Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121202 - Proxectos e Innovación na Aula (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaNONSI
Grupo CLIS_01 (A-De)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Di-M)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (N-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04 OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Analizar diferentes concepcións e prácticas do profesorado de Educación Infantil e a súa relación con diferentes modelos didácticos, co currículo oficial de Galicia e o enfoque de proxectos.
    2. Comprender e analizar os fundamentos, fases, estratexias e técnicas do enfoque de proxectos, e valorar a súa pertinencia para os procesos de ensino-aprendizaxe nos dous ciclos da etapa de Educación Infantil.
    3.Planificar e xustificar tarefas, actividades e recursos para as diferentes fases nun enfoque de proxectos.
    4.Coñecer e saber implementar algunhas estratexias e técnicas de innovación e investigación na aula.

    Contidos
    1. Concepcións e prácticas do profesorado, modelos didácticos, currículo e planificación en Educación Infantil.
    2. Definición de proxecto e enfoque de proxectos en educación: antecedentes e situación actual.
    3.Fundamentos do enfoque centrado en proxectos, currículo integrado e competencias básicas.
    4. O enfoque de proxectos e o Proxecto Educativo de Escola.
    5. O desenvolvemento dos proxectos na Educación Infantil: fases, estratexias metodolóxicas, rol do profesorado, do alumnado, das familias e recursos.
    6. Innovación, investigación e desarrollo profesional do profesorado de Educación Infantil: modelos, estratexias e técnicas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica: *
    ARIAS, A; ARIAS, D. ; NAVAZA, M.V. e RIAL, Mª D. ( 2009): O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria. Santiago de Compostela: Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
    BEANE, J. (2005): La integración curricular. Madrid, Morata.
    BORGHI, B.Q. (2005): Los talleres en educación infantil: espacios de crecimiento. Barcelona, Graó.
    BORGHI, B.Q (2010): Educar en el 0-3. La práctica reflexiva en los nidi d´infanzia. Barcelona, Graó.
    *DÍEZ NAVARRO, C. (1995): La oreja verde de la escuela. Trabajo por proyectos y vida cotidiana en la escuela infantil. Madrid, Ediciones de la Torre.
    DÍEZ NAVARRO, C. (2007): Mi escuela sabe a naranja. Estar y ser en la escuela infantil. Barcelona, Graó.
    *DOMÍNGUEZ CHILLÓN, G. (2001): Proyectos de trabajo: una escuela diferente. Madrid, La Muralla.
    ESCUDERO, J.M. (Edit.): Diseño, desarrollo e innovación del currículum. Madrid, Síntesis.
    ESCUELAS INFANTILES DE REGGIO EMILIA (1995): La inteligencia se construye usándola. Madrid, MEC-Morata.
    FUENTES ABELEDO, E. (1998): O ensino en Educación Infantil: perspectivas do profesorado. Santiago de Compostela, Tórculo Edicións.
    *FUENTES ABELEDO, E. (2003): “El diario escolar: un recurso para la investigación del profesorado”. En Padres y Maestros, 275, pp. 34-39.
    *FUENTES ABELEDO, E.J. (2002): “La investigación-acción y el desarrollo profesional del profesorado”. En Padres y Maestros, 271, pp. 33-37.
    *FUENTES ABELEDO, E.J. (2003): “Recogida de información en el aula e investigación del profesorado”. En Padres y Maestros, 276, pp. 34-39.
    HEIMLICH, J. E PITTELMAN, S.D. (1990): Los mapas semánticos. Estrategias de aplicación en el aula. Madrid, MEC-Visor.
    HELM, J. H.; BERG, S.; SCRANTON, P. (2004): Teaching your child to love learning: a guide to doing projects at home. New York, Teachers College Press, Columbia University.
    *HERNÁNDEZ, F. e VENTURA, M. (1992): La organización del curriculum por proyectos de trabajo: el conocimiento es un calidoscopio. Barcelona: Graò.
    OLIVEIRA, J. (1998): Modelos curriculares para a Educaçao de Infância. Porto, Porto Editora.
    POZUELOS, F.J. (2007): Trabajo por proyectos: descripción, investigación y experiencias. Morón (Sevilla) Ediciones MCEP.
    RISCHER, P. (2006): El jardín de los secretos: organizar y vivir los espacios exteriores en las escuelas. Barcelona, Octaedro e Rosa Sensat.
    TONUCCI, F. (1993): A los tres años se investiga. Barcelona, Hogar del libro.
    *TORRES, X. (1994): Globalización e interdisciplinariedad: el curriculum integrado. Madrid, Morata.
    TRUEBA, B. (1989): Talleres integrales en Educación Infantil. Madrid, De la Torre.
    VIZCAÍNO, I.Mª. (2008): Guía fácil para programar en Educación Infantil (0-6 años). Trabajar por proyectos. Madrid, Wolters-Kluwer.
    ZABALZA, M.A. (1987): Didáctica de la Educación Infantil. Madrid, Narcea.

    Revistas:
    Aula de infantil.
    Cuadernos de Pedagogía.
    Infancia.
    Young Children.


    Competencias
    Competencias xerais:

    G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitivas, emocional, psicomotora e volitiva.

    G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.

    Competencias específicas:

    E.19.- Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.

    E.20.- Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no medio escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos estudantes.

    E.21.- Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.

    Competencias básicas:

    B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

    B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.

    B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

    B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.

    B.5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesaria para
    emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Competencias transversais:

    T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T.4.- Competencia informacional.
    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades formativas con todo o grupo incidirán sobre todo na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas ademais dalgunhas prácticas supervisadas.
    As actividades cos grupos interactivos se desenvolverán sobre todo a través de estratexias como estudio de casos, proxectos de traballo, debates, resolución de problemas, análise de documentos e práctica dirixida.
    As sesións presenciais permitirán fundamentalmente coñecer os procesos a desenvolver no enfoque de proxectos, os seus fundamentos e a súa relación con determinados modelos de planificación curricular e de currículo nas aulas de Educación Infantil, así como analizar concepcións e prácticas do profesorado de Educación Infantil e propostas de innovación e desenvolvemento profesional.
    As actividades presenciais requiren horas de traballo autónomo en actividades como busca de información, lectura e análise de documentos, preparación de presentacións, elaboración de informes, práctica independente, etc. , tanto individual como no seno do equipo de traballo ó que pertenza o alumnado.


    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:
    Proba específica final escrita: 60 %.
    *Neste apartado tomaranse en consideración os resultados da proba final. Para aprobar a materia será preciso ter alcanzado, cando menos, un 5 neste apartado.
    Dossier de actividades: 30%
    *Neste apartado tomaranse en consideración os traballos ou informes, individuais ou en grupo que se vaian realizando ó longo do curso. Para aprobar a materia terán que realizarse todas as actividades obrigatorias que se especifiquen.
    Participación nas clases e presentacións orais: 10%.

    Normativa da Facultade sobre avaliación:
    Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O seguinte cadro reflexa a distribución dos 6 ECTS desta materia:
    Horas expositivas: 24.
    Horas interactivas: 24
    Horas de titoría: 3
    Total horas presenciais: 51
    Horas de traballo do estudiante: 99
    Total horas de adicación á materia: 150
    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudios no primeiro cuadrimestre do segundo curso, convén actualizar e activar os coñecementos de materias do primeiro curso, con especial fincapé en "Didáctica e Profesión Docente", "Observación e análise: suxeitos e procesos educativos" e aquelas que aportan saberes que serven de fundamentos psicolóxicos, sociolóxicos e pedagóxicos para a toma de decisións curriculares. É fundamental que o alumnado se implique activamente dende o comenzo das clases para lograr un axeitado desenvolvemento das competencias, o dominio dos contidos seleccionados e o logro dos obxectivos especificados.
    Observacións
    Normativa da Facultade sobre a presencialidade:
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia. No caso da concesión de dita exención, o alumnado deberá poñerse en contacto de inmediato co profesor para, de ser necesario, recibir as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.