Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121327 - Motricidade Infantil (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA RUSO, HERMINIA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Comprender a complexidade do concepto da motricidade na Educación Infantil, e as diferentes perspectivas dende as que pode abordarse o su estudo.

    - Coñecer e analizar os elementos e contidos básicos da motricidade infantil que lle permitan argumentar e tomar decisións axustadas para o seu aprendizaxe.


    - Identificar, dende unha perspectiva globalizada, os contidos relativos á motricidade presentes no currículo da Educación Infantil.

    - Saber planificar e poñer en práctica simuladora os contidos da motricidade infantil e analizar, reflexionar, interpretar e sacar conclusións das observacións das prácticas realizadas.

    - Saber manexar cunha actitude crítica e reflexiva as fontes documentais propias da materia, utilizando con rigor académico a información extraída das diferentes fontes de información.

    - Valorar a importancia do mestre como investigador e colaborador, para mellorar a súa propia práctica, analizándoa e mantendo unha actitude de formación e innovación permanente.

    Contidos
    Bloque I.- A importancia da motricidade na etapa da Educación Infantil
    Análises da motricidade nas áreas curriculares do Decreto 330/2009
    Os obxectivos da motricidade nesta etapa
    Os contidos da motricidade nesta etapa
    As orientacións metodolóxicas
    Os criterios de avaliación

    Bases do desenvolvemento motor
    O desenvolvemento físico
    A evolución das adquisicións motrices de 0 a 6 años

    Bloque II.- Os contidos para o desenvolvemento da educación da motricidade infantil
    O esquema corporal.
    As habilidades perceptivas
    As habilidades motrices básicas.
    A expresión corporal.
    O xogo.

    Bloque III.- Didáctica para a educación da motricidade infantil
    A planificación didáctica
    A metodoloxía no proceso de ensinanza- aprendizaxe
    O xogo como recurso metodolóxico
    As actividades
    A avaliación do proceso de ensinanza- aprendizaxe

    Bloque IV.- Propostas curriculares
    Planificación de exemplificacións didácticas.

    Bloque V.- Sesións prácticas
    Prácticas de ensinanza

    Bibliografía básica e complementaria
    Aznar, P. et al. (1998) La Educación Física en la Educación Infantil de 3 a 6 años. Barcelona: inde. Berk, L. (1999) Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Pretince Hall.
    Berruezo, P. y Lázaro, A (2009) Jugar por jugar. El juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje infantil. Sevilla: Eduforma.
    Baqués, M. (2006) 600 Juegos para Educación Infantil. Barcelona: CEAC. Bonastre, M. y Fuste, S. (2007) Psicomotricidad y vida cotidiana (0-3 años). Barcelona: Grao
    Cabezuelo, G. Frontera, P. (2010) El desarrollo Psicomotor. Desde la infancia a la adolescencia. Madrid: Nancea.
    Cobos, P. (2006) El desarrollo psicomotor y sus alteraciones. Madrid: Pirámide.
    Comellas, Mª J. y Perpinyà (2005) Psicomotricidade en Educación Infantil. Barcelona: CEAC.
    Conde, J.L. y Viciana, V. (1997) Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Málaga: Aljibe
    Desrosiers, P. y Tousignant, M. (2005) Psicomoticidad en el aula. Barcelona: Inde.
    Ferland, F. (2005) ¿Jugamos? El Juego con niños y niñas de 0-6 años. Madrid. Nancea. 79- 798.
    Gesell, A. (1997) El niño de 1 a 5 años. Guía para el estudio del niño preescolar. Buenos Aires: Paidós.
    Gil, P. (2003) Desarrollo Psicomotor en Educación Infantil (0-6 años).Sevilla. Wanceulen.
    Gil, P. (2004) Metodología de la Educación Física Infantil. Sevilla. Wanceulen.
    Jiménez, J. y Jiménez, I. (2008) Psicomotricidad teoría y programación. Madrid: Wolters Kluwer. 79-1079
    Justo Martínez, E. (2000) Desarrollo Psicomotor en Educación Infantil. Bases para la intervención en psicomotricidad. Almeria. Universidad de Almería.
    Le Boulch, J. (1995) El desarrollo Psicomotor desde el nacimiento hasta los seis años. Barcelona: Paidós
    Lleixa, T (2004) Juegos sensoriales y de conocimiento corporal. Barcelona: Paidotribo.
    Ortiz, Mª M. (2002) Expresión corporal. Granada: Grupo Editorial Universitario. 79-837.
    Pastor, J.L. (2007) Motricidad. Perspectiva psicomotricista de la intervención. Sevilla. Wanceulen.
    Pastor, J.L. (2007) Motricidad, ámbitos y técnicas de intervención. Guadalajara. Universidad de Alcalá.
    Ponce, A. (2009) (Coord.) La Educación motriz para niños de o a seis años. Madrid. Biblioteca Nueva.
    Rigal , R (2006) Educación motriz en preescolar y primaria. Barcelona: Inde. 79-971
    Ruiz, F. et al. (2003) Los juegos en la motricidad infantil de los 3 a los 6 años. Barcelona. INDE.
    Ruiz de Velasco, A. Abad, J. (2011) El juego simbólico. Barcelona: Grao. Sánchez, G. (2003) Expresión, creatividad y movimiento. Salamanca: Amarú Ediciones.
    Sampascual, G. (1997) Tema 3. Desarrollo psicomotor, en Mª P.Lebrero (Dr.) Especialización del profesorado de educación infantil (0-6) modulo1-1. Barcelona: Planeta, pp.165-185.
    Simón, S. (2005) 101 Juegos divertidos para desarrollar la creatividad de los niños. Barcelona: CEAC.
    Vaca, M. y Varela, S. (2008) Motricidad y aprendizaje. Tratamiento pedagógico del ámbito corporal (3-6 años). Barcelona: GRAÓ.

    Complementaria
    Cachadita, Mª P. ( 2006) (Coord.) Expresión corporal en clase de Educación Física. Sevilla. Wanceulen.
    García Fernández, P. (2005) Fundamentos teóricos del juego. Sevilla Wanceulen.
    García Ruso, H. Mª (2007) La Danza en la escuela. Barcelona. Inde
    Muñoz et al. (2011) Manual de psicología del desarrollo aplicada a la educación. Madrid: Pirámide.
    Santrock, J.W. (2007) Desarrollo infantil. México: McGRAW-HILL


    Competencias
    Competencias xerais:

    Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.

    Promover e facilitar os aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizada e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotriz e volitiva.

    Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto os dereitos humanos.

    Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respeto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.

    Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para o aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo nos estudantes.

    Competencias Específicas:

    Ser capaz de analizar, seleccionar, utilizar e avaliar os materiais curriculares da Educación Física Infantil, recoñecendo o papel da actividade física e os xogos como medio educativo-saudable.

    Debe ser capaz de investigar a propia práctica docente e planificar en colaboración con outros docentes, respetando o principio da globalización.

    Coñecer as bases da actividade física, a percepción e expresión corporal, o ritmo, os xogos, o aprendizaxe e o control motor como medios educativos.

    Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de ensinanza -aprendizaxe baseadas en principios lúdicos e metodolóxicos da Educación Física Infantil.

    Deseñar, desenvolver e avaliar sistematicamente os procesos de ensinanza -aprendizaxe relativos a esta materia con atención ao papel da motricidade no currículo de Educación infantil e as características individuais e contextuais dos alumnos.



    Metodoloxía da ensinanza
    Ao longo do curso utilizaranse as modalidades formativas seguintes:

    Sesións presenciais, que a súa vez engloban:
    Clases teóricas
    Exposición oral do contido dos temas, en gran grupo, por parte da profesora seguindo a secuencia dos contidos organizados en bloques temáticos. Farase fincapé nas ideas fundamentais de cada un dos temas coa intención de que os alumnos adquiran un marco conceptual básico para interpretar, recompilar, organizar a información, formar, construír expresar os seus coñecementos e transferir os conceptos dun contexto a outro partindo da análise da bibliografía recomendada e das súas propias indagacións.

    Seminarios en grupos reducidos
    A metodoloxía docente poñerá más énfases no aprendizaxe autónomo e significativo do alumno, sen esquecerse que o aprendizaxe é un proceso dependente da ensinanza. Por elo, de manera activa, colaborativa e participativa os alumnos, realizarán traballos teórico-prácticos que van a implicar recopilar e organizar a información, formar e construír conceptos, partindo das súas indagacións e a titoría da profesora. Os traballos elaborados serán expostos aos compañeiros.

    Titorías concertadas
    Os alumnos de manera individual ou grupal recibirán apoio, orientación para clarificar, mellorar e solucionar dificultades no seu proceso de aprendizaxe.

    Titorías
    Os alumnos de maneira individual ou en grupo recibirán apoio, orientación para clarificar, mellorar e solucionar dificultades no seu proceso de aprendizaxe.

    Sistema de evaluación
    Seguindo o fío de formación centrada na aprendizaxe do estudante, a avaliación deberá centrarse en todo o proceso de ensinanza- aprendizaxe. Para avaliar a ensinanza da profesora e o programa e seu desenvolvemento, entre outros elementos, utilizarase o diario, as respostas dos alumnos a súas propostas, a calidade das producións dos estudantes e o cuestionario. A avaliación do alumno será continua e terá un carácter formativo. Os aspectos a avaliar son:

    Clases teóricas

    - Probas do dominio dos contidos teórico-prácticos da materia (50%).

    Seminarios en grupos reducidos

    - A elaboración dos traballos individuais ou en grupo. Tendo en conta a presentación, a redacción e o rigor nas citas, a adaptación os obxectivos propostos, a estrutura e a orixinalidade, as reflexións persoais e a bibliografía consultada.
    - A exposición dos traballos. Tomando en consideración o dominio do tema, a claridade na expresión, as exemplificacións, o rigor das ideas, o ritmo no discurso e os soportes visuais.
    - A planificación e posta en práctica de exemplificacións didácticas.
    - O rexistro da información da posta en práctica de todas as exemplificacións didácticas.
    - Asistencia, participación e calidade da mesma nas sesións presenciais e titorías.

    A media da puntuación destas probas supón o (50%).
    Observacións
    - A puntuación mínima, en cada un dos apartados, para facer media é dun 4.
    - A obrigatoriedade ao 80% das sesións prácticas (Consello de Goberno de 25 marzo de 2010).

    Alumnos con exención de docencia:
    Debe comunicarse esta circunstancia, nos primeiros días de Clase - Titoría.

    O sistema de avaliación constará de :

    • Probas do dominio dos contidos teórico - prácticos da materia (50%).
    • Elaboración dunha monografía
    • Elaboración de sesións (2 para 1º, 2 para 2º e 2 para 3º) planificadas, postas en práctica e un centro escolar, reflexión sobre a gravación, propostas de mellora.
    Fase preactiva.
    -Planificación das sesións
    Fase interactiva:
    - Posta en práctica das sesións previamente planificadas.
    - Observación da práctica.
    Fase postactiva:
    -Reflexión sobre a práctica realizada e rexistro da información.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Nº total sesións teóricas: 24h.
    - Nº total seminarios: 24h.
    - Titorías concertadas 4h.

    - Total horas presenciais. 52h.

    - Traballo persoal do alumno: 100h.
    Recomendacións para o estudo da materia
    *Recomendase a asistencia e a participación nas clases.
    *Tomar en consideración as pautas dadas para a elaboración, exposición e recopilación dos traballos.
    *Entregar os traballos en tempo e forma.
    *Sempre que sexa posible non emplear canutillos, emplear grapas ou carpetas.