G3121326 - Practicum II. O Centro Escolar e o seu Contexto: Proxectos e Prácticas (Practicum) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 18.00
- Total: 18.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 249.00
- Total: 249.0
Outros Datos
- Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Historia da Arte, Historia da Arte, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Socioloxía, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Música, Historia da Arte, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Socioloxía, Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN. | NON |
| CARBALLO VICENTE, MARIA LUZ. | NON |
| Ferradas Blanco, Rodolfo Luis. | NON |
| FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE. | SI |
| GARCIA MARIN, JORGE. | NON |
| GARCIA MURIAS, REBECA. | NON |
| GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL. | NON |
| Marco Lopez, Aurora. | NON |
| RESCHES ZLOTNIK, MARIELA. | NON |
| SALINAS PORTUGAL, MARIA JESUS. | NON |
| SANCHEZ RODRIGUEZ, MARIA HELENA. | NON |
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoContidosAULA: PROXECTOS E ACCIÓN DOCENTE DO APRENDIZ DE PROFESOR.
- Modelos didácticos, e desenvolvemento da docencia polo futuro profesor de Educación Infantil: desexos e realidades.
- Planificación de unidades didácticas e proxectos adaptados ás características do alumnado e contexto.
- Problemas e dilemas na posta en práctica de proxectos, unidades didácticas e actividades polos futuros profesores de Educación Infantil.
- Xestión de aula e convivencia nas aulas de Educación Infantil.
CENTRO E O SEU CONTEXTO: OBSERVACIÓN, PARTICIPACIÓN E ANÁLISE DE PROXECTOS E PRÁCTICAS.
- Proxectos de Centro, Etapa e Ciclo: proposta normativa, procesos de elaboración, documentos institucionais e realidade cotiá do centro de Prácticas.
- A estrutura organizativa do centro e os sus mecanismos de funcionamento.
- As relacións formais e informais e a súa relación co clima e as culturas do centro.
- A convivencia nas escolas de Educación Infantil. Conflictos no contexto do centro.
- Calidade e escolas de Educación Infantil.
PROCESO DE “APRENDIZAXE DA ENSINANZA”.
- Tarefas do aprendiz de profesor, proceso de socialización e construción de coñecemento profesional nas escolas de Educación
Infantil.
- A relación aprendiz-titor, aprendiz-profesorado do centro, aprendiz-alumnado e outros membros da comunidade e do contexto do
centro.
- A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas, nas teorías personais, as
expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións docentes emprendidas na aula e nas accións relacionadas co rol institucional do profesorado no funcionamento do centro.
- Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nas escolas de Educación Infantil.
Bibliografía básica e complementariaEspecificarase no desenvolvemento da materia.
CompetenciasRecollidas na Memoria do Titulo: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G3121_G3131_Mestre_Infantil_2010_11.pdf
Metodoloxía da ensinanza O sentido xeral deste Practicum II é centrarse nos proxectos e prácticas desenvoltas no centro escolar e no seu contexto, así como no
proceso de aprendizaxe da ensinanza.
No desenvolvemento desta asignatura podemos distinguir entre actividades presenciais no centro universitario que serán coordinadas polo
profesor universitario (“supervisor”) e actividades presenciais no centro escolar que serán orientadas polo profesor ou profesora responsable da aula (“titor”).
Actividades presenciais no centro universitario. Desenvóvense en tres fases: fase preparatoria, fase de seguimento e fase de reflexión e
avaliación final. Os agrupamentos do alumnado nestas fases poden ser diversos.
Actividades nos centros de prácticas. Durante a fase de estancia nos centros desenvolverase en centros públicos ou privados, seguindo a xornada habitual dun profesor.
Sistema de evaluaciónEspecificarase no desenvolvemento da materia.
PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 14-15 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.
Recomendacións para o estudo da materiaHaber aprobado o Practicum I e adquirido competencias mínimas relacionadas con materias ligadas máis directamente con procesos de
planificación curricular, organización de ambientes de aula e desenvolvemento de estratexias de intervención en aulas de Educación Infantil e atención á diversidade, así como aquelas relacionadas cos procesos de planificación eorganización de centros educativos e relacións dos mesmos coa súa contorna.