G3121321 - Aprendizaxe da Matemática (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica da Matemática
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Infantil e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.
- Adquirir unha formación matemática básica que capacite ao alumnado para levar a cabo o seu futuro labor docente.
- Coñecer as principias teorías sobre o desenvolvemento dos conceptos matemáticos no neno.
- Manexar materiais e recursos para a ensinanza-aprendizaxe da matemática en Educación Infantil.
ContidosTemas a desenvolver:
1. A MATEMÁTICA NA EDUCACIÓN INFANTIL
2. A CONSTRUCIÓN DO COÑECEMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO:
· Características do coñecemento lóxico-matemático.
· Adquisición de estruturas lóxico-matemáticas en Educación Infantil.
3. COÑECEMENTOS ACERCA DO NÚMERO:
· O concepto de número natural.
· Adquisición do concepto de número.
· Sistemas de numeración. O sistema de numeración decimal.
· Operacións aritméticas e algoritmos.
4. INICIACIÓN Á MEDIDA:
· Noción de magnitude e medida.
· Unidades e instrumentos de medida.
· Medida directa e indirecta.
5. A CONSTRUCIÓN DO ESPAZO:
· Relacións espaciais.
· Aproximación ás nocións topolóxicas.
· Corpos no espazo e figuras planas.
6. RECURSOS E MATERIAIS DIDÁCTICOS NA ENSINANZA-APRENDIZAXE DA
MATEMÁTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL
Bibliografía básica e complementaria- ALSINA, C. e outros (1989). Invitación a la didáctica de la geometría, Síntesis
- BAROODY, A. (1988) El pensamiento matemático de los niños, Visor, Madrid.
- BRISSIAUD, R., (1993) El aprendizaje del cálculo, Visor, Madrid.
- CANALS, Mª A.,(2009) Los dossiers de María Antonia Canals, Associació de Mestres Rosa Sensat.
- CASCALLANA, M. T. (1988) Iniciación a la matemática: Materiales y recursos didácticos. Santillana,
.- CASTRO, E. e outros (1987) Números y operaciones, Síntesis, Madrid.
- CHAMORRO, C. e BELMONTE, J. (1988) El problema de la medida, Síntesis, Madrid.
- CHAMORRO, C.(2005) Didáctica de las matemáticas para Educación Infantil, Pearson Educación,
- DICKSON, L. e outros (1991) El aprendizaje de las matemáticas, Labor,
- DIENES, Z. P. (1971) Cómo utilizar los bloques multibase, Teide, Barcelona
- FERNÁNDEZ BRAVO, J. A.(1995) Didáctica de las matemáticas en Educación Infantil, Ediciones Pedagógicas,
- GÓMEZ, B.(1988) Numeración y cálculo, Síntesis, Madrid,
- KAMII, C.(1986) El número en la educación preescolar, Visor
- KOTHE, S. (1987) Cómo utilizar los bloques lógicos de Z. P. Dienes, Teide, Barcelona,
- LAHORA, C., Actividades matemáticas con niños de 0 a 6 años, Narcea.
- LOVELL, K. (1982) Desarrollo de los conceptos básicos matemáticos y científicos en los niños, Morata, Madrid,
- MARTÍNEZ, A. e RIVAYA, F. J. (1989) Una metodología activa y lúdica para la enseñanza de la geometría, Síntesis, Madrid.
- MAZA, C. (1991) Enseñanza de la suma y de la resta, Síntesis, Madrid.
- NCTM, (2003) Principios y Estándares para la Educación Matemática, Sociedad Andaluza de Educación Matemática Thales,
- ORTON, A.(1996) Didáctica de las Matemáticas, Morata.
- PARRA, C. (2007) Enseñar aritmética a los más chicos : de la exploración al dominio. Homos Sapiens. México.
- SANZ, I.; ARRIETA, M. e PARDO, E. (1988) Por los caminos de la lógica. Síntesis. Madrid
- SAUVY, J. e S. (1980) El niño ante el espacio: Iniciación a la topología intuitiva, Pablo del Rio,
CompetenciasCompetencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Competencias xerais (G):
G1. Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
G3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación das normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
G11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos estudantes.
Competencias específicas (E) da materia:
E33. Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E34. Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico.
E35. Comprender as matemáticas como coñecemento sociocultural.
E41. Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
Competencias transversais(T):
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo de laboratorio.
As actividades formativas en grupo expositivo están concibidas para presentar o itinerario formativo que se seguirá e desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes (ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado). O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as
seguintes competencias: G1, G11; E33, E41; T2, T3. En particular, estarán dirixidas principalmente á adquisición das seguintes aprendizaxes:
- Comprender os conceptos matemáticos que forman parte da matemática escolar, en especial os directamente involucrados na etapa de Educación Infantil.
- Corrixir posibles concepcións erróneas do futuro profesorado sobre as matemáticas escolares.
- Coñecer teorías acerca do desenvolvemento dos conceptos matemáticos no neno.
As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requirirán unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G11; E34, E35, E41; T2, T3). Procuraranse, entre outras, as seguintes aprendizaxes:
- Experimentar o modo de facer das matemáticas.
- Reflexionar sobre as implicacións didácticas que supoñen determinados aspectos epistemolóxicos das matemáticas.
- Coñecer materiais para a ensinanza-aprendizaxe da matemática en Educación Infantil.
- Tomar contacto con diversas investigacións que se están levando a cabo sobre o tratamento da matemática en Educación Infantil.
Así mesmo, o alumnado poderá acudir ás sesións de titoría programadas no horario da materia, para ser atendido individualmente ou en grupos moi reducidos tratando de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias G3, G11; E34, E35, E41; T2, T3 .
Sistema de evaluaciónA avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte 1:
A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G1, G3, G5, G11, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3, T2, T3): 10%
B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G3, G5, G11, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3, T2, T3): 30%
C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G11, E33, E34, E35, E41, T2, T3 B1, B2, B3, B4, T2, T3): 10%
Parte 2:
D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, E33, E34, E35, E41, B1, B2, B3): 50%
Para superar a materia será necesario:
- Superar as dúas partes
- Que a suma das cualificacións obtidas nas dúas partes sexa igual ou superior a 5.
Para obter cualificación positiva no apartado (A) será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. De ser o caso, o profesorado da materia informará oportunamente ao alumnado con dispensa de asistencia da alternativa de avaliación correspondente no seu caso.
Os apartados (B) e (C) avaliaranse basicamente por medio de:
- Distintas actividades propostas ao alumando durante o transcurso da materia, a elaborar e presentar nas sesións interactivas.
- Un traballo en grupo sobre recursos ou estratexias para a ensinanza da matemática en Infantil, a presentar nas sesións do grupo interactivo no tramo final do semestre
A asistencia a polo menos o 50% das sesións presencias poderá ser requisito para poder presentar ditos traballos. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.
O apartado (D), parte 2, consistirá nun exame ou exames escritos con distintas cuestións sobre os coñecementos de matemáticas e da súa didáctica traballados na materia.
Convocatoria de xullo:
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á convocatoria de xullo só terá dereito a realizar a proba final, manténdonselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados.
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
Actividade expositiva
Práctica en grupo clase
Presentación dun plan de traballo
Realización de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
Resolución de problemas
Estudo de casos
Debates
Proxectos e traballos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
Reflexión traballo grupo
Discusión de proxectos
HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
Lectura de documentos
Estudo
Preparación de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
Lectura de documentos
Preparación de presentacións
Busca de información complementaria
Reflexión en pequenos grupos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
Resolución de dúbidas
Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
O alumnado que necesite dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu).
ObservaciónsO alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesor da materia a través das titorías e o correo electrónico, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma.