Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121207 - Procesos de Mellora e uso das TIC (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN.NON
PERNAS MORADO, EULOGIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- Adquirir o coñecemento básico sobre os medios audiovisuais e informáticos e as posibilidades das TIC na educación.
    2.- Coñecer as posibilidades de integración das TIC na escola e recoñecer as posibles implicacións, consecuencias e efectos.
    3.- Coñecer modelos de elaboración, análise e avaliación de medios para a súa utilización e mellora
    4.- Formular innovacións e resolver problemas da integración dos medios na práctica.
    5.- Adquirir actitudes favorables cara ao traballo en colaboración con outros.
    Contidos
    BLOQUE I. AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN: MARCO CONCEPTUAL.
    A Educación infantil na sociedade da información: impacto social e educativo das TIC. A Tecnoloxía Educativa: armazón conceptual, relacións interdisciplinares e innovación. Cuestións organizativas relacionadas coas TIC.

    BLOQUE II. A EDUCACIÓN E AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN.
    As TIC en educación infantil. O plan TIC de centro. A organización dos espazos de aula: o canto do ordenador.

    BLOQUE III. COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL, SOFTWARE EDUCATIVO E MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS.
    Competencia dixital e audiovisual en educación infantil. Software educativo para a educación infantil. Medios de comunicación de masas, web social e educación infantil
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    De Miguel Sánchez, C. (2004). Las Tecnologías de la Información y la Comunicación en Infantil y Primer ciclo de Primaria. Reflexiones y propuestas. Madrid: EDUCAMADRID.

    MEC (2007). Introducción temprana a las TIC: estrategias para educar en un uso responsable en educación infantil y primaria. Madrid: Secretaría General de Educación.

    Sancho Gil, J. M. (2008). De TIC a TAC, el difícil tránsito de una vocal. Revista Investigación en la escuela, nº 64, pp. 19-30. Dispoñible en: http://www.investigacionenlaescuela.es/articulos/64/R64_2.pdf [Consultado 15-o2-2013].


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    Cebreiro, B. (2007). Las nuevas tecnologías como instrumentos didácticos. En J. Cabero (Dir.). Tecnología Educativa, 159-172. Madrid: McGraw Hill.

    Fernández Morante, C. (2007). El diseño y la producción de medios aplicados a la enseñanza. En J. Cabero (Dir.). Tecnología Educativa, 105-124. Madrid: McGraw Hill.

    Gros, B. (2000). El ordenador invisible. Barcelona: Gedisa.

    Montero, L. et al. (2007). O valor do envoltorio. Un estudo da influencia das TIC nos centros educativos. Vigo: Xerais.

    Pernas, E., Doval, M. (2002). Novas Tecnoloxías e innovación educativa en Galicia. Átomos e bits na mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe. Santiago de Compostela: ICE-USC.

    Revista Galega de Educación (2007). Monográfico "Competencia dixital e ferramentas TIC". Número 38, maio.
    Competencias
    Competencias xerais (priorizarase a G7):
    G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    G.7.- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
    G.9.- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
    G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
    G.12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.

    Competencias básicas (priorizarase a B3, en aspectos relativos á busca de información e á "honestidade intelectual", citado de obras e elaboración de bibliografía):
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
    B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B.5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    Competencias específicas (priorizarase a E13):
    E. 13. Analizar e incorporar de forma crítica las cuestiones más relevantes de la sociedad actual que afectan a la educación familiar y escolar: impacto social y educativo de los lenguajes audiovisuales y de las pantallas.
    E. 28. Conocer experiencias internacionales y ejemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
    E. 29. Valorar la importancia del trabajo en equipo.

    Competencias transversales:
    T. 3. Conocimiento instrumental de las tecnologías de la información y de la comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía está deseñada con dous niveis ben diferenciados, pero interrelacionados estreitamente:
    1. Sesións de exposición dos fundamentos teóricos de conceptualización e procesos sobre os medios. Estas exposicións realizaranse para todo o grupo de alumnos da materia e corresponden aos créditos teóricos. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
    - Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos alumnos
    - Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido preparados polo profesor. Serven de complemento e afondamento aos contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudo individualizado sobre un tema.

    2. Sesións de traballo nas prácticas de laboratorio. As actividades son propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contido, intencións, e os coparticipantes achegan á actividade as súas experiencias previas, o seu ámbito social e cultural, e as súas características individuais (formulacións ou esquemas sobre a sociedade, intereses persoais e profesionais, compromisos cuns valores, ideoloxía, etc.). Nelas propiciarase a implicación dos alumnos en tarefas de análise de medios, utilización dos soportes audiovisuais e informáticos e reflexión sobre as tecnoloxías da información e comunicación na educación infantil. Nestas sesións requírese a participación de forma continuada. Utilizarase un ámbito formativo en rede no cal se encontran os materiais de traballo das prácticas, materiais dixitais complementarios e os produtos que elaboran os alumnos. Para iso, é necesario que todos os alumnos teñan activado o seu correo electrónico da USC.

    Neste sentido, a materia procurará a combinación de ensinanza presencial e on-line (utilizando o Campus Virtual da USC e, no seu caso, outros posibles contornos virtuais de ensino e aprendizaxe e/ou redes sociais).

    Os créditos prácticos da materia materializaranse na realización de actividades nas sesións de práctica de laboratorio e en prácticas obrigatorias (presentadas en clase e que requiren unha dedicación fóra das sesións de prácticas) que se valorarán dentro do 40% de informes prácticos.

    Os alumnos que non poidan realizar as prácticas de laboratorio, en casos excepcionais e xustificados, reuniranse coa profesora na primeira semana do cuadrimestre e establecerán un plan de traballo individual. Neste plan será preciso seguir o ritmo das clases prácticas e realizar as tarefas empregando o ámbito formativo en rede. Tamén dispoñerán de titoría virtual.

    Os informes de prácticas entregásense na data prevista a través do ámbito de traballo en rede. As datas de entrega destes estableceranse na aula segundo o progreso nas actividades de aprendizaxe e informarase destas a través dun aviso no taboleiro informativo do ámbito de traballo en rede da materia.

    Asistencia a clases e control de asistencia
    Os alumnos deberán entregar á profesora a súa ficha nas primeiras semanas de clases.
    O programa inclúe clases teóricas e prácticas.
    . Os profesores levarán a cabo un control de asistencias dos seus alumnos ás súas clases. As faltas de asistencia xustificadas ás clases tanto teóricas coma prácticas non eximirán o alumno do cumprimento dos requisitos establecidos no programa. Se existe un impedimento á asistencia ás clases teóricas e/ou prácticas o alumno deberá comunicalo ás profesoras.
    . Dado o carácter colaborador das prácticas e a unión entre teoría e práctica, a "non asistencia" reiterada ás sesións prácticas -mesmo xustificada- que supón non participar nas actividades de aprendizaxe e tarefas deseñadas levará consigo a obriga de realizala individualmente, logo de negociación coa profesora e supervisión continuada destas.
    Sistema de evaluación
    A avaliación formal e a avaliación continua na nosa práctica únense no proceso de avaliación. A cualificación recolle o informe individual de progreso do alumno (tarefas realizadas nas prácticas de laboratorio e as prácticas obrigatorias), as observacións da profesora relacionadas coa práctica da aula e a proba de exame institucionalizada. As estratexias empregadas na avaliación continua, integrada de forma natural no ensino, están ligadas ás actividades da aula, ás propostas de traballo e son un rexistro do seguimento deste.
    Como pode observarse, despois da lectura da proposta metodolóxica, os alumnos terán realizado actividades diversas para as cales se propoñen dous tipos de avaliación:
    1. Avaliación formativa. Valorarase a participación do alumno en todas e cada unha das tarefas implicadas no seguimento continuo da materia: estudo dos materiais que fundamentan o traballo na aula, manexo e utilización de distintos medios, participación nas actividades da aula (preguntas e suxestións) e nas propostas de actividade fóra dela, seguimento continuo das clases teóricas e prácticas, asumindo as tarefas derivadas delas.
    2. Avaliación sumativa. Realizarase a través dun proba escrita a nivel individual e os informes das prácticas:
    A) Unha proba tipo exame (na data prevista no calendario oficial de exames) onde os alumnos serán avaliados cunha proba escrita e un caso de análise de material tecnolóxico (sobre o temario dos créditos teóricos e prácticos) que supoñerán unha combinación de cuestións teóricas con outras de análise e reflexión. Esta proba correspóndese co 50% da nota da materia e cualificaranse de 0 a 5. Para que a nota obtida se lle sume a nota das prácticas, o alumno deberá obter unha cualificación mínima de 2,5.
    B) Os informes escritos relativos ás prácticas obrigatorias e a valoración sobre o seguimento e participación en tarefas e actividades formuladas nos créditos teóricos e prácticos, supoñen un 50% da nota da materia e puntuaranse de 1 a 5. Para que a cualificación obtida se sume á da proba escrita, deberase obter polo menos unha puntuación de 2,5.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do estudante na convocatoria correspondente.
    A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, excepto nas actividades programadas de xeito coordinado.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Total de créditos da asignatura: 6 (3 teóricos e 3 prácticos)

    -Horas presenciais teóricas: 24 h.
    -Horas presenciais prácticas: 24 h.
    -Horas necesarias para a realización dos traballos da asignatura: 25 h.
    -Preparación do exame: 30 h.
    -Titorías (individuais e grupais): 6 h.
    -Asistencia ao exame: 3 h.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Constancia no traballo aos longo do semestre.
    - Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao alumno a orientación n o seu estudo por parte dos profesores e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades en grupo.
    - Seguimento e dedicación en todas as sesións interactivas. Velar pola calidade dos informes finais que se entregan.
    - Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación axeitada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante cos profesores).
    - Uso axeitado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).
    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE

    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.


    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:

    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.