G3121222 - Aprendizaxe da Lingua Oral (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaConceptuais(SABER)
-Conseguir que os alumnos sexan capaces de achegarse con interese á Linguaxe Infantil e ás súas particularidades.
-Levar aos alumnos ao convencemento de que a Linguaxe Infantil é a base de todo o desenvolvemento do neno e facelos conscientes da súa importancia.
-Coñecer os fundamentos lingüísticos, psicolingüísticos e didácticos da aprendizaxe das linguas.
-Coñecer o desenvolvemento da linguaxe na etapa da Educación Infantil e deseñar estratexias didácticas orientadas ao enriquecemento das competencias comunicativas.
Procedimentales (SABER FACER)
-Aprender a identificar as distintas variables e contextos que inflúen no desenvolvemento lingüístico do neno.
-Saber utilizar o xogo como principal recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
-Ser capaz de deseñar, aplicar e avaliar actividades e materiais que fomenten a creatividade infantil.
- Utilizar o coñecemento desta materia como ferramenta da intervención e estimulación da comunicación lingüística.
-Favorecer hábitos de achegamento nos nenos de face á iniciación na lectura e a escritura.
Actitudinais (SABER SER)
-Espertar nos estudantes o interese por coñecer a creatividade e a expresividade do fala dos nenos.
-Potenciar o desenvolvemento de valores talles como: respeto, espírito crítico, comprensión, tolerancia tanto na súa formación inicial como ao longo do seu desenvolvemento profesional.
-Promover unha actitude positiva cara á súa formación permanente como educadores infantís.
-Fomentar hábitos de traballo favorecedores da participación, a colaboración cos compañeiros no traballo diario de aula.
Contidos1.- Etapas da adquisición da linguaxe:
- Primeira maduración da linguaxe: Fenómenos transicionales no acceso á linguaxe.
- A Etapa ou O nivel Prelingüístico: desde o nacemento ata os seis meses. A etapa do balbuceo.
- A Etapa Lingüística.
2.-Teorías sobre adquisición, ensino-aprendizaxe da lingua oral e investigacións actuais.
3.- A lingua oral. Técnicas para desenvolver e perfeccionar a comprensión e a expresión oral así como actividades que a favorezan.
4.- -Desenvolvemento dos compoñentes da linguaxe e coñecemento das técnicas necesarias para un idóneo desenvolvemento dos mesmos.
5.- Dificultades da lingua oral.
6.- A adquisición e aprendizaxe das linguas en contextos bilingües.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica:
Aguado, G. (1995): El desarrollo del lenguaje. Madrid. Cepe.
Bronckart, J.P. (1985): Teorías del lenguaje. Barcelona. Herder.
Cooper, J. (1982): Métodos para favorecer el uso del lenguaje. Barcelona. Ed. Médica y Técnica.
López Morales, M. (1984):Enseñanza de la lengua materna. Madrid. Playor.
Monfort, M.(1989): El niño que habla. Madrid. Cepe.
Robert, E. y Owens,S. (2003): Desarrollo del lenguaje. Madrid. Ed. Pearson.
Vigotsky,L.S. (1977): Pensamiento y Lenguaje. Buenos Aires: Ed. La Pléiade.
Bibliografía complementaria:
Aimerich, C. y A. (1988): Para un lenguaje expresivo del niño.Barcelona. Nova Terra.
Aller Martinez y Aller García, C.: Juegos y actividades del lenguaje oral.Procesos didácticos. Alcoy (Alicante) Ed. Marfil.
Badía, D. y Vila, M. (1992): Juegos de expresión oral y escrito. Barcelona. Ed. Cereo.
Bermejo: Desarrollo Cognitivo. Madrid. Síntexis.
Bruner,J. (1986): El habla del niño. Barcelona. Paidós.
Cervera, J.(1996): "La lengua oral en la Educación Infantil" en Lenguaje y textos, 9,pp.9-22.
Clark, R.A.(1096): La transición de la acción al gesto. En A. Pernat.
Cortés, M. y Vila, I.(1991): Uso y funcíón de las formas temporales en el habla infantil. En Infancia y aprendizaje, 53,pp.17-43.
Dale,P.(1980): Desarrollo del lenguaje. México. Trillas.
Fernández,S ((1984): Conquista del lenguaje oral y ciclo preparatorio. Madrid. Narcea.
Garvey,C. (1987): El habla infantil.Madrid. Morata.
Hernández Pina,F. (1990): Teorías psicolingüísticas y su aplicación a la adquisición del español como lengua materna. Madrid. Ed. Siglo XXI.
Lentin,L. (1987): Enseñar a hablar. Madrid. Ed. Pablo del Río.
López Morales,M. (1984). Enseñanza de la lengua materna. Madrid. Playor.
Reyzabal, M.V. (1993): La comunicación oral y su didáctica. Madrid. Ed. La Muralla.
Robert,E. y Owens,S.(2003): Desarrollo del lenguaje. Madrid. Ed. Pearson.
Siguan,M. (1991): Didáctica de la Lengua. ICE Universidad de Barcelona.
Siguan,M. (1991): Estudios sobre psicología del lenguaje infantil. Barcelona. Ed. Pirámide.
Taug,S. (1987): El lenguaje oral en la escuela. MEC. Ed. Visor.
Tauret (1974): Lenguaje y pensamiento en preescolar. Madrid. Ed. Narcea.
Vila, I. (1990): Del gesto a la palabra: una explicación funcional. En Psicología evolutiva, 2. Madrid. Alianza.
CompetenciasXenerais:
-Coñecer os obxetivos, contidos curriculares e criterios de evaluación da Educación Infantil.
-Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia.
-Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
-Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptandose ós cambios científicos, pedagóxicos e sociais ó longo da vida.
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a función docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
-Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncions e garantir a súa correcta evolución.
Específicas:
-Capacidade de familiarizarse coa Linguaxe Infantil.
-Habilidade de recoñecer a Linguaxe Infantil en relación co desenvolvemento do neno.
-Capacidade de recoñecer, comentar, estudar os fundamentos lingüísticos, psicolingüísticos e didácticos de linguas.
-Habilidade para a creación de diferentes técnicas, xogos e exercicios de face a desenvolver unha competencia de lingua oral no neno.
-Habilidade para deseñar estratexias didácticas orientadas a un maior enriquecemento das competencias comunicativas.
-Capacidade para aplicar técnicas e exercicios para lograr unha produción correcta dos sons españois, así como para o ensino do vocabulario no aula e un correcto desenvolvemento morfo-sintáctico.
-Habilidade para recoñecer e valorar o uso axeitado da linguaxe verbal e non verbal.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía utilizada está orientada á adquisición das competencias descritas.
A proposta metodológica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e o autoaprendizaxe.
Nas clases expositivas realizarase unha presentación e explicación dos temas, darase unha visión global dos contidos dos mesmos.
Nas clases interactivas intentarase profundar en aspectos concretos das clases teóricas ou expositivas.
Desenvolveranse a partir da análise de situacións e lecturas de textos para complementar e ampliar as exposicións do profesor e que o alumno terá que traballar, individualmente, baixo a supervisión do profesor.
As tutorías serán utilizadas para resolver os problemas ou dificultades que se poidan expor aos estudantes;tamén para orientar os traballos, as lecturas, as exposicións, etc.
Sistema de evaluaciónA USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da facultade, os alumnos poderán solicitar exención de docencia.
Nestes casos, o alumnado debe ponerse en contacto coa profesora para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
A avaliación do curso realizarase tendo en conta o seguinte:
- 60% da cualificación obterase dos resultados dunha proba ou exame sobre os contidos impartidos nas clases expositivas.
- 40% será das clases interactivas ou prácticas de seminarios: avaliarase os comentarios escritos, orais, solicitados polo profesor, e terán un carácter obrigatorio.Estes comentarios serán de textos propostos en clase e de propostas concretas formuladas. A asistencia a estas clases será tamén obrigatoria.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso realizar no prazo fixado todas as actividades de avaliación especifícadas, así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou en grupo dos estudantes deberán ser orixinais.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia comprende un total de 51 horas de clases presenciais, que están distribuídas en clases expositivas en grupo de clase completo, actividades grupales en seminarios, estudos sobre casos prácticos, orientación de traballos e tutorías, así como a realización dunha proba exame de 2 horas.
Considérase necesario dedicar por parte do alumno unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ó estudante a orientación na súa formación por parte da profesora e a guía necesaria para abordar as actividades.
- Participación activa nas clases interactivas, elaborando por escrito, e persoalmente, os traballos de comentarios sobre textos, artigos, ou situacions concretas propostos polo profesor.