G3121203 - Organización e Xestión da Aula (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia pertence ao segundo curso (terceiro semestre) do Plan de Estudos do Grao de Mestre/a de Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter de Formación Básica, na materia de “Organización do Espazo escolar, materiais e habilidades docentes”
Os obxectivos principais da asignatura son:
- Capacitarse para o exercicio de actividades profesionais e recoñecer a necesidade do perfeccionamento constante que, para o docente, requiren os avances e os cambios científicos, pedagóxicos e sociais.
- Utilizar con precisión os conceptos da materia.
-Coñecer os eixos e principios básicos da intervención educativa en educación infantil.
-Deseñar e organizar propostas educativas adaptadas ás peculiaridades da etapa de educación infantil desde unha perspectiva globalizadora e integradora e tendo en conta os requirimentos da necesaria atención á diversidade.
- Analizar e deseñar contextos relacionales e espazo-temporais, no ciclo 0-3 e 3-6.
- Deseñar diversas estratexias de intervención dirixidas a favorecer a adaptación inicial e a continuidade educativa entre ciclos e etapas.
- Deseñar e planificar os espazos, materiais e tempos dos momentos de vida cotiá (aseo, comedor, etc.) tendo en conta o seu valor educativo.
- Analizar de forma crítica e reflexiva a creatividade e os valores estéticos en diferentes contextos e propostas educativas (espazos, materiais, actividades, proxectos,…).
- Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade.
- Recoñecer o carácter específico das aulas de educación infantil.
- Comprender o papel que deben xogar as tecnoloxías da comunicación e a información no ámbito educativo.
Contidos1)Eixos e principios básicos da intervención educativa na etapa 0-6. Principais modelos de Educación Infantil e as súas implicacións na organización e a xestión da aula.
2)Claves para o deseño e organización do ambiente de aprendizaxe na Educación Infantil no ciclo 0-3 e 3-6:
a.Dimensión física: o espazo e os materiais;
b.Dimensión Funcional: organización da actividade. Rutinas e actividades de xogo e aprendizaxe. Recunchos e Talleres;
c.Dimensión temporal: organización do tempo no ciclo 0-3 e 3-6. Período de adaptación e continuidade entre ciclos e etapas;
d.Dimensión relacional: procesos de interacción na aula. O traballo colaborativo e as modalidades de agrupamiento e relación. Criterios de organización e agrupamiento dos alumnos;
3)As rutinas na escola infantil e o valor da vida cotiá. A actividade autónoma dos nenos;
4)Organización do ambiente e atención á diversidade;
5)Ambientes escolares e extraescolares: a relación coa contorna. A colaboración coas familias. A contorna como ambiente de aprendizaxe.
Bibliografía básica e complementariaBásica
Antón, M. (2007). Planificar la etapa 0-6: Compromiso de sus agentes y práctica cotidiana. Barcelona: Graó.
Bassedas, E.; Huguet, T. e Solé, I. (2005). Aprender y enseñar en Educación infantil. Barcelona: Graó.
Goldschmied, E. e Jackson, S. (2000). La educación infantil de 0 a 3 años. Madrid: Morata.
Hohmann, M. e Weikart, D. (1997). Educar a criança. Lisboa: Fundaçao Calouste Gulbenkian.
Falk, J. (2008). Lóczy, educación infantil. Barcelona: Octaedro.
Majem, T. e Ódena, P. (2007). Descubrir jugando. Barcelona: Octaedro-Rosa Sensat.
Paniagua, G. e Palacios, J. (2005). Educación Infantil: Respuesta educativa a la diversidad. Madrid: Alianza Editorial.
Sainz de Vicuña, P. (2010). Educar en el aula de 2 años: Una propuesta metodológica. Barcelona: Graó.
Zabalza, M.A. (Ed.)(1996). Calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea.
Complementaria
Bondioli, A. e Nigito, G. (2011). Tiempos, espacios y grupos: El análisis y la evaluación de la organización en la escuela infantil. Barcelona: Graó.
Borghi, Q. (2008). Los talleres en educación infantil. Barcelona: Graó.
Borghi, Q. (2010). Educar en el 0-3: La práctica reflexiva en los nidi d´infanzia. Barcelona: Graó.
Heredero,E. (2008). A la calidad de la educación desde los espacios escolares. Alcalá de Henáres: Universidad de Alcalá.
Ibañez, C. (2008). El proyecto de Educación Infantil y su práctica en el aula. Madrid: La Muralla.
Laguía, Mª J. e Vidal, C. (2008). Rincones de actividad en el aula Infantil (0-6 años). Barcelona: Graó.
Mainetti, D. e Cosmai, L. (2010). Gli spazi e i materiali nei servizi e nelle scuole per l'infanzia. Bergamo: Edizioni Junior.
Quintanal, J. (2006). Educación infantil: orientaciones y recursos metodológicos para una enseñanza de calidad. Madrid: CCS.
REVISTAS
Aula de Infantil,
Cuadernos de Pedagogía,
Infancia,
Revista Galega de Educación,
Young Children.
CompetenciasA) Competencias da titulación ás que contribúe a asignatura
- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva. (G2).
- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos. (G3).
- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles. (G4).
- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia. (G7).
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes. (G11).
B) Competencias Específicas
- Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. (E19).
- Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade na contorna escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos estudantes. (E20).
- Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6. (E21).
- Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. (E22).
C) Competencias Básicas
- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. (B1).
-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo. (B2).
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. (B3).
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. (B4).
D) Competencias Transversais
- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación. (T3).
- Competencia informacional. (T4).
Metodoloxía da ensinanza A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria para poder participar na primeira proba específica da materia. Os alumnos que obteñan exención de docencia deberan presentar o documento ao/á profesor/a (no seu caso coordenador/a da materia) de forma inmediata para poder establecer un plan de traballo e de avaliación alternativo.
As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas.
As actividades de grupo interactivo desenvolveranse a través de propostas como estudo de caso, simulacións ou análises de documentos, entre outras. Nestas clases os alumnos, coa axuda da profesora procurarán a aplicación dos contidos teóricos na resolución dos exercicios expostos
As titorías pretenden orientar ao alumnado de forma personalizada e realizar un seguimento do traballo do alumno.
O traballo autónomo por parte do alumnado é moi importante xa que mediante a análise de diversos documentos, procura de materiais e de fontes de información, reflexión e estudo irá construíndo un coñecemento sólido sobre os elementos fundamentais da materia.
Sistema de evaluaciónNa cualificación final desta materia terase en conta os seguintes elementos:
A) Primeiro e segundo período de avaliación en xuño e xullo. Para aqueles estudantes que cubran o 80% de asistencia. Nota total 10
-Proba específica: de carácter presencial e obrigatorio terá un valor máximo do 60% na nota final. Será necesario alcanzar un 5 sobre 10 para que faga media coas outras cualificacións. O exame ao final do semestre versará sobre o contido do programa, podendo constar dunha proba obxectiva e/ou de varias cuestións breves. Duración: 2 horas.
-Traballos de aula (individuais ou de pequeno grupo) Realizaranse e/ou entregarán durante as sesións de traballo na aula de clase. Terán un peso do 30% da nota final.
- Participación do alumno na materia. Cun peso do 10% da nota final
*No caso de que o/a alumno/a obtivese un suspenso na primeira convocatoria de avaliación conservaráselle a nota dos elementos aprobados para a convocatoria de xullo
B) Segundo período de avaliación en xullo. Para aqueles estudantes que non cubran o 80% da asistencia. Nota total 8
-Proba específica: de carácter presencial e obrigatorio terá un valor máximo do 65% na nota final.
-Traballos do alumno Realizaranse e entregarán nos prazos acordados previamente entre o alumno e a profesora. Terán un peso do 35% da nota final
Condicións
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso realizar e entregar, en prazo, todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas nos termos xa establecidos.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada
Tempo de estudo e traballo persoalActividades formativas en horas:
Actividades presenciais:
24 Horas de actividades de grupo expositivo
24 Horas de actividades de grupo interactivo
03 Horas de titorías
51 Horas totais de actividades presenciais
Actividades de traballo autónomo:
35 Horas para preparar actividades derivadas do grupo expositivo
45 Horas para prepara actividades do grupo interactivo
19 Horas de titorías
99 Horas totais de traballo autónomo
Total: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fora do horario de clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados na aula para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Recoméndase acudir regularmente ás sesións de titoría para resolver e aclarar as dúbidas que se presenten, tanto para o estudo da materia como para a realización das actividades propostas, que deberán axustarse aos criterios de redacción e expresión escrita.
En particular, recoméndase:
-Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados.
-Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
-Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais.
-Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia.
ObservaciónsRecoméndase ter cursada e superada a asignatura de Observación e análise: suxeitos e procesos educativos