Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121221 - Prácticum I. Vida de Aula e Tarefas do Profesorado (Practicum) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 321.00
  • Total: 321.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Historia da Arte, Historia da Arte, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Socioloxía, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Música, Historia da Arte, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Socioloxía, Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARREIRA CERQUEIRAS, EVA MARIA.NON
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD.NON
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN.NON
CARBALLO VICENTE, MARIA LUZ.NON
GARCIA MARIN, JORGE.NON
Marco Lopez, Aurora.NON
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE.NON
Rego Agraso, Laura.NON
Sanchez Castaño, Maria Teresa.NON
SANCHEZ RODRIGUEZ, MARIA HELENA.NON
ZABALZA BERAZA, MIGUEL ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Coñecer e analizar criticamente a vida nas aulas de Educación Infantil nas súas dimensións académica e social.
    - Coñecer na práctica cotiá como se desenvolven as funcións e tarefas propias do profesorado de Educación Infantil, como vivencian a súa profesión os docentes desta etapa e resolven os problemas e dilemas que xurden, e analizar o modelo didáctico posto en práctica polos profesionais da Educación Infantil observados.
    - Colaborar na realización das funcións e tarefas concretas propias do profesorado de Educación Infantil e reflexionar sobre o desenvolvemento das mesmas.
    - Valorar con sentido crítico o proceso de “aprender a ensinar” a partir da experiencia vivida no centro de prácticas.

    Contidos
    Os contidos organízanse en dous bloques:

    Aula: actividades, tarefas e grupo-clase.

    -Tarefas e vivencias do profesorado de Educación Infantil e documentos de planificación curricular.
    -Secuencias de actividades, interaccións, materiais, recursos e tarefas na aula de Educación Infantil.
    -O alumno de Educación Infantil: observación e análise.
    -Modelos didácticos e estilos docentes do profesorado de Educación Infantil e o seu reflexo na práctica cotiá.
    -Coñecemento profesional e resolución de problemas prácticos do profesorado de Infantil.
    -A organización da xornada escolar e do ambiente nas aulas de Educación Infantil
    -Historia, estructura, funcionamento e convivencia do grupo-clase.
    -Procesos e dinámicas de ensinanza-aprendizaxe en diferentes espacios en Educación Infantil.

    Proceso de aprendizaxe da ensinanza.

    -Tarefas de aprendizaxe do profesor e proceso de socialización profesional nas aulas de Educación Infantil .
    -A relación aprendiz-titor e aprendiz-alumnado de Educación Infantil e desenvolvemento do coñecemento profesional.
    -A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas nas teorías persoais, nas expectativas afectivas e sociais, e na interpretación da realidade observada e nas accións docentes emprendidas na aula.
    -Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nas escolas de Educación Infantil.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básicas: *

    A)Sirven referencias doutras materias da carreira.

    B) Referencias xerais sobre Practicum:
    • Actas Congresos Internacionais sobre o Practicum organizadas polo Departamento de Didáctica e Organización Escolar. Tamén:
    CONTRERAS, J. (1987): “De estudiante a profesor. Socialización y aprendizaje en las prácticas de enseñanza”. En Revista de Educación, 282, pp. 203-231.
    GONZÁLEZ SANMAMED, M. y FUENTES ABELEDO, E. (2011): “El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente”. En Revista de Educación, 354, pp. 47-70.
    • Para o contexto galego e outros:
    * FUENTES ABELEDO, E. (2011): Documento Marco para o desenvolvemento do Practicum das titulacións de Mestre. Comisión de Practicum da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Documento policopiado.
    FUENTES ABELEDO, E. (2009). “Formación de maestros y Practicum en el contexto de cambio curricular desde la perspectiva de la convergencia europea”. En Raposo Rivas, M. et al. (Coord.) (2009): El Practicum más allá del empleo. Formación vs. Training. Actas del X Symposium Internacional sobre Practicum y Prácticas en empresas en la formación universitaria. Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela, pp. 103-124.
    FUENTES ABELEDO, E. y GONZÁLEZ SANMAMED, M. (1997): “Influencia de los tutores en el desarrollo de las prácticas escolares”. En Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado. 1(0). Disponible en http://www.uva.es/aufop/publica/actas/viii/practica.htm.
    GONZÁLEZ SANMAMED, M. e FUENTES ABELEDO, E. (1998): Las Prácticas Escolares en la formación del profesorado: análisis y propuestas. Lugo, Servicio de Publicacións da Diputación Provincial de Lugo.
    KHORTAGEN, F.A. ; LOUGHRAN, J. y RUSSELL, T. (2006): “Developing fundamental principles for teacher education programs and practices”. Teaching and Teacher Education, 22(8), pp. 1020-1041.
    ZABALZA, M. (2006): “El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones”. En ESCUDERO, J.M. y LUIS GÓMEZ, A. (Ed.): La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, pp. 311-334.

    C) Ligadas a actividades do Practicum I:
    *DÍEZ NAVARRO, C. (1995): La oreja verde de la escuela. Trabajo por proyectos y vida cotidiana en la escuela infantil. Madrid, Ediciones de la Torre.
    FUENTES ABELEDO, E. (1998): O ensino en Educación Infantil: perspectivas do profesorado. Santiago de Compostela, Tórculo Edicións.
    * FUENTES ABELEDO, E. (2003a) : "El diario escolar: un recurso para la investigación del profesorado". En Padres y Maestros, 275, pp. 33-40.
    * FUENTES ABELEDO, E. (2003b): "Recogida e información en el aula e investigación del profesorado". En Padres y Maestros, 276, pp. 34-39.
    FUENTES ABELEDO, E., "El análisis del curriculum en el aula". En Padres y Maestros 283, pp. 35-39.
    FUENTES ABELEDO, E. (2004): “Supervisión clínica y colaboración entre profesores”. En Padres y Maestros, 280, pp. 35-39.
    *GIMENO SACRISTÁN, J. (1988) "El currículo en la acción. La arquitectura de la práctica". En GIMENO, J. : El currículum: una reflexión sobre la práctica. Madrid, Morata, pp. 240-338.
    GONZÁLEZ SANMAMED, M. (1994): Aprender a enseñar: mitos y realidades. A Coruña, Servicio de Publicacións da Universidade de A Coruña.
    * GONZÁLEZ SANMAMED, M. (1995): "¿Cómo enseñan y aprenden a enseñar los futuros profesores? Análisis de los procesos del aula". En Investigación en la Escuela, 25, pp. 27-42.
    JACKSON, W. (1975): La vida en las aulas. Madrid, Morata.
    MONTERO, L. (1985): La realidad del aula vista por los futuros profesores. Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago.
    PERRENOUD, Ph. (2004): Desarrollar la práctica reflexiva. Profesionalización y razón pedagógica. Barcelona, Graó.
    SCHON, D.A. (1998): El profesional reflexivo: cómo piensan los profesionales cuando actúan. Barcelona, Paidós.
    *ZABALZA, M.A. (1987): Didáctica de la Educación Infantil. Madrid, Narcea.

    Competencias
    Competencias xerais:
    Todas as que corresponden á titulación e que aparecen la lista que ven a continuación. Pero poñendo énfase para este Practicum I nas competencias: G.1., G.2., G.4., G.6., G.8., G.11., G.12.
    G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil..
    G.2.- Promover e facilitar as aprendizajes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións, cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    G.3.- Deseñar e regular espacios de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudiantes, á igualdade de xénero, á equidade e ó respecto ós dereitos humanos.
    G.4.- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
    G.5.- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto ós demáis. Promovela autonomía e a singularidade de cada estudiante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
    G.6.- Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contexto multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas expresión.
    G.7.- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
    G.8.- Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desarrollos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe, e de construcción da personalidade na primeira infancia.
    G.9.- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose ós cambios científicos, pedagóxicos e sociais ó longo da vida.
    G.10.- Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no periodo 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e na relación coa familia de cada estudiante e co conxunto das familias.
    G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar no labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudiantes.
    G.12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan ós colexios de educación infantil e ós seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación ós centros educativos.

    Competencias específicas:

    Todas as que aparecen no listado que se presenta a continuación pero poñéndose énfase neste Practicum I nas competencias específicas E.59, E.62 e E.65 ademáis de iniciarse na E. 63 colaborando co titor da escola.

    • E. 59: Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
    • E. 60: Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
    • E. 61: Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en particular da ensinanza e aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
    • E. 62: Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
    • E. 63: Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica.
    • E. 64: Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poden establecer nun centro.
    • E. 65: Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudiantes de 0-3 anos e de 3-6 anos (para Mestre en Educación Infantil) e de estudiantes de 6-12 anos (para Mestre en Educación Primaria).
    • E. 66: Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do entorno social.



    Competencias básicas:

    B.1.- Que os estudiantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.

    B.2.- Que os estudiantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudio.

    B.3.- Que os estudiantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

    B.4.- Que os estudiantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.

    B.5.- Que os estudiantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesaria para
    emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía.

    Competencias transversais:

    T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T.4.- Competencia informacional.

    Metodoloxía da ensinanza
    O Practicum I supón unha primeira aproximación á vida das aulas de Infantil observando e analizando as tarefas do profesorado, as interaccións na aula, e outros aspectos da práctica cotiá, así como a colaboración co titor e a reflexión sobre os procesos implicados na aprendizaxe da profesión docente.
    As actividades desenvolveranse tanto na Facultade de Ciencias da Educación planificadas e coordinadas fundamentalmente por profesorado universitario como, durante a maior parte do tempo, no centro en que se realice a estancia de prácticas. Nas escolas serán os titores da mesmas os que teñan a maior responsabilidade no seu deseño e realización.
    O desarrollo das actividades pode realizarse mediante diferentes agrupamentos e se desenvolverá en diferentes fases: preparatoria, experiencia de campo con seguimento e apoio , e reflexión e avaliación final.
    A fase de preparación con varias horas de traballo presencial e autónomo por parte do alumnado abordará a presentación dos contidos en relación co itinerario xeral formativo dos futuros mestres e mestras. Comentarase a estructura organizativa que sustenta o programa de Practicum I e ofreceranse pautas e exemplos concretos para o desenvolvemento das actividades nos centros seguindo un documento-guía que o alumnado lerá previamente nas súas horas de traballo autónomo.
    Proporcionaranse instrumentos, orientacións e información detallada para realizar as observacións e outras actividades en torno á vida da aula e ás tarefas do profesorado como foco prioritario de atención, e ó proceso de aprendizaxe da ensinanza. Nesta fase desenvolveranse tanto actividades expositivas como estudio de casos e incidentes críticos, debate, práctica controlada, etc. nas horas presencias, acompañadas de actividades de traballo autónomo (lectura e análise de documentos, práctica independente, etc.).
    As actividades citadas terán un valor importante para o desenvolvemento da competencia E.62 centrada en potenciar que o alumnado sexa capaz de “relacionar teoría e práctica coa realidade da aula” e favorecendo a “reflexión sobre a práctica” á que fai referencia a competencia E.63.
    A fase de experiencias de campo implica varias semanas de estancia en centros escolares públicos o privados, seguindo a xornada habitual dun profesor. Durante o tempo presencial o alumnado en prácticas realizará unha parte fundamental das actividades en torno á vida de aula e tarefas do profesorado. Levará a cabo unha recollida de datos da realidade educativa a través de diferentes técnicas e colaborará nas tarefas docentes co seu profesor titor. Nas horas de traballo autónomo centrarase na análise e interpretación desa realidade e do seu propio proceso de aprendizaxe e en actividades ligadas á colaboración na realización das tarefas docentes. O titor do centro realiza unha función fundamental axudando nas actividades citadas.
    Estas actividades son fundamentais para o desenvolvemento das competencias ligadas ó Practicum I, sobre todo ó observar e analizar como as realiza un profesor con experiencia. Por iso permite apoiar sobre todo o desenvolvemento das competencias E.59, E.60, E.61, E.63 e E.65. O supervisor universitario realizará o seguimento e apoio en relación coa aprendizaxe da ensinanza, tanto en sesións grupais como en titorías máis individualizadas e servíndose das novas tecnoloxías, favorecendo sobre todo a reflexión arredor das competencias anteriores e da competencia E.62 relacionando teoría e práctica.
    A fase final e de reflexión integra sesións de apoio para a elaboración da memoria final , discusión da mesma e reflexións sobre o proceso de aprender a ensinar e o traballo nas escolas. O profesor da universidade terá nesta fase un papel fundamental axudando no proceso de reflexión e concreción do informe final, favorecendo fundamentalmente o desenvolvemento da competencia E.62 e a análise da adquisición das demais competencias apoiando a reflexión do futuro profesor en canto ó se seu nivel de competencia, lagoas e estratexias de superación das mesmas.

    Sistema de evaluación
    Tendo en conta os obxectivos, contidos e competencias deste Practicum I, o sistema de avaliación constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:

    a)Realización de tarefas en relación coa aprendizaxe da profesión docente según a valoración do titor do centro escolar e/ou do supervisor universitario: 30%.
    b)Informe escrito e outras produccións (“Memoria de Prácticas”) según valoración do supervisor universitario: 60%.
    c)Participación activa nas actividades de preparación, seguimento e reflexión: 10%

    Para superar a materia Practicum I serán condicións necesarias:
    • A valoración positiva do titor do centro escolar e a asistencia regular á escola durante o período de prácticas.
    • A participación nas sesións de preparación, seguimento e reflexión.
    • A valoración positiva da Memoria de Prácticas.

    A responsabilidade última da avaliación do alumnado corresponde ó profesor supervisor universitario. Este, para emitir un xuízo, analizará a calidade dos diferentes apartados do Informe (Memoria) e terá en conta a avaliación feita polo titor do centro, así como a participación activa nas sesións de preparación, seguimento e avaliación.
    Como criterio de avaliación, valoraranse non tanto as simples descricións do observado e vivido, como os comentarios e reflexións críticas que se fagan, os comentarios e valoracións sobre as relacións teoría-práctica , así como as aprendizaxes en relación coa realización de tarefas docentes. Os traballos presentados deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.

    PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 14-15 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O seguinte cadro reflicte a distribución dos créditos ECTS desta materia establecidos na Memoria de Grao:
    Horas presenciais (de preparación, estancia nos centros, seguimento e reflexión): 195.
    Horas de traballo autónomo: 105.
    Total horas adicación á materia: 300.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter adquiridas as competencias mínimas relacionadas coas materias ligadas máis directamente coa observación e comprensión da vida de aula e as tarefas do profesorado.
    As Prácticas desenvólvense nun contexto laboral onde é preciso comportarse axeitadamente, mostrar espíritu de iniciativa e dispoñibilidade para colaborar cos profesionais do centro, reflexionar sobre o que acontece, e rigor e compromiso ético tanto na recollida de datos sobre a realidade e na súa análise e interpretación, como no desenvolvemento de tarefas docentes colaborando cos titores. As sesións co supervisor universitario son tamén de gran importancia para axudar na reflexión e establecer pontes entre a teoría e a práctica.
    A estancia nos centros preséntase como unha oportunidade para crecer como persoa e profesional, analizando fortalezas e debilidades. Para isto é preciso mostrarse aberto e disposto á realización das tarefas pertinentes, establecer un plan de traballo dende o comezo da fase de preparación das prácticas, e cumprir os prazos establecidos para a realización das actividades e a entrega da Memoria final.