Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121201 - Deseño e Desenvolvemento Curricular (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ZABALZA BERAZA, MIGUEL ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-De)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Di-M)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (N-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta asignatura pertence á materia “Organización del espacio escolar, materiales y habilidades docentes”. Xunto a outras xa cursadas no primeiro ano do grao (Didáctica e Profesión Docente) e algunas máis que serán cursadas neste mesmo cuatrimestre (a, Organización e xestión da aula, Practicum) constituen un bloque formativo cunha forte complementación interna e orientado a sentar firmemente as bases didácticas e curriculares da formación dos futuros Mestres/as de Educación Infantil.
    Así pois, o desenvolvemento desta nova asignatura basearase nas aprendizaxes das materias anteriores do bloque para continuar co proceso global da formación en Didáctica e Currículo. Tomando en consideración ese marco, os obxectivos desta materia son os seguintes:

    1.- Sobre a base dos conceptos xa traballados na materia de Didáctica e profesión Docente profundar na temática do currículo e o desenvolvemento curricular para nenos e nenas pequenos: cómo aprenden os nenos pequenos, qué oferta formativa poder ofrecérselles dende a escola, cómo poden empregarse de forma enriquecedoras os recursos que a nosa escola infantil posúe.
    2.- Dado que estamos nun mundo globalizado o que, pese aos seus riscos, tamén ofrece posibilidades de coñecemento, colaboración e enriquecemento mutuo, vamos tentar abrir os ollos aos enfoques curriculares que se están a levar a cabo noutras partes do mundo para poder rescatar aquilo que poida resultar máis interesantes e viable no noso contexto.

    3.- Traballar sobre o currículo escolar, neste momento, supón entrar no interesante debate sobre as posibilidades e limitacións dos novos enfoques na Educación: as aportacións das neuro-ciencias ao desenvolvemento infantil, as intelixencias múltiples como marco de referencia curricular, o traballo por competencias, as metodoloxías de proxectos, etc.

    4.- Dado que o grupo de profesores e profesoras que desenvolveremos este bloque formativo está fortemente asentado na idea de que ser educadores infantís supón saber traballar en equipo, un dos obxectivos desta materia é analizar o desenvolvemento curricular como un traballo cooperativo entre mestres/as, familias e comunidade local de forma que se creen fortes sinerxías instrumentais e culturais en beneficio dos nenos e nenas pequenos.

    5. Finalmente, o traballo con nenos e nenas tan pequenos esixe dos profesionais un forte compromiso persoal e ético coa tarefa que se desenvolve. Compromiso que afecta ás nosas relacións con nós mesmos (capacidade de analizar e avaliar o propio traballo, búsqueda de formación permanente), con os nenos e nenas que atendemos (manter unha actitude de sensibilidade e respecto ás súas demandas, evitar calquera forma de discriminación ou maltrato), coa nosa escola (vinculación ao proxecto da escola, dispoñibilidade para o traballo en equipo) e coa comunidade local (colaboración e apoio á cultura local).

    Contidos
    Os contidos que se traballarán na materia son os seguintes:
    1. O concepto de currículo e o seu sentido na Escola Infantil. O currículo Oficial e os currículos institucionais. Modelos curriculares..
    2. Currículo, desenvolvemento e aprendizaxe infantil. Cómo aprenden os nenos/as. Aportacións das neurociencias.
    3. Currículo e ambientes de aprendizaxe. Contextos de aprendizaxe para neno/as pequenos.
    4. Currículo e contidos de aprendizaxe na Educación Infantil. As intelixencias múltiples.
    5. Currículo e metodoloxías de aprendizaxe na Educación Infantil. Xogo e aprendizaxe.
    6. Curriculo e avaliación das aprendizaxes e do traballo feito na aula. A documentación.
    7. O currículo como proxecto formativo. A planificación curricular contextualizada.

    Bibliografía básica e complementaria
    Antón, Montserrat (2008, 2ª edic.): Planificar la etapa 0-6. Barcelona: Graó
    Borghi, Q. (2005): Los talleres en Educación Infantil. Espacios de crecimiento. Barcelona: Graò
    Fortunato, Aldo (2006): La educación de los niños como proyecto de la comunidad. Barcelona: Octaedro.
    Gardner, H. Las Inteligencias múltiples. Paidós, Barcelona.
    Goldschmied, E. y Jackson, S. (2000): la Educación Infantil de 0 a 3 años. Madrid: Morata.
    Lojo Méndez, A. e Ideas propias editorial (2009): El trabajo con bebés en la escuela infantil. Vigo: Ideas Propias.
    Majem, T. e`Odena, P.(2007, 2ª edic.): Descubrir jugando. Barcelona: Octaedro.
    Marina, J.A. : El cerebro infantil.
    Willis, A. y Ricciuti, H. (2000): Orientaciones para la escuela infantil de cero a dos años. madrid: Morata.
    Zabalza, M.A.(2008, 8ª edic.) . Didáctica da Educación Infantil. Madrid: Narcea
    Zabalza, M.A. e outros (2008, 2ª edic.): La calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea

    Documentos:
    http://www.ite.educacion.es/w3/eos/RecursosFP/SSocioculComunidad/GradoSuperior/EducacionInfantil/DIDACTICA/INDEX.HTM
    http://www2.amnistiacatalunya.org/edu/es/historia/h-index.html

    Competencias
    Como pode constatarse na táboa que se adxunta, as competencias que o documento xeral da titulacións adscribe a esta materia do 2º curso do grao son moitas e variadas. Os seus contidos específicos poden consultarse no anexo 1 deste programa.
    G.1., G.2, G.3, G.4, G.5, G.7, G.8, G.9, G.11.
    E.19, E.20, E.21, E.22
    B.1, B.2, B.3, B.4, B.5
    T.2., T.3.

    Facendo unha síntese operativa dese marco xeral de competencias, nesta materia vanse traballar 3 competencias que se desenvolven en 10 sub-competencias:
    Competencia 1: Entender o sentido do currículo como “proxecto formativo” na Educación Infantil.
    -Subcompetencia 1.1: Dominar as referencias conceptuais básicas sobre a definición de currículo e as concrecións do mesmo nas políticas curriculares.
    -Subcompetencia 1.2: Saber diferenciar entre as diversas filosofías de base de diferentes propostas ou modelos curriculares.
    -Subcompetencia 1.3: Saber descomponer o curriculo oficial español e galego nos seus elementos básicos. Facer a mesma operación en relación aos currículos dos colegas doutros países con os que se traballe.
    Competencia 2: Entender e caracterizar aos nenos e nenas pequenos como aprendices nun contexto.
    -Subcompetencia 2.1: Saber identificar as estructuras cerebrais, motóricas, intelectuais e afectivas que propicias e condicionan a aprendizaxe dos nenos e nenas pequenos.
    -Subcompetencia 2.2: Saber diferenciar entre contextos ricos e enriquecedores e contextos pobres e empobrecedores no desenvolvemento e aprendizaxe infantil.
    -Subcompetencia 2.3: Saber deseñar, fundamentadamente, diversos tipos de contextos de aprendizaxe para nenos e nenas de 0 a 6 anos (diferenciandoos en función da idade: 0-3 e 3-6).
    -Subcompetencia 2.4: Saber deseñar, fundamentadamente, diversos procesos de aprendizaxe para nenos e nenas de 0 a 6 anos (diferenciándoos en función do enfoque curricular e da idade dos nenos).
    Competencia 3: Reconstruír a través da expresión escrita o desenvolvemento das aulas, as lecturas realizadas e as propias impresións e vivencias.
    Subcompetencia 3.1: Escribir un diario de clase con anotacións que recollan o traballo realizado, as impresión persoais e o propio punto de vista sobre os asuntos tratados.
    Subcompetencia 3.2: Participar no blog da materia no momento en que lle corresponda e coas aportacións que se consideren relevantes.
    Suncompetencia 3.3: Desenvolver o traballo ou traballos que se organicen na clase, tanto individuais como en grupo.
    As competencias sinaladas neste apartado integran cumpridamente as recollidas na Memoria do Grao. A saber:
    Nosas competencias
    Competencias no Grao
    (consultar Anexo I)
    1.-Entender o sentido do currículo como “proxecto formativo” na Educación Infantil.
    G.1; G.2; G.3; G.6; G.8
    E.19
    B.1; B.3
    2.- O neno pequeño como aprendiz. Planificación de ambientes e procesos de aprendizaxe.
    G.1; G.2; G.3; G.4; G.5; G.6; G.8; G.9
    E.20; E.21; E.22
    B.2; B.3
    3.- A escrita como reflexión e reconstrucción do coñecemento.
    G.11;
    B.2; B.3; B.4; B.5
    T.2; T.3
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía da materia levarase mediante unha metodoloxía que facilite unha abordaxe en profundidade das temáticas que se abordan (estamos xa no 2º curso do grao) e que destaque a responsabilidade persoal e grupal no desenvolvemento das tarefas encomendadas. A materia contará cunha guía na que os estudantes poderán encontrar orientación para o desenvolvemento de cada un dos temas e tarefas encomendadas.
    O esquema de traballo para este cuadrimestre, susténtase sobre a idea de: 7 temas, 2 libros, unha película e 4 casos. Cada unha das actividades (libros, películas e casos) levará consigo a realización dun informe.
    Estamos a traballar nunha fórmula que permita unir esforzos e integrar contidos de diferentes materias de xeito tal que eses traballos poidan adquirir un sentido máis profundo e interdisciplinar, disminuindo, á súa vez, a proliferación de traballos solicitados aos estudantes.
    A competencia xeral a traballar nesta materia é a expresión escrita, tarefa que estará presente durante todo o período de clases a través da realización dun bloge (cada día de clase dous estudantes subirán ao bloge o traballado na clase), dun resumo individual de 6 liñas que cada estudante anotará ao finalizar cada clase na súa libreta de clase, e de pequenas redaccións nas que deberán asumir algún rol vinculado á vida dos cativos ou ao traballo educativo con eles/as.

    Sistema de evaluación
    Seguindo a ficha da materia na Memoria do grao, a avaliación da materia tomará en consideración os seguintes aspectos:
    1. Participación nas actividades da aula (15%).
    Neste apartado tomarase en consideración a participación nas actividades de clase, as entradas no bloge e os comentarios a entradas doutros compañeiros, os resumos e comentarios incluídos na caderno de clase.
    2.- Probas específicas (50%).
    Neste apartado tomaranse en consideración os resultados na proba ou probas que se vaian realizando ao longo do curso. PARA APROBAR A MATERIA será preciso ter alcanzado, ao menos, un 4 neste apartado.

    3.- Informes escritos (30%).
    Neste apartado tomaranse en consideración os traballos ou informes, individuais ou en grupo que se vaian realizando ao longo do curso.Tamén a defensa pública deses traballos se así fora solicitado.

    4.- Achegas libres dos estudantes (5%).
    Tomaranse en consideración neste apartado as achegas voluntarias dos estudantes, sempre que teñan que ver coa temática da materia: asistencia a Congresos, participación en actividades con nenos pequenos, etc.

    Normativa da facultade sobre avaliación:
    Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada (no noso caso, isto é xustamente o que desexamos facer).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O seguinte cadro reflicte a distribución dos 6 ECTS desta materia segundo as instrucións recibidas o Reitoría e a Facultade:

    Horas expositivas: 24.
    Horas interactivas: 24
    Horas de titoría: 3
    Total horas presenciais: 51
    Horas de traballo do estudante: 99
    Total horas adicación a materia: 150

    Na guía da materia aparecerán distribuídas estas horas nas diferentes actividades a desenvolver durante o curso.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A proposta docente que se presenta pretende antes que nada habituar aos estudantes ao manexo correcto do vocabulario e os conceptos propios da Didáctica. Non se trata, xa que logo, de memorizar definicións ou nomes e datas se non de comprender con claridade o significado dos termos e nocións que servirán de material de traballo nesta e noutras materias do bloque.

    Pertencendo ao segundo curso do grao, partiremos dos coñecementos e experiencia adquirida nas materias irmás do primeiro curso para continuar co proceso de formación no ámbito da didáctica. Nese sentido daremos unha importancia similar á outorgada no curso pasado aos aspectos emocionais e de compromiso persoal das estudantes de Mestre de Infantil. Como diciamos o ano pasado, vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas. Os nenos e nenas pequenos precisan de mestres que saiban traballar dun xeito comprometido e alegre capaz de xerar neles ilusión por aprender cousas novas, capaz de ir abríndolles camiños novos no seu desenvolvemento. E por iso que daremos importancia, a través da escrita, á forma en que cada estudante vive e sinte o mundo da infancia.

    Observacións
    Normativa da Facultade sobre a presencialidade:
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.