2009). (Coord.). Dislexia. Una visión interdisciplinar. Barcelona: Lebón.
    Outón, P. (2010). ABC Dislexia. Madrid: TEA Ediciones.
    Salvador Mata, F (Coord). (2005). Bases Psicopedagógicas de la Educación Especial. Málaga: Aljibe.

    Competencias
    Competencias xerais:

    - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
    - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
    - Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
    - Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
    - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.

    Competencias específicas:

    - Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención.
    - Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se formulen.
    - Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.

    Competencias básicas:

    - Saber aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
    - Saber reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    - Ser capaz de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    - Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía.

    Competencias transversais:

    - Posuír un coñecemento instrumental da lingua galega.
    - Posuír coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    - Posuír competencia informacional.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente encóntrase en estreita relación cos procesos de ensino/aprendizaxe e, polo tanto, debe planificarse de forma que conduza á consecución das competencias formuladas para a materia. Para iso, propoñemos unha metodoloxía activa, que combine as actividades individuais e grupais e promova a resolución construtiva das dificultades que xurdan na aprendizaxe da materia. Dacordo ás directrices xerais para o ensino previstas para as titulacións dentro do EEES, as distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte dos alumnos/as.
    En canto ás actividades de carácter presencial, estas distribuiranse en tres módulos. As actividades en grupo completo inclúen clases expositivas que se utilizan para introducir, fundamentar e desenvolver os aspectos básicos de cada tema a tratar, achegando ao alumno/a as bases teóricas para poder interpretar a información a posteriori, na elaboración de traballos tanto teóricos coma prácticos. Acompañaranse de debates e materiais audiovisuais que sirvan de elementos dinamizadores e exemplificadores dos contidos básicos da materia e contribúan á consecución das competencias pertinentes. Preténdese, tamén, que o alumno/a adquira os coñecementos, destrezas e aptitudes necesarias para a aprendizaxe autónoma, ao tempo que se inicia na tarefa de toma de decisións, propia da actividade psicoeducativa.
    A través do grupo de seminario ou grupo reducido, ademais de afondar máis pormenorizadamente en contidos específicos, preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo independente e de carácter crítico: busca e manexo da información, comparacións a nivel teórico-explicativo, establecemento de relacións conceptuais, propiciar a transferencia da teoría á práctica, elaboración e presentación de informes, elaboración de mapas conceptuais, etc. Á súa vez, preténdese fomentar a súa implicación en debates e tarefas grupais e promover o pensamento crítico e a toma de decisións.
    No módulo de atención titorial, o obxectivo é dar resposta ás necesidades específicas de cada alumno/a, ofrecendo as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como a realización dun seguimento e avaliación continuada, tanto no referente ao ámbito dos coñecementos coma das competencias.

    Sistema de evaluación
    En canto á avaliación, valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación sumativa. Deste xeito, proponse valorar tanto os resultados da aprendizaxe coma o esforzo e o progreso durante o desenvolvemento deste, incentivando a reflexión crítica e unha dedicación constante á materia ao longo do cuadrimestre. En consonancia cunha visión construtiva do proceso de ensino-aprendizaxe, preténdese que o alumno/a demostre un dominio non só declarativo senón tamén procedemental e actitudinal dos contidos, mediante a análise de exemplos e a articulación de relacións entre conceptos.
    En termos xerais, a cualificación procederá da:
    • Participación nas distintas actividades de clase (10%).
    • Realización e presentación dos traballos solicitados polas profesoras (30%).
    • Proba individual escrita na que se valoran os contidos da materia (60%).
    Para superar a materia será necesario que, na proba escrita, a suma das dúas partes das que consta a materia sexa, cando menos, de 6 puntos. Non se fará media cando unha delas sexa inferior a 2´5 puntos.
    Para obter unha valoración positiva da materia será preciso ter realizadas, en prazo, todas as actividades de avaliación.

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais:

    Gran grupo: 24 horas
    - Clases expositivas
    - Lectura de documentos
    - Presentación de material de apoio audiovisual
    - Instrucións para a realización de traballos e practicas
    - Presentación de traballos
    - Debates guiados
    - Avaliación escrita
    Grupo reducido (seminario): 24 horas
    - Traballo con textos complementarios, análises, discusións, estudio de casos y realización de prácticas de seminario
    - Discusión de conclusións
    - Guía e orientación de traballos
    Pequeno grupo ou individual: 3 horas
    - Atención de necesidades específicas
    - Titorización individual do proceso de ensino-aprendizaxe
    - Orientación de traballos e estudo

    TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 51

    Actividades non presenciais: traballo autónomo do estudante

    - Estudo, lectura e elaboración de traballos
    - Busca de información
    - Preparación de materiais previos
    - Análise de documentos
    - Resolución de casos e prácticas
    - Preparación de presentacións orais, debates, etc.

    TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 99

    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado o carácter básico e a situación no plan de estudos da materia, non se indican requisitos previos. Non obstante, será recomendable que o alumno/a estableza relacións cos coñecementos propios das materias Psicoloxía do Desenvolvemento e Psicoloxía da Educación.

    É importante que o alumno/a se implique dende o principio na dinámica de traballo que se seguirá na materia (asistencia, lectura dos textos, elaboración de pequenos traballos grupais en clase, etc.). Ademais, debe facer un estudo comprensivo, non memorístico, que dé lugar á organización e o establecemento de relacións entre conceptos. Espérase, ademais que o alumno/a faga uso dos horarios de titorías para recibir o apoio necesario e as directrices que faciliten tanto o estudo da materia coma a elaboración dos traballos que se indiquen.


    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
    O alumnado con exención oficial de docencia terá que comunicalo en tempo e forma ao profesorado . O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.