Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121205 - Observación e Análise: Escola e Contexto (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CHAS MONTAÑA, FRANCISCO JOSE.NON
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer e analizar diferentes contextos (social, familiar, organizativos) e a súa incidencia na escola e nos procesos educativos.
    - Comprender a complexidade da vida dos centros e as variables a estudar.
    - Coñecer as diferentes técnicas e instrumentos de observación, recollida de datos e interpretación dos mesmos.
    - Elaborar informes de observación a partir dos datos da observación da escola e o contexto.


    Contidos
    1.- A educación en diferentes contextos: social, escolar, familiar.
    2.- A observación na escola e o seu contexto.
    3.- Deseño e desenvolvemento da observación na escola e o seu contexto.
    4.- A construción de instrumentos de observación
    5.- Análise de datos e interpretación dos resultados obtidos mediante a observación
    6.- Elaboración de informes a partir de datos observacionais


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    Anguera, M.T. (1988). Observación en la escuela. Barcelona: Graó.
    Anguera, M.T. (1992). Metodología de la observación en las ciencias humanas. Madrid: Cátedra.
    Anguera, M.T. (1999). Observación en la escuela: aplicaciones. Barcelona: Edicións Universitat de Barcelona.
    Buendía, L., Colás, P. e Hernández, F. (1997). Métodos de investigación en Psicopedagogía. Madrid:
    McGraw-Hill.
    Everston, C. M. e Green, J.L. (1989). La observación como indagación y método. En C. M. Wittrock (Ed.), La investigación de la enseñanza, II: Métodos cualitativos y de observación (pp. 303-406). Barcelona: Paidós.
    Goetz, J.P. e LeCompte, M.D. (1988). Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Madrid: Morata.
    González Tello, M. (1991). Observación y evaluación en el segundo ciclo de educación infantil. Madrid: Escuela Española.
    Iglesias Forneiro, L. (2008). Observación y evaluación del ambiente de aprendizaxe en educación infantil: dimensiones y variables a considerar. Revista Iberoamericana de educación, 47, 49-70.
    Jackson, Ph.(1998). La vida en las aulas. Madrid: Morata.
    Vallejo, P. , Urosa, B. e Blanco Blanco, A. ( 2003). Construcción de escalas de actitudes tipo Likert. Madrid: La Muralla.

    Bibliografía complementaria

    Álvarez-Gayou, J.L. (2005). Cómo hacer investigación cualitativa. Fundamentos y metodología. México: Paidós.
    Mckernan, J. (1999). Investigación-acción y curriculum. Madrid: Morata.
    Pérez Serrano, G. (2007). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes. II. Técnicas y análisis de datos. Madrid: La Muralla.
    Santos Guerra, M.A. (1990). Hacer visible lo cotidiano. Teoria y práctica de la evaluacion cualitativa en los centros escolares. Madrid: Akal.
    Witrock, C. (1989). La investigación en la enseñanza. Métodos cualitativos y de observación. Barcelona: Paidós.
    Woods, P. (1987). La escuela por dentro. La etnografía en la investigación educativa. Barcelona: Paidós.
    Woods, P. (1998). Investigar el arte de la enseñanza: el uso de la etnografía en la educación. Barcelona: Paidós.
    Zimmermann, D. (1998). Observación y comunicación no verbal en la escuela infantil. Madrid: Morata.



    Competencias
    Xerais:

    Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.

    Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento.
    Asumir que o exercicio da función docente debe ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.

    Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais.

    Específicas:

    Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora na educación infantil.
    Dominar as técnicas de observación e rexistro.
    Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
    Saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.

    Básicas:

    Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo de xeito profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.

    Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ético.

    Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

    Que os estudantes desenvolvan aquellas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Transversais:

    Coñecemento instrumental da lingua galega.
    Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía a seguir será de caracter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Con este propósito, combinaranse sesións expositivas dirixidas a adquisición dos coñecementos básicos da materia con sesións interactivas nas que se desenvolverán actividades de tipo práctico que permitan ao alumnado a adquisición de habilidades no manexo das distintas técnicas de observación na escola e o seu contexto.
    Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria.


    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia terá un caracter continuo e abarcará os seguintes aspectos:

    - Realización en grupo dos traballos da aula. Estes traballos so se poderán facer e entregar durante as sesións de traballo na aula (25%).
    - Realización en prazo, dun traballo final da materia (25%).
    - Realización dunha proba escrita sobre o contido da materia (50%).


    Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas. O alumnado con exención oficial de docencia avaliarase seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    O seguinte cadro reflicte a distribución dos 6 ECTS da materia:

    Horas presenciais: 51h.

    Horas expositivas: 24h.
    Horas interactivas: 24h.
    Horas de titoría: 3h.

    Horas de traballo autónomo do alumnado: 99 h.

    TOTAL HORAS: 150h.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumnado vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
    Observacións
    Asistencia a clase

    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.

    Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    Responsabilidade medioambiental

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.