G3121323 - Aprendizaxe de Linguas en Contextos Multilingües (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura , Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaXERAIS
-Formar ao alumnado na aprendizaxe das linguas en contextos multilingües.
-Acadar un grao de dominio aceptable daquelas competencias enumeradas no apartado anterior máis relacionadas co ensino e aprendizaxe das linguas.
COÑECEMENTOS (SABER)
-Saber como se ensinan e aprenden as linguas nos contextos multilingües.
-Coñecer a natureza das situacións multilingües e a súa relación co ensino e aprendizaxe das linguas segundo o MECRL.
-Saber contidos básicos sobre o ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe.
PROCEDEMENTOS (SABER FACER)
-Aplicar coñecementos sobre as linguas, as súas funcións e as situacións multilingües ao ensino e aprendizaxe das linguas.
-Analizar casos e modelos educativos multilingües e saber aplicalos a situacións concretas.
-Resolver problemas relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas.
-Aplicar principios do ensino das linguas dende a perspectiva multilingüe a partir do MECRL.
-Potenciar as destrezas comunicativas en linguas estranxeiras no alumnado.
-Aplicar coñecementos de programación para unha primeira aproxiamción ás linguas estranxeiras en Educación Infantil.
ACTITUDES (SABER SER)
-Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade lingüística como unha riqueza expresiva e cultural.
-Valorar a importancia destas actitudes para o ensino e aprendizaxe das linguas e das súas culturas.
ContidosBLOQUE I
-Aprendizaxe de lenguas en contextos multilingües. A ensinanza das linguas dende unha perspectiva multilingüe. Criterios e modelos de ensino plurilingüe.
-O MECRL e o Portfolio Europeo das linguas. O tratamento integrado das linguas.
-Destrezas para a comunicación oral e escrita en lingua estranxeira. Niveis de competencia do MECRL. Esixencias vencelladas co nivel B2.
BLOQUE II
- A ensinanza das distintas destrezas comunicativas. Estratexias de intervención en contextos educativos multilingües na etapa de Educación Infantil.
-Técnicas e actividades comunicativas. Recursos didácticos e materiais. O uso das TIC para o ensino de linguas na etapa de Educación Infantil.
Bibliografía básica e complementaria--BURILLO, J. (2006): Las lenguas extranjeras en el aula: reflexiones y propuestas. Barcelona: Graó.
--CASSANY, D. (2006): El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula, Madrid, MEC.
--COUNCIL OF EUROPE (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
--COUNCIL OF EUROPE (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf
http://www.edu.xunta.es/web/portfolio
--COUNCIL OF EUROPE (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco común europeo de referencia para as linguas. http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/?q=node/156
--DÍAZ CORRALEJO, J. (2002): “El marco común europeo de referencia: una herramienta transversal, multicultural y modular para un cambio de paradigma”, en Salaberri, S. (coord.) La lengua, vehículo cultural multidisciplinar. Madrid: MECD-ISFP, pp. 49-60.
--ESCAMILLA GONZÁLEZ, Ámparo (2009): Las competencias en la programación de aula. Infantil y primaria (3-12 años). Barcelona: Graó.
--GONZÁLEZ, M., C. GUILLÉN e J. M. VEZ (2010): Didáctica de las lenguas modernas: competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Síntesis.
--LLOBERA, M. (et al..) (1995): Competencia comunicativa. Documentos básicos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Madrid: Edelsa.
--LOMAS, C. (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras. Teoría y práctica de la educación lingüística. Barcelona: Paidós.
--LORENZO, F., F. TRUJILLO e J. M. VEZ (2011): Educación bilingüe: integración de contenidos y segundas lenguas. Madrid: Síntesis.
--MARTÍNEZ MENDOZA, F (2004): Primera infancia: bilingüismo y educación infantil. Valladolid: Laguna de Duero.
--MOYA GUIJARRO, A. J. e J. I. ALBENTOSA HERNÁNDEZ (2003): La enseñanza de la lengua extranjera en la educación infantil. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.
--MURADO BOUSO, J. L. (2010): Didáctica de inglés en educación infantil. Vigo: IdeasPropias.
--PAREDES, Joaquín y Agustín de la HERRÁN, A. (2011): La práctica de la innovación educativa. Madrid: Síntesis.
--RUIZ BIKANDI, U. (2000): Didáctica de la segunda lengua en educación infantil y primaria. Madrid: Síntesis.
--SÁNCHEZ LOBATO, J. y I. SANTOS GARGALLO (2004): Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua (L2)/lengua extranjera (LE). Madrid: SGEL.
--SIGUÁN, M. (2004). Bilingüismo y lenguas en contacto Madrid, Alianza Editorial.
--SILVA, B., X. RODRÍGUEZ e I. VAQUERO (coords.) (2010): Educación e linguas en Galicia. Univ. de Santiago de Compostela.
--VEZ JEREMÍAS, J. M. (2002): Didáctica de la lengua extranjera en Educación Infantil y en Educación Primaria. Madrid: Síntesis.
--VEZ JEREMÍAS, J. M. (2009): “Multilingual Education in Europe: Policy Developments”. Porta Linguarum, 12, pp. 7-24.
--XUNTA DE GALICIA (2004). Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela, Xunta de de Galicia. http://www.xunta.es/linguagalega/plan_xeral_de_normalizacion
--XUNTA DE GALICIA (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
G6-Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G11-Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E44-Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E48-Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
E52-Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B2-Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B5-Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B4-Que o alumnado teña desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T1-Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T3-Coñecemento instrumental das TIC.
T4-Competencias informacional.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da asignatura. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición do profesor e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos, etcétera, de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas, etcétera, ademais das propias do módulo e da asignatura.
No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, ao comentario, ao debate, etcétera de documentos e á exposición dos seus traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público), a aprendizaxe autónoma, o traballo cooperativo, etcétera.
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación estará baseado nos seguintes tres elementos (A, B, C):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA E PRESENTACIÓNS ORAIS
-----Peso na cualificación: 10%
-----Instrumentos de avaliación: control de asistencia, observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades realizadas e exposicións orais de traballos.
-----Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas, e participar activamente e con interese nas mesmas, para obter a puntuación máxima global do apartado. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado A.
B. PROBAS ESPECÍFICAS
-----Peso na cualificación: 50%
-----Instrumento de avaliación: exame escrito.
-----Orientacións para a avaliación: todo o alumnado matriculado deberá realizar un exame final na data fixada pola Secretaría do centro que suporá ata un 50% da cualificación da materia.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
-----Peso na cualificación: 40%
-----Instrumentos de avaliación: traballos escritos individuais e grupais.
-----Orientacións para a avaliación: durante o curso cada alumna/o deberá presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais, así como os traballos realizados fóra da aula. O profesorado da materia dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 40% da cualificación da materia.
ADVERTENCIA:
Ningunha das probas ou exercicios realizados poderá conter plaxios, independentemente da extensión que estes acaden. Para comprender a gravidade e as consecuencias académicas de presentar unha actividade ou traballo no que se recorra á redacción non persoal, basta con consultar a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 por la que se publica la Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOGA do 21 de xullo). Na citada normativa advírtese:
"Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".
Tempo de estudo e traballo persoalComo consta na Memoria da titulación, nesta materia está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 9 deste programa sobre recomendacións.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
- Atender as orientacións específicas do profesorado da materia canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo…
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non deixar a preparación da materia para o final de curso.
- Ter a man fontes para preparar o labor de aprendizaxe nesta materia (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas) e consultalas tanto para aprender coma para afianzar conceptos.
- Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
ObservaciónsO alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/