G3121204 - Organización e Xestión do Centro Escolar (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia pertence ao segundo curso (cuarto semestre) do Plan de Estudos do Grao de Mestre/a de Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter de Formación Básica, na materia de “A Escola de Educación Infantil”
Os obxectivos principais da materia son:
-Capacitarse para o exercicio de actividades profesionais e recoñecer a necesidade do perfeccionamento constante que, para o docente, requiren os avances e os cambios científicos, pedagóxicos e sociais.
-Aproximarse aos problemas reais das escolas de educación infantil de forma reflexiva e crítica.
- Utilizar con precisión os conceptos e a terminoloxía desta materia.
- Analizar e valorar a vida organizativa das escolas de educación infantil e a natureza do traballo dos docentes tendo en conta o marco normativo.
- Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
- Desenvolver hábitos de traballo individual de esforzo e responsabilidade, así como actitudes de confianza, sentido crítico e iniciativa persoal.
- Elaborar propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nunha escola de educación infantil.
- Desenvolver habilidades e actitudes e adquirir coñecementos básicos para participar en procesos colaborativos de traballo en grupo.
- Recoñecer o carácter específico dos centros de Educación Infantil
Contidos1)A escola como organización características e dimensións
2)Marco normativo, estruturas e mecanismos de funcionamento dos centros de Educación Infantil
3)Características dos centros de Educación Infantil segundo os ciclos que integren
4)Proxectos de centro: estrutura e procesos
5)Colaboración, participación e democracia nos centros escolares
6)Xestión e calidade nos centros de Educación infantil
Bibliografía básica e complementariaBásica
Ameijeiras, R. (2008). Manual de educación infantil: aspectos didácticos y organizativos. Cáceres: Universidad de Extremadura
Bondioli, A. e Nigito, G. (2011). El análisis y la evaluación de la organización en la escuela infantil. Barcelona: Graó.
Carda, R. e Larrosa, F. (2004). La organización del centro educativo. Manual para maestros. Alicante: Club Universitario.
González, M. T. (Coor.)(2003). Organización y Gestión de Centros Escolares. Madrid: Pearson.
Complementaria
Antúnez, S. (1993). Claves para la organización de centros escolares. Barcelona: ICE-HORSORI.
Bernal, J. (2006). Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva micropolítica. Zaragoza: Mira Editores.
Bolívar, A. (2000). Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesa y realidades. Madrid: La Muralla.
Bolívar, A. (2007). Cómo mejorar los centros educativos. Madrid: Síntesis.
Cano, E. (2003). Organización, calidad y diversidad. Madrid: La Muralla.
Cantón, I. (1996). Manual de organización de centros educativos. Barcelona: Oikos-tau.
Cardona, J. (2001). Elementos de teoría organizativa del centro escolar. Madrid: Sanz y Torres.
Gather, M. (2004). Innovar en el seno de la institución escolar. Barcelona, GRAÓ.
Gather, M. e Maulini, O. (2010). La organización del trabajo escolar. Una oportunidad para repensar la escuela. Barcelona: GRAÓ.
García Requena, F. (1997). Organización y Gestión de centros educativos. Málaga: Aljibe.
Gento, S. (2002). Participación en la gestión educativa. Madrid: Santillana.
Gento, S. (2002). Instituciones educativas para la calidad total (configuración de un modelo organizativo). Madrid: La Muralla.
Gomez Dacal, G. (1996). Curso de organización escolar y general. Madrid: Escuela Española.
Ibañez, C. ( 2008). El proyecto de Educación Infantil y su práctica en el aula. Madrid: La Muralla.
López Yáñez, J., Sánchez Moreno, M. et al. (2003). Dirección de centros educativos. Madrid: Síntesis.
Lorenzo, M. (Coord)(1997). La organización y gestión del centro educativo: Análisis de Casos Prácticos. Madrid: Universitas.
Martín-Moreno, Q. (2007). Organización y dirección de centros educativos innovadores. El Centro Educativo Versátil. Madrid: McGraw-Hill.
Martín-Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Madrid: Sanz y Torres.
Montero, A. (1998). Educación y referencia normativa. Otra aproximación a las organizaciones escolares. Málaga: Aljibe.
Moreno, J. M. (Coord) (2004). Organización y gestión de centros educativos. Madrid: UNED.
Santos, M. (2007). Arte y Parte. Desarrollar la democracia en la escuela. Sevilla: Homo Sapiens, MAD.
Vera, J. M.; Mora, V.; Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes. Guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Barcelona: GRAÓ.
Zabalza, M. (2005). La calidad de la educación infantil. Madrid: Narcea.
REVISTAS
Cuadernos de Pedagogía, Escuela Española, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre otras.
CompetenciasA) Competencias da titulación ás que contribúe a asignatura
- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles. (G4)
- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia. (G5)
- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. (G9)
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes. (G11)
- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos. (G12)
B) Competencias Específicas
- Valorar a importancia do traballo en equipo.(E29)
- Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.(E30)
- Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.(E31)
C) Competencias Básicas
- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. (B1)
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo. (B2)
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. (B3)
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.(B4)
- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. (B5)
D) Competencias Transversais
- Coñecemento instrumental da lingua galega. (T2)
- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación. (T3)
Metodoloxía da ensinanza A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria para poder participar na primeira proba específica da materia. Os alumnos que obteñan exención de docencia deberan presentar o documento á profesora de forma inmediata para poder establecer un plan de traballo alternativo
A metodoloxía tratará de favorecer a aprendizaxe significativa do alumno. As clases expositivas permitirán a presentación docente das claves informativas e dos contidos básicos en relación cos descritores sinalados, así como prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e profundización a desenvolver polos/as estudantes. Os demais tempos formativos (as clases interactivas e a titoría individual) permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e tópicos relevantes, responder a preocupacións de formación e contribuír á construción dun coñecemento crítico e comprensivo da organización e xestión dos centros escolares.
As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas. Desenvolveranse actividades para analizar e valorar a escola como organización nas súas diferentes dimensións, analizar e valorar o marco normativo, os aspectos teóricos e as experiencias, procurando o desenvolvemento das competencias sinaladas anteriormente.
As actividades de grupo interactivo desenvolveranse a través de propostas como estudo de caso, simulacións ou análises de documentos, entre outras. Nestas clases os alumnos, coa axuda da profesora, procurarán a aplicación dos contidos teóricos na resolución dos exercicios expostos
As titorías pretenden orientar ao alumnado de forma personalizada e realizar un seguimento do seu traballo.
O traballo autónomo por parte do alumnado é moi importante xa que mediante a análise de diversos documentos, procura de materiais e de fontes de información, reflexión e estudo irá construíndo un coñecemento sólido sobre os elementos fundamentais da materia
Sistema de evaluaciónNa cualificación final desta materia teranse en conta os seguintes elementos:
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
A) Primeiro e segundo período de avaliación en xuño e xullo. Para aqueles estudantes que cubran o 80% de asistencia. Nota total 10
-Proba específica: de carácter presencial e obrigatorio terá un valor máximo do 50% na nota final. Na proba de xunio será necesario alcanzar un 4 sobre 10 para que faga media coas outras cualificacións. O exámen, ao final do semestre, versará sobre o contido do programa, podendo constar dunha proba obxectiva e/ou de varias cuestións breves. Duración: 2 horas.
-Traballos de aula (individuais ou de pequeno grupo) Realizaranse e/ou entregarán durante as sesións de traballo na aula de clase. Terán un peso do 30% da nota final.
- Participación do alumno na materia. Cun peso do 20% da nota final
*No caso de que o/a alumno/a obtivese un suspenso na primeira convocatoria de avaliación conservaráselle a nota dos elementos aprobados para a convocatoria de xullo
B) Segundo período de avaliación en xullo. Para aqueles estudantes que non cubran o 80% da asistencia. Nota total 8
-Proba específica: de carácter presencial e obrigatorio terá un valor máximo do 50% na nota final.
-Traballos do alumno Realizaranse e entregarán nos prazos acordados previamente entre o alumno e a profesora. Terán un peso do 30% da nota final
Condicións
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso realizar e entregar, en prazo, todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas nos termos xa establecidos.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades formativas en horas:
Actividades presenciais:
24 Horas de actividades de grupo expositivo
24 Horas de actividades de grupo interactivo
03 Horas de titorías
51 Horas totais de actividades presenciais
Actividades de traballo autónomo:
35 Horas para preparar actividades derivadas do grupo expositivo
45 Horas para prepara actividades do grupo interactivo
19 Horas de titorías
99 Horas totais de traballo autónomo
Total: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fora do horario de clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados na aula para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOG), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa organización e xestión dos centros escolares (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
Recoméndase acudir regularmente ás sesións de titoría para resolver e aclarar as dúbidas que se presenten, tanto para o estudo da materia como para a realización das actividades propostas.
En particular, recoméndase:
-Unha lectura detida, reflexiva e crítica do programa da materia nos seus diversos apartados.
-Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
-Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.