Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121322 - Iniciación á Lectura e a Escritura (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANCHEZ RODRIGUEZ, MARIA HELENA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-García D)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (García E-O)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (P-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecer e comprender que ensinar e aprender de lectura e escritura e como ensinar e aprender estas.
    2. Capacitar no uso adecuado de destrezas comunicativas comprensivas e expresivas en situacións de comunicación, e con especial fincapé na lectura e escritura.
    3. Promover coa lectura e escritura a construción do coñecemento e a capacitación profesional.
    4. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación nas aulas, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un ambiente que facilite a aprendizaxe da lectura e a escritura e a convivencia na aula.
    5. Promover, desenvolver e adquirir actitudes, hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa.
    6. Participar na actividade docente e aprender facendo e reflexionando desde a propia práctica sobre outras situacións de ensino e aprendizaxe da lectura e escritura nas aulas.
    7. Desenrolar a curiosidade, a iniciativa persoal, a creatividade e o sentido crítico.
    8. Deseñar, seleccionar, utilizar e avaliar materiais didácticos para os procesos de ensino e aprendizaxe da lectura e escritura.
    9. Deseñar, planificar, controlar e avaliar a actividade docente, a aprendizaxe da lectura e escritura e os procesos de aprendizaxe da mesma, mediante o dominio de estratexias e técnicas necesarias.


    Contidos
    I. Teorías sobre a lingua e sobre a aprendizaxe. Enfoques e métodos máis representativos no ensino e aprendizaxe das destrezas comunicativas comprensivas e expresivas.
    II. Competencia comunicativa en contextos sociais. Ensino e aprendizaxe da lectura e da escritura.
    III. Lingua escrita. Desenrolo das capacidades de lectura e produción textual.
    IV. Actividades e estratexias para o desenrolo da adquisición e comprensión da lectura, e da expresión, interacción e mediación escrita.
    V. Principios teóricos e metodolóxicos que contribúen á cooperación e o logro da autonomía persoal.
    V. Modelos de planificación para afrontar a aprendizaxe da lectura e escritura e a capacitación profesional en situacións reais ou simuladas.
    VI. A avaliación e a súa importancia na aprendizaxe. Avaliación da capacitación do alumno ou alumna en lectura e escritura, da practica educativa e da competencia profesional durante o proceso de ensino e aprendizaxe.

    Bibliografía básica e complementaria
    ABRIL M. (2004). Enseñar lengua y literatura: comprensión producción de textos. Málaga: Aljibe.
    ACOSTA, V. (1996). La evaluación del lenguaje. Málaga: Aljibe.
    ALSINA, P. et al. (2009). 10 ideas clave. El aprendizaje creativo, Barcelona: Graó.
    ÁLVAREZ, T. (2010). Competencias básicas en escritura. Barcelona: Octaedro.
    ARNAIZ P.; RUIZ M. S. (2001). La lecto-escritura en la educación infantil. Unidades didácticas y aprendizaje significativo. Aljibe: Málaga.
    BAQUÉS, M. (2005). 600 juegos para Educación Infantil. Actividades para favorecer el aprendizaje de la lectura y la escritura. Barcelona: ediciones CEAC.
    BLOOM, H. (2009). Cuentos y cuentistas. El canon del cuento, Madrid: Páginas de Espuma.
    BOU, G. (2001). Iniciación a la poesía, Barcelona: Octaedro.
    BIGAS, M.; CORREIG, M. (editoras) (2001): Didáctica de la Lengua en Educación Infantil. Madrid: Síntesis.
    BRASLAVSKY, B. (2005). Enseñar a entender lo que se lee. Buenos Aires: FCE.
    CAIRNEY, T. H. (1992) Enseñanza de la comprensión lectora. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
    CAMPS, A.; MILIÁN, M. (Coords.). (2008). Investigación sobre la educación lingüística y literaria en entornos plurilingües, Barcelona, Graó.
    CASSANY, D. (2006). Tras las líneas sobre lectura crítica. La lectura crítica. Barcelona: Anagrama.
    DURÁN, T. (2002). Leer antes de leer, Madrid: Anaya.
    FONS, M. (2004). Leer y escribir para vivir. Alfabetización inicial y uso real de la lengua escrita en la escuela. Barcelona: Graó.
    FORNER, A. (1995). La comunicación no verbal. Actividades para la escuela. Barcelona: Graó.
    GILLANDERS, C. (2005). Aprendizaje de la lectura y la escritura en los años preeescolares: manual del docente. México: Trillas.
    FREIXAS, L. (1999). Taller de narrativa. Madrid: Anaya.
    GALVE, J. L. (2007). Evaluación e Intervención en los Procesos de la Lectura y la Escritura. Madrid: Ed. EOS.
    GARCÍA, P. (2011): Educación literaria y escritura creativa, Granada, Fundación Universitaria de Granada.
    GARCÍA, J. A. (2006) Lectura y conocimiento. Barcelona: Paidós.
    GARCÍA, C.; ARRANZ, M. (2011). Didáctica de la educación infantil. Madrid: Paraninfo.
    GONZÁLEZ, C. (2003) Enseñanza y Aprendizaje de la lengua en la escuela infantil. Málaga: Grupo Editorial Universitario.
    GONZÁLEZ, A. (2004) Estrategias de comprensión lectora. Madrid: Síntesis.
    GONZÁLEZ, R. M. (2002) Poder escribir. Programa de entrenamiento de los procesos cognitivos de la escritura. Madrid: EOS.
    GUERRERO, P.; LÓPEZ, A. (1998) El taller de lengua y literatura. Madrid: Bruño.
    JIMÉNEZ, J. E.; ORTIZ, M. R. (2000). Conciencia fonológica y aprendizaje de la lectura: teoría, evaluación e intervención. Madrid: Síntesis.
    JOVER, G. (2007). Un mundo por leer. Educación, adolescentes y literatura, Barcelona: Octaedro.
    LOMAS, C., OSORO, A.; TUSÓN, A. (1993). Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua. Barcelona: Paidós.
    LÓPEZ A., ENCABO E. (2001). El Desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    MARTÍN PERIS, E. (2004). «¿Qué significa trabajar en clase con tareas comunicativas?» En redELE.
    MERCER, N. (1997). La construcción guiada del conocimiento. El habla de profesores alumnos. Barcelona: Paidós
    MOLINA, M. J.; GÓMEZ E. (2010). Lectura y expresión oral: guía práctica para maestros de educación infantil. Madrid: CCS.
    MONEREO, C.; CASTELLÓ, M. (1997). Las estrategias de aprendizaje. Barcelona: Edebé
    MORENO, V. (2004). Lectores competentes. Madrid: Anaya.
    OWENS, R. E. (2001). Desarrollo del lenguaje. Madrid: Pearson
    PÉREZ, P.; ZAYAS, F. (2008). Competencia en comunicación lingüística. Madrid: Alianza Editorial.
    QUENEAU, R. (1995). Exercicios de estilo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
    RODARI, G. (2010). Gramática da fantasía: introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka.
    RODRÍGUEZ, A. (2009): El texto infinito (Ensayos sobre el cuento popular), Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
    SANMARTÍ, N. (2007). 10 ideas clave: evaluar para aprender. Barcelona: Graó.
    SÁNCHEZ, E.; SOLÉ, I. Avanzando en la lectura: acuerdos, contrastes y propuestas. Revista Aula de Innovación Educativa, 179, 60-65.
    SÁNCHEZ E., GARCÍA, J.; ROSALES, J. (2010). La lectura en el aula. Barcelona: Graó.
    SMITH, F. (2001). Para darle sentido a la lectura. Madrid: Visor.
    SOLÉ, I. (1995). Estrategias de lectura. Barcelona: Graó.
    SUÁREZ, J. M. (2004). El aprendizaje autorregulado. Madrid: UNED
    TEBEROSKY, A; SOLER, M. (2003): Contextos de alfabetización inicial. Barcelona: Horsori.
    TEIXIDOR, E. (2007). La lectura y la vida. Cómo incitar a los niños y a los adolescentes a la lectura. Una guía para padres y maestros. Barcelona: Ariel.
    VIGOTSKY, L. S. (1977). Pensamiento y lenguaje. La Pléyade: Buenos Aires.
    VV. AA. (2007). Las competencias lectoras”. Monográfico de Aula de Innovación Educativa, núm. 162.

    Competencias
    XERAIS (G1, G2, G6, G9, G11)

    G1. Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.

    G2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva global e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotriz e volitiva.

    G6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posíbeis disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.

    G9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.

    G11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelas nos alumnos e alumnas.

    ESPECÍFICAS (E42, E43, E44, E.45, E 46, E47, E49, E50, E51)

    E42. Coñecer o currículo de lingua e lectura e escritura desta etapa, así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.

    E43. Favorecer as capacidades de fala e de escritura.

    E.44. Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.

    E.45. Coñecer a tradición oral e o folclore.
    E46. Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.

    E47. Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.

    E.49. Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.

    E50. Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.

    E.51. Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.


    BÁSICAS (B2, B3, B5)

    B.2. Que os alumnos e alumnas saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e que posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

    B.3. Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

    B.5. Que os alumnos e alumnas atinxan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

    TRANSVERSAIS (T4)

    T.4. Capacidade na procura de información en distintos soportes e con distintas finalidades.



    Metodoloxía da ensinanza
    A distribución oficial dos créditos desta materia distribúese nas correspondentes clases expositivas, interactivas e de seminarios, dependendo da matrícula.

    As clases expositivas fundamentarán a teoría, e nelas desenvolverase o programa incidindo naqueles aspectos que se estime e acorde que son máis relevantes.

    Salientar tamén que na base da nosa práctica de aula está unha proposta metodolóxica dun enfoque de ensino e aprendizaxe flexíbel e integrador, centrado na acción, no traballo cooperativo e na reflexión crítica, representando todas as opcións de forma explícita e transparente e evitando as preferencias ou dogmatismo. Un principio metodolóxico fundamental será que os métodos que se empreguen no ensino e aprendizaxe da lectura e escritura sexan aqueles que se consideren más eficaces para alcanzar os obxectivos planificados e acordados, en función das necesidades de cada alumno ou alumna.

    Señalamos algunhas orientacións didácticas ás que se aspira:
    - As actividades de lingua (comprensión, expresión, interacción, mediación) levaranse a cabo con textos orais e escritos, para favorecer a adquisición de la competencia comunicativa en situacións sociais e a construción do coñecemento.

    -As distintas competencias contribuirán tanto ao desenvolvemento da competencia comunicativa como á formación integral do alumno o alumna desde el punto de vista do desenrolo persoal e social.

    - Situarse nun paradigma comunicativo orientado á acción, na que alumnos e as alumnas sexan o eixo do proceso didáctico na procura dunha aprendizaxe significativa, que centrará a atención nos procesos. Tamén se pretende que cada quen se faga responsábel da súa aprendizaxe, e que se encamiñen de cara a unha aprendizaxe autónoma.

    - O cometido da profesora centrarase en facer de guía no proceso de ensino e aprendizaxe. Contribuír, co seu papel mediador, a unha eficaz aprendizaxe das destrezas comunicativas, á adquisición da competencia profesional e ao seu desenvolvemento persoal e cultural como cidadáns e cidadás responsábeis nunha sociedade plural e democrática.

    En definitiva, preténdese que os alumnos e alumnas aprendan facendo en situacións auténticas de interacción comunicativa e coa finalidade de atinxan competencias comunicativas para a vida.



    Sistema de evaluación
    A avaliación:
    1. Considérase como unha fase máis da actividade didáctica. Terá una dimensión reflexiva e crítica e servirá ademais para autorregular o nivel de competencias, coñecementos e habilidades que adquira cada alumno ou alumna.

    2. Será un proceso continuo no que, ao comezo do curso, se chegará a acordos sobre a utilización de distintos procedementos de valoración das actividades formativas e tamén para involucrar aos alumnos e alumnas na súa aprendizaxe.

    3. Os procedementos de avaliación fundamentarán a formación continua, entre eles está a asistencia obrigatoria a un mínimo do 80% das actividades programadas que se desenrolan nas clases. (É o que regula a USC como universidade presencial que é); polo tanto, proponse unha avaliación continua e formativa para calibrar a aprendizaxe adquirida como consecuencia da actividade dos alumnos e alumnas ao longo do curso.

    4. Un dos instrumentos avaliativos será o exame final oficial, que vén marcado pola facultade, e que se valorará cunha cualificación cuantitativa máxima dun 30%., e o restante 70% atinxirano os alumnos e alumnas a partir dos procedementos cualitativos e cuantitativos usados nas actividades formativas que se acorden.

    5. Na convocatoria de xullo, tamén se avaliará o alumnado segundo se expón nos puntos (3 e 4).

    6. A avaliación dos alumnos e alumnas, que por circunstancias persoais xustificadas non poidan asistir sistematicamente ás aulas, tamén se realizará como se sinala nos puntos (3 e 4), sempre que estabelezan contacto coa profesora para chegarmos a acordos sobre actividades que terán que realizar e que serán de obrigatorio cumprimento.




    Tempo de estudo e traballo persoal
    Será o que se estipula oficialmente e, ademais das horas expositivas, interactivas, de seminario e de titorías, os alumnos e alumnas deberán dedicarlle á aprendizaxe materia 75 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Respectar as pautas e os acordos aos que se chegue no comezo do curso, entre outras cousas, para acometer as actividades e a avaliación.

    Observacións
    Os alumnos e alumnas, con finalidade de ensino e aprendizaxe, procurarán información en distintos soportes e aportarán ademais materiais auténticos.