G3121421 - Practicum III. Procesos de Mellora de Aula e Centro (Curso Ponte do Grao en Mestre en Educación Infantil (S)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 276.00
- Total: 276.0
Outros Datos
- Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Historia da Arte, Historia da Arte, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Socioloxía, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Música, Historia da Arte, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Socioloxía, Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| Cabo Villaverde, Francisco J. | SI |
| CARBALLO VICENTE, MARIA LUZ. | NON |
| FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE. | NON |
| GARCIA MARIN, JORGE. | NON |
| GARCIA RUSO, HERMINIA MARIA. | NON |
| GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL. | NON |
| Marco Lopez, Aurora. | NON |
| Portela Lopez, Cecilia Maria. | NON |
| RESCHES ZLOTNIK, MARIELA. | NON |
| RODRIGUEZ VIVERO, DOLORES. | NON |
| SANCHEZ RODRIGUEZ, MARIA HELENA. | NON |
| ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA. | NON |
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOBXECTIVOS
O sentido xeral deste Practicum III é centrarse nos procesos de mellora de aula e centro, participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica e relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro .
ContidosProcesos de innovación e mellora na aula
- Práctica cotiá e innovación e mellora dos procesos de ensinanza-aprendizaxe nas aulas de Educación Infantil.
- Investigación-acción, diarios e outras estratexias de investigación do profesorado.
- Dificultades de ensinanza-aprendizaxe de contidos procedementais, actitudinais e conceptuais de diferentes áreas de Educación Infantil, desenvolvemento de competencias básicas e proxectos de mellora.
- A mellora da convivencia nas aulas de Educación Infantil.
Procesos de innovación e mellora no centro
- Proxectos de Mellora do centro e colaboración do profesorado.
- Participación e liderado en procesos de mellora no centro.
- Mellora do centro, clima, cultura, compromiso da comunidade educativa, colaboración co territorio e proxectos comunitarios.
- Condicionantes, problemas e resistencias en procesos de innovación no centro.
- Calidade e centros de Educación Infantil e Primaria.
Proceso de “aprendizaxe da ensinanza”
- Socialización profesional de futuros profesores e procesos de mellora de aula e centro.
- As relacións aprendiz-titor, aprendiz-profesorado do centro, aprendiz-alumnado e outros membros da comunidade e do contexto do centro en procesos de innovación e mellora.
- A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas, nas teorías persoais, as expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións de mellora emprendidas a nivel de aula e centro.
- Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nos centros de Educación Infantil.
- Proxecto de mellora da competencia docente.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
CABRERIZO, J., RUBIO ROLDÁN, M. J. e CASTILLO, S. (2010). El Prácticum en los Grados de Pedagogía, de Magisterio y de Educación Social. Madrid: Pearson.
ZABALZA, M. (2006): “El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones”. En ESCUDERO, J.M. y LUIS GÓMEZ, A. (Ed.): La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, pp. 311-334.
ZABALZA, M. A (2008). Diarios de clase: un instrumento de investigación y desarrollo profesional. Madrid: Narcea.
Complementaria:
FUENTES, E. e GONZÁLEZ SANMAMED, M. (2006). “Del alumno a profesor: análisis de las tareas realizadas durante las prácticas escolares”. Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación. Vol. 13, n. 11-12, p. 277-294.
FUENTES, E.; GONZÁLEZ SANMAMED, M. e RAPOSO, M. (2007). Contribuciones de las materias teórico-prácticas y del practicum al desarrollo de la tarea ‘comprender la enseñanza’. 9º Symposium Internacional sobre el Practicum y las Prácticas en Empresas en la Formación Universitaria. Santiago: USC.
PORTO UCHA, A. S. (1994): “A innovación na escola. Problemas e posibilidades”, Innovación Educativa, 3, pp. 145-156.
ZABALZA, M. (Coord.): Actas dos dez Congresos Internacionais sobre o Practicum. Poio (Pontevedra).
Revistas
Infancia, Aula de Infantil, Aula de Innovación Educativa, Cuadernos de Pedagogía, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Adaxe, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre outras.
CompetenciasXerais: Todas. Preferentemente neste Practicum III:
- Coñecer a organización dos centros de educación infantil e primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Analizar o desempeño das funcións de titorización e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singularidades educativas do alumnado. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e promovelo entre os/as estudantes.
- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos seus profesionais nos centros de educación infantil e primaria. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Específicas: Todas as da Materia:
- Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
- Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
- Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o do ensino-aprendizaxe, mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
- Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
- Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
- Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica.
- Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poden establecer nun centro.
- Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
- Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social
Básicas (de acordo co Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES):
- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza No desenvolvemento desta asignatura, podemos distinguir entre actividades presenciais no centro universitario que serán coordinadas polo profesor universitario (“supervisor”) e actividades presenciais no centro escolar que serán orientadas polo profesor ou profesora responsable da aula (“titor”).
Actividades presenciais no centro universitario
Desenvolveranse en tres fases: fase preparatoria, fase de seguimento e fase de avaliación final. Os agrupamentos do alumnado nestas fases poden ser diversos.
Actividades nos centros de prácticas
A fase de estancia nos centros desenvolverase en centros públicos ou privados, seguindo a xornada habitual dun profesor e permanecendo nos mesmos determinados días á semana (outubro-decembro) ata completar un total de 145 horas. As actividades durante esta fase centraranse no centro escolar e nos procesos de innovación e mellora na aula ou no propio centro. O alumnado en prácticas ha de coñecer os procesos de innovación e mellora que se desenvolven no centro e participar no mesmo, así como tomar iniciativas detectando aspectos problemáticos da práctica, comprometéndose con propostas de cambio.
Nas horas de traballo autónomo centrarase na análise e interpretación da realidade da práctica na aula e no centro e na elaboración de propostas de innovación e mellora.
O titor do centro realiza unha función fundamental, axudando ao alumnado nas actividades citadas. As sesións de supervisión na universidade tamén adquiren un papel moi relevante. Estas actividades son fundamentais para o desenvolvemento das competencias ligadas ao Practicum III, con especial énfase nas tres específicas últimas, á vez que se pretende un maior nivel de elaboración de conclusións en torno ás posibilidades de relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro e profundar no desenvolvemento das demais competencias ligadas ao Practicum.
Sistema de evaluaciónRealización de tarefas en relación coa aprendizaxe da profesión segundo valoración do titor do centro escolar e/ou do supervisor universitario: 45%
Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para esta disciplina, (sobre todo no que se refire a asumir o exercicio da función docente).
- Informe de avaliación do titor e/ou do centro: 35%
- Plan de Practicum que contemple o proxecto de actividades a realizar polo alumnado e o proxecto de proposta de mellora ou innovación, que deberá ser entregado ao supervisor universitario o 4 de novembro en horario de titoría e deixarase unha copia ao titor/a do centro: 10%
Participación nas actividades de preparación, seguimento e entrega do traballo final: 10%
Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para esta disciplina.
Informes escritos e outras producións, segundo valoración do supervisor universitario: 45%
Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para esta disciplina, (sobre todo no que se refire a asumir o exercicio da función docente)
Todas, con preferencia as tres específicas citadas no último lugar anteriormente.
O INFORME (45% de puntuación na avaliación)
A) Comprende:
A.1. Introdución referida ao centro: datos xerais do centro, análise de documentos relacionados cos procesos de mellora e innovación. Peso en 5%
A.2. Participación na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica. Esta participación pódese recoller a través da elaboración dun diario de prácticas (no que se inclúa información de carácter descritivo e reflexivo sobre a estadía no centro, por exemplo, planificación e desenvolvemento de actividades, análise dos elementos curriculares –obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación-, deseño e utilización de recursos e materiais didácticos, clima, interacción profesor/a-alumnado, organización da clase, etc.). Peso en 15%
A.3. Proposta de proceso de mellora ou innovación: Peso en 25%
O/a estudante elaborará unha proposta titorizada polo seu supervisor, que pode estar relacionada cos contidos da carta de presentación remitida aos centros, nos que se identificaban aspectos como: atención a dificultades de aprendizaxe, plan de acción titorial, atención á diversidade, plan de convivencia, programas de inmersión lingüística para alumnado estranxeiro, proxectos de educación medioambiental, emprego de TICs, etc.
A proposta atenderá, en xeral, aos seguintes puntos:
Primeira parte.
Xustificación da proposta de innovación ou da necesidade da proposta de mellora
Segunda parte. Proposta de acción
Nome que recibe a proposta.
Integración na aula ou no centro
Obxectivos
Actividades que contempla
Metodoloxía e técnicas de traballo
Prazos e calendario
Recursos e medios necesarios
Instrumentos de avaliación previstos
Bibliografía para a proposta
Conclusións
A.4. Bibliografía e documentación revisada para a elaboración do Informe ou Memoria
A.5. Anexos
B) Aspectos formais do Informe ou Memoria:
B.1. Impresa en DIN A4 polas 2 caras
B.2. Portada: datos de identificación (alumno/a, centro, titor/a no centro, curso ou ciclo de Educación Infantil)
B.3. Índice e paxinación: Introdución referida ao centro; Participación na actividade docente (Diario, se é o caso); Proposta de mellora ou innovación; Bibliografía; Anexos.
B.4. Extensión: 30-40 páxinas.
PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 14-15 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais
Actividades en grupo mediano: 20 horas
Actividades en grupo pequeno ou individuais (inclúe prácticas nos centros): 180 horas
Total: 200 horas
Actividades de traballo autónomo
Actividades en grupo mediano: 20 horas
Actividades en grupo pequeno ou individuais (inclúe prácticas nos centros): 80 horas
Total: 100 horas
Recomendacións para o estudo da materiaTer aprobado Practicum I e II e adquirido competencias mínimas en disciplinas que aborden a observación e comprensión da vida de aula, do centro e das tarefas do profesorado, procesos de planificación curricular, organización de ambientes de aula e desenvolvemento de estratexias de intervención en aulas de Educación Infantil, así como aquelas relacionados cos procesos de planificación e organización de centros escolares.