Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121325 - Música na Educación Infantil (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Musical
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN.NON
Portela Lopez, Cecilia Maria.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-Fern)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (Fero-L)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (M-O)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04 (P-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    “La Educación tiene que servir para aprender a conocer, aprender a convivir, aprender a hacer y para aprender a ser”

    Delors, J. (1996). Los cuatro pilares de la educación. La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana/UNESCO. pp. 91-103.

    - Coñecer e manexar os símbolos gráficos dos elementos da música coa finalidade de comprender e aplicar os coñecementos teórico-prácticos da música: lecto-escritura musical, coordinación rítmica (corporal e instrumentos escolares), expresión vocal, expresión corporal e percepción auditiva.
    - Coñecer e comprender as bases da educación musical na educación infantil valorando esta linguaxe no desenvolvemento integral dos nenos.
    - Elaborar propostas didácticas tomando como base o currículo da expresión musical na educación infantil, analizando e empregando estratexias e recursos didácticos axeitados a esta etapa educativa.
    - Demostrar interese, iniciativa e responsabilidade nas diferentes actividades que se desenvolvan.
    Elaborar os traballos que se especifiquen con rigor científico e didáctico, coidando a coherencia interna e a organización.
    Coñecer, manexar e utilizar aplicacións musicais TIC.

    Contidos
    - Contidos básicos da linguaxe musical: teoría e práctica.
    - A música na educación infantil. O currículo, fundamentos psicopedagóxicos, recursos e propostas didácticas.
    - Aplicacións musicais TIC.

    Bibliografía básica e complementaria
    Alsina, P.; Díaz, M. y Giráldez, A. (2008). La música en la escuela infantil (0-6). Barcelona: Graó. (Manual de lectura obligatoria).

    De Pedro, D. (1992). Teoría Completa de la Música vol 1. Madrid: Real Musical.

    Riaño, E. y Díaz, M. (Coords.) (2011). Fundamentos musicales y didácticos en educación musical. Santander: PUbliCan ediciones (Universidad de Cantabria).

    Pascual, P. (2006). Didáctica de la Música para Educación Infantil. Madrid: Pearson Educación.

    Ruiz, E. (2011). Expresión musical en la educación infantil. Orientaciones didácticas. Madrid: Editorial CCS.

    Tafuri, J. (2006) ¿Se nace musical? Como promover las actitudes musicales de los niños. Barcelona: Graó.

    Willems, E. (1984). Las bases psicológicas de la educación musical. Buenos Aires: EUDEBA.

    ______ (2002). El valor humano de la Educación Musical. Barcelona: Paidós.


    Esta bibliografía complementarase con outra máis específica e con outros materiais en distintos formatos (audios-audiovisuais-revistas-electrónicos, etc) no momento en que se desenvolvan os distintos contidos e actividades do programa.


    Competencias
    - Específicas:

    E. 54. Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
    55. Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
    E. 56. Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
    E. 57. Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.

    Xerais: G1, G6, G8, G11.
    Básicas: B1, B2, B3, B4.
    Transversais: T1, T3.

    As competencias pódense consultar no seguintes enlace:
    http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G3121_G3131_Mestre_Infantil_2010_11.pdf



    Metodoloxía da ensinanza
    Sesións expositivas: onde se desenvolverán contidos conceptuais alternando a exposición con actividades interactivas na realización de exercicios prácticos. Nestas sesións se desenvolverán fundamentalmente os contidos básicos da linguaxe musical.

    Sesións interactivas: onde se desenvolverán contidos procedimentais a través de actividades progresivas utilizando todos os recursos didácticos necesarios para unha mellor comprensión dos contidos da materia. Ademáis proporanse actividades para realizar en pequenos grupos de traballo.

    Aula virtual: utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais.

    Os materiais de estudo e práctica musical, así como outros documentos, atoparanse na aula virtual.
    Sistema de evaluación
    I. Convocatoria de xaneiro:

    1 - Presentacións e prácticas específicas de aula a través de actividades e proxectos obrigatorios en grupo e/ou individuais (35% da nota final).

    2 - Probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia (50% da nota final ):
    Teórico/escrito: 20%
    Preguntas/reflexión a partir da lectura del Manual obrigatorio: 5%
    Práctica/oral:Lectura rítmica: 12,5%; Interpretación/entonación de cancións: 12,5%

    3 - Asistencia e participación na aula (15% da nota final).

    A asistencia ás sesións interactivas e ás exposicións dos traballos é obrigatoria. Pérmitese a ausencia ata cinco sesións (máximo de dúas inxustificadas, que serán penalizadas con 0,5 puntos cada unha da nota final).

    Para superar a materia é necesario ter unha cualificación positiva nos tres apartados. No caso de suspender o apartado 2, conservaranse as cualificacións do apartado 1 e 3 para a seguinte convocatoria dentro do mesmo curso académico. No caso de suspender o apartado 1, mirar o apartado “recuperación de prácticas específicas”. O apartado 3 non é recuperable.

    II. Convocatoria de xullo e/ou extraordinarias:
    1 - Presentacións e prácticas específicas de aula a través de actividades e proxectos obrigatorios en grupo e/ou individuais (35% da nota final). Mirar o apartado “recuperación de prácticas específicas”.

    2 - Probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia (50% da nota final ):
    - Teórico/escrito: 20%
    - Preguntas/reflexión a partir da lectura del Manual obrigatorio: 5%
    - Práctica/oral:Lectura rítmica: 12,5%; Interpretación/entonación de cancións: 12,5%


    RECUPERACIÓN DE PRÁCTICAS ESPECÍFICAS:

    O alumnado que teña pendente as prácticas específicas de aula deberá realizar un traballo teórico-práctico que será exposto e defendido na convocatoria do exame. As normas e instruccións das actividades a realizar solicitaranse persoalmente ao profesorado da materia en horario de titorías. A data para asistir a esta titoría exporase no taboleiro de anuncios (enfrente da aula nº 4).

    ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA

    O alumnado con exención de docencia poderá examinarse tanto na primeira como na segunda convocatoria pero cos requisitos de avaliación que sinala a segunda convocatoria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O traballo debe ser imprescindiblemente semanal. O tempo deberá incrementarse segundo as dificultades persoais do propio alumnado e dos contidos da materia. Recoméndase un mínimo de dúas horas semanais para la comprensión y realización dos exercicios e actividades propostas nas sesións.

    a) - Actividades dentro do horario académico: 52h
    - Sesións expositivas: 23h
    - Sesións interactivas: 23h
    - Titorías académicas: 6 h

    b) - Actividades fóra do horario lectivo:
    - Estudo e traballo individual: 70h
    - Traballo en grupo: 28h

    TOTAL (a+b) = 150 h (6 créditos ECTS)

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás clases.
    - Constancia no estudo.
    - Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas titorías.
    - Ser responsable e non esquecer as datas dos traballos ou actividades plantexadas polo profesorado e grupos de traballo.
    - Utilizar os recursos da propia Facultade (biblioteca, aulas) para o estudo e para a ampliación dos propios coñecementos.

    Observacións
    Debido a que é obrigatorio traballar e estar comunicado a través dunha plataforma virtual, recomiéndase dispoñer dun ordenador persoal con conexión a Internet. O profesorado da materia será o responsable de dar de alta aos usuarios na primeira semana do inicio da actividade lectiva.

    Os traballos individuais e/ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programase dun xeito coordinado.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo terase en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medioambiental:
    - Imprimir a dobre cara en calidade de “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
    Avisos, prazos, e outras notificacións, comunicaranse a través da aula virtual.