Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121422 - Aprendizaxe das Ciencias Sociais (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-López L)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (López M-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    D. ........................., Días .........., de HH:MM a HH:MM no despacho ....... do departamento de ....................
    - Familiarizarse cos avances do coñecemento sobre o ensino e aprendizaxe dos contidos sociais, espaciais e temporais na etapa da Educación Infantil
    - Coñecer e valorar a organización do currículo da Educación Infantil e o lugar que ocupa nel o coñecemento social
    - Coñecer e analizar os usos dos diferentes recursos didácticos no ensino do coñecemento social na educación infantil
    - Elaborar propostas de ensinanza sobre os contidos sociais na educación infantil e avaliar distintos materiais didácticos existentes

    Contidos
    1. As ciencias sociais, o espazo e o tempo no currículo de educación infantil
    2. Os estudantes de educación infantil e as aprendizaxes sociais
    3. Os recursos didácticos no ensino das ciencias sociais na educación infantil
    4. Elaboración e valoración de propostas e materiais de ensinanza para a educación infantil

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA:
    - ARANDA, A. M. (2003): Didáctica del conocimiento del medio social y cultural en educación infantil. Madrid: Síntesis
    - EGAN, K. (1991): La comprensión de la realidad en la educación infantil y primaria, Madrid: Morata.
    - RIVERO, M. P. (coord.) (2011). Didáctica de las ciencias sociales para educación infantil: Zaragoza: Mira Editores
    COMPLEMENTARIA
    - ARÁNEGA, S. (comp.) (2003): El mundo en guerra, la educación para la paz. Propuestas y actividades (3-12 años). Barcelona: Graó.
    - BALE, J. (1999). Didáctica de la geografía en la escuela primaria. Madrid: MEC/Morata
    - BEANE, J. A. (2005). La integración del currículum: el diseño del núcleo de la educación democrática. Madrid: Morata
    - BENEJAM, P. e outros (2002): Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos. Barcelona: Graó
    - BOIRA, J. e outros (1994): Espacio subjetivo y geografía. Valencia: Nau Llibres
    - CALVANI, A. (1988): Il bambino, il tempo, la storia. Sevilla: Diada.
    - CASTORINA, J. A. e LENZI, A. M. (comps.) (2000): La formación de los conocimientos sociales en los niños. Barcelona: Gedisa
    - COOPER, H. (2002) Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. Madrid, MEC/Morata.
    - CUENCA, J. M. (2006): La enseñanza del medio en la educación infantil. Huelva: Universidad de Huelva
    - GARCÍA GONZÁLEZ, F. (2000): Como elaborar unidades didácticas en educación infantil. Barcelona: Praxis
    - HERNÁNDEZ, F., VENTURA, M. (2005): La organización del currículum por proyectos de trabajo. Barcelona: Graó.
    - LECANTE, F. (2003). L´espace et le temps avec les ¾ ans. Baueme les-dames: Ntahan
    - O’HARA, L.; O’HARA, M. (2001). Teaching history 3-11: the essential guide. Londres: Continuum.
    - PÉREZ ESTEVE, P e outros (1998): Enseñar y aprender el espacio geográfico. Un Proyecto de Trabajo para la compensión inicial del espacio. Valencia: Nau Llibres
    - PITLUK, l. (2007): La planificación didáctica en educación infantil. Las unidades didácticas, los proyectos y las secuencias didácticas: Buenos Aires: Homo Sapiens
    - RODRIGUEZ LESTEGAS, F. (1995): Didáctica das ciencias sociais na educación infantil. Vigo: Ir Indo
    - TONDA, E. M. (2001). La Didáctica de las ciencias sociales en la formación del profesorado de educación infantil. Alicante: Universidad de Alicante
    - TONUCCI, F. (1998): La ciudad de los niños. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruiperez
    Revistas:
    - Aula de Infantil. Barcelona: Graó.
    - Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia. Barcelona: Graó

    Competencias
    XERAIS
    G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
    G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto dos dereitos humanos
    G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes
    ESPECÍFICAS:
    E.33. Coñecer os fundamentos científicos e sociais do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
    E.37. Adquirir coñecementos sobre a evolución do pensamento, os costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
    E.39. Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostible.
    E.40. Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados
    E.41. Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
    BÁSICAS
    B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria, e se acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posúan as competencias que esixen a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado.
    B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
    TRANSVERSAIS
    T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T.4.- Competencia informacional.

    Metodoloxía da ensinanza
    Partindo de principios contrutivistas e das teorías críticas da educación, o traballo cotiá da materia seguirá un esquema no que se combinan as exposicións do profesor, o traballo individual e en pequenos grupos dos estudantes e a posta en común no grupo clase. Todo isto seguindo unha estratexia de resolución de problemas na que o coñecemento teórico e práctico debe mobilizarse para dar respostas a problemas de ensinanza.
    As sesións expositivas (en gran grupo) estarán destinadas a realizar presentacións da información básica por parte do profesor, para realizar debates e discusións previamente preparados, para proxeccións audiovisuais, para saídas ao campo ou á localidade, para presentacións orais por parte dos estudantes e para as actividades de avaliación grupal. Realizaranse arredor de 15 sesións expositivas. Entre as actividades de gran grupo, realizarase, como mínimo, unha saída de estudo na que se desenvolverán técnicas de traballo de campo, ao mesmo tempo que se promoven as relacións persoais e o traballo cooperativo.
    As sesións interactivas (en grupos medianos) destinaranse á lectura e discusión de textos, á preparación de informes, presentacións orais, debates, traballo con ordenadores, axudas para a realización das tarefas encomendadas, etc. Realizaranse arredor de 15 sesións interactivas con cada grupo mediano.
    As sesións titoriais (grupos pequenos e individuais) destinaranse a prestar axudas na realización de tarefas, presentar sínteses de lecturas, presentar informes de avance dos traballos de grupo, analizar e discutir textos, resolver dúbidas persoais, etc.
    A materia empregará as posibilidades do Campus Virtual da USC.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia non debe limitarse á avaliar os resultados da aprendizaxe dos estudantes; debe ocuparse tamén do proceso de ensino e do nivel de satisfacción dos estudantes, coa finalidade de introducir melloras e innovacións.
    Utilizaremos unha serie de instrumentos para obter información sobre o desenvolvemento da materia: cuestionario inicial sobre expectativas e intereses dos estudantes, opinións dos estudantes sobre o plan xeral e as diferentes actividades, cuestionario final para valorar o nivel de satisfacción, observacións do profesor na aula, etc.
    A avaliación das aprendizaxes dos estudantes farase tendo en conta tres aspectos:
    a) A asistencia e participación nas actividades de aula. É obrigatoria a asistencia a clase, e o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro. A asistencia e participación terlá un peso do 20% na cualificación final
    b) Informes, traballos, producións escritas e presentacións orais dos estudantes. Terán un peso do 40% na cualificación final
    c) Proba escrita específica. Terá un peso do 40% na cualificación final. O alumnado deberá obter nesta proba (apartado c) un mínimo do 40% da cualificación máxima posible, do contrario non contabilizará na cualificación final da materia.
    O alumnado que dispoña de exención de docencia deberá acordar un plan específico de traballo co profesor, que incluirá a asistencia a un mínimo de 4 sesións de titoría.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL

    Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva presencial de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
    Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
    - Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
    - Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
    - Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase aos estudantes que realicen e sigan, baixo a supervisión do profesor e desde o comezo do semestre, un plan de lecturas e traballo. Non é recomendable pretender resolver a materia nas últimas semanas do semestre nin presentar traballos que non teñan sido orientados e supervisados polo profesor.