G3121328 - Literatura Infantil e Dramatización (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Descubrir os valores educativos da Literatura Infantil nunha auténtica educación integral de nenos e nenas.
- Determinar as características que deben posuír as obras literarias e que deben estar presentes nas actividades de aula para que resulten axeitadas e atractivas a nenos e nenas.
- Dar a coñecer a literatura tradicional e as autores e autores máis axeitados para animar o gosto pola literatura ao alumnado da etapa de 0-6 anos.
- Propor modelos de actividades que estimulen a práctica da expresión e comprensión do discurso literario na etapa infantil.
- Ser quen de estimular o desexo de ler como unha forma de coñecemento.
- Desenvolver o sentido crítico do alumnado da titulación diante das creacións dirixidas á infancia.
- Prestar atención á educación en valores nas obras literarias.
Contidos1.Literatura Infantil: concepto e límites. Caracterización. Esixencias estéticas no obxecto literario. A recepción infantil. Criterios de análise e de valoración dos medios de difusión da literatura infantil. Os xéneros literarios. Selección de textos literarios para estabelecer un canon para a iniciación á linguaxe literaria.
2.Poesía e infancia. A linguaxe poética e a infancia. A lírica de tradición oral. Manifestacións lírico-folclóricas e a súa relación co xogo. A poesía de autoras e autores. A lectura de poemas na infancia. Textos poéticos para as primeiras idades. Poesía e creatividade infantil.
3.A infancia e a narrativa oral. A narración na aula e o momento da audición. Significado e estrutura do conto infantil. Función comunicativa e función formativa do conto infantil. Do conto tradicional á narrativa de autor/a. Técnicas para a invención de historias. Textos narrativos para as primeiras idades.
4. O teatro e a infancia. Manifestacións teatrais para esta etapa: esclarecemento conceptual e tipoloxía de actividades. Exercicios de dramatización. A dramatización a partir de textos poéticos e narrativos. Creación de textos.
5. O teatro na escola. Práctica escolar escénica. Técnicas para o xogo e a representación teatral: mimo e pantomima, monicreques, teatro de sombras. Textos teatrais para as primeiras idades.
6. A ilustración na Literatura Infantil. O álbum de imaxes e os primeiros lectores e lectoras. A ilustración e a formación en valores.
Bibliografía básica e complementariaAGRELO HERMO, X. (1990): O xogo dramático (de, con, por, para nenos). Noia: Toxosoutos.
ÁLVAREZ CÁCCAMO, X.M./NÚÑEZ, M. (2002): O libro dos cen poemas. Antoloxía da poesía infantil galega. A Coruña: Espiral Maior.
BARRIO, M. /HARGUINDEY, E. (1983): Lerias e enredos para os máis pequenos. Vigo: Galaxia.
BELDA, R. (1981): Taller de monifates. Teatro na escola. Materiais de traballo, 2. Cuadernos da Escola Dramática Galega, nº 21.
BRYANT, S.C. (1989): El arte de contar cuentos. Barcelona: Hogar del libro. 12ª ed. 1993.
CAÑAS, J. (1992): Didáctica de la expresión dramática. Barcelona: Octaedro.
CERRILLO, P./GARCÍA PADRINO, J. (coords.)(1999): Literatura infantil y su didáctica. Cuenca: Universidad Castilla-La Mancha.
CERVERA, J. (1984): Cómo practicar la dramatización con niños de 4 a 14 años. Madrid: Cincel-Kapelusz.
COLOMER, T. (2010): Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis.
DURÁN, T. (2002): Leer antes de leer. Madrid: Anaya.
GARCÍA PADRINO, J. (2004): Formas y colores. La ilustración infantil en España. Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
GARCÍA TEIJEIRO, A. (2009): A poesía necesaria: lectura e creación poética dentro da aula. Vigo: Galaxia.
GARCÍA TEIJEIRO, A. (1990): Disfrutar escribiendo. A narración e a poesía nas aulas. Vigo: Galaxia.
GARRALÓN, A. (2001): Historia portátil de la literatura infantil. Madrid: Anaya.
LAMAPEREIRA, A. (1980): Teatro na escola. Materiais de traballo, 1. Cuadernos da Escola Dramática Galega, nº 12.
LÓPEZ TAMES, R. (1990): Introducción a la literatura infantil. Murcia: Sericio de Publicaciones de la Universidad.
LLUCH, G. (2000): De la narrativa oral a la literatura per als infants. València: Bromera.
MARCO, A. (2000): “Multiculturalismo e educación”, en Puertas a la lectura, 9-10, 100-105.
MARCO, A. (2000): “La literatura infantil y juvenil como vehículo de aprendizaje intercultural”, en E. Rigaud/ G. Núñez/Mª J. Marín, De educación lingüística y literaria. Almería: CSIF/Universidad de Almería, 581-593.
MARCO, A. (2003): “Literatura infantil e valores”, en A criança, a língua e o texto literário. Braga: Universidade do Minho, 449-456.
PELEGRÍN, Ana (2005): La aventura de oír. Madrid: Anaya.
PELEGRÍN, A. (1990): Cada cual atiende su juego. Madrid: Cincel-Kapelusz.
PROPP, V. (1977): Morfología del cuento. Madrid: Fundamentos, 4ª ed.
RODARI, G. (1999): Gramática da fantasía: introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka.
ROIG RECHOU, B.A. (2002): “A literatura infantil e xuvenil en Galicia”, en D. Villanueva/A. Tarrío (coords.), A literatura dende 1936 ata principios do século XXI: narrativa e traducción. A Coruña: Hércules ediciones, 382-501.
SANCHEZ CORRAL, L. (2004): Literatura infantil y lenguaje literario. Barcelona: Paidós.
TEJERINA LOBO, I. (2004): Dramatización y teatro infantil. Madrid: Siglo XXI.
TEJERINA LOBO, I. (coord.) (2008): Leer la interculturalidad. Santander: Consejería de Educación del Gobierno de Cantabria.
VIEITES, M. (1992): Facer teatro. Vigo: Xerais.
Para algúns temas ou apartados, o alumnado contará con bibliografía complementaria.
CompetenciasXerais:
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan as singulares necesidades educativas dos e das estudantes, a igualdade de xénero, a equidade e o respecto aos dereitos humanos.
G.5.- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos/ás demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa epromovela no estudantado.
Específicas
E.45. Coñecer a tradición oral e o folclore.
E.50. Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e escritura.
E.51. Adquirir formación literaria e, en especial , coñecer a literatura infantil.
Básicas
B.2. Que as e os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que as e os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (polo xeral , dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que as e os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que as e os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas en gran grupo centraranse na exposición dos contidos e conceptos básicos da materia, ilustrados con materiais seleccionados especificamente para a súa análise e comprensión. O traballo expositivo complementarase con actividades prácticas relacionadas cos contidos da exposición, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das competencias citadas supra.
As actividades de grupo mediano consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe que supoñan a participación activa de alumnos e alumnas, para favorecer o desenvolvemento das competencias do módulo e da materia. Esta parte implica un importante traballo individual ou en grupo, para propiciar o desenvolvemento de competencias ligadas ao pensamento crítico, innovador e creativo, así como ao desenvolvemento de competencias transversais, tales como o coñecemento instrumental da lingua galega e o uso das TIC. Prestarase especial atención aos traballos que teñen a ver coa análise e comentario do lido/visualizado e ao traballo de produción de proxectos didácticos.
A titorización individual ou en pequeno grupo permitirá orientar o alumnado, de forma máis personalizada, na resolución de problemas e no esclarecemento da información solicitada. Posibilitará tamén o seguimento das diferentes actividades realizadas para alcanzar unha correcta execución dos traballos de curso e un eficaz aproveitamento das clases teórico-prácticas.
Sistema de evaluaciónO traballo relacionado coas sesións expositivas avaliarase a partir dunha proba final sobre os contidos impartidos, a análise e comentario de textos e sobre a capacidade de elaborar microunidades didácticas. Computará o 50%.
O traballo relacionado coas sesións interactivas avaliarase a partir da asistencia e participación nas mesmas; as presentacións individuais ou grupais e os traballos escritos encomendados. Computará o 50%.
Non se realizará media entre a nota da proba final e a das sesións interactivas se non se obtén, como mínimo, un 4 sobre 10 en cada unha delas. Neste caso a acta reflectirá a cualificación da parte que non acade este nivel.
Na convocatoria de xullo os e as estudantes poderán recuperar a materia das sesións expositivas a través dunha proba similar á de xuño. Canto ás interactivas, sempre que se cumpran os requisitos de asistencia, poderán recuperarse os traballos escritos. Manterase a avaliación da convocatoria de xuño no que di respecto á participación e presentacións individuais ou grupais.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoala)Actividades en sesións expositivas: presenciais, 24 horas; de traballo autónomo, 35 horas.
b)Actividades en sesións interactivas: presenciais, 24 horas; de traballo autónomo, 45 horas.
c)Actividades en pequeno grupo ou individuais: presenciais, 3 horas; de traballo autónomo, 19 horas
Total: actividades presenciais, 51 horas; actividades de traballo autónomo, 99 horas.
Recomendacións para o estudo da materia-Asistir e participar nas clases presenciais.
- Revisar os contidos teóricos conforme se van traballando nas clases.
- Aproveitar as tutorías para solucionar todos os problemas de comprensión da materia que non quedasen suficientemente resoltos nas clases.
- Elaborar os traballos encomendados con tempo suficiente.
- Realizar as actividades prácticas con rigor e a medida que se vai desenvolvendo a materia.
- Evitar a posposición da aprendizaxe.
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo, recoméndase ter en conta as seguintes indicacións:
• Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que sexa posíbel empregar grampas en lugar de encanutillados.
• Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.