G3121424 - Traballo Fin de Grao (Traballo Fin de Grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 9.00
- Total: 9.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 200.00
- Horas de Titorías: 600.00
- Total: 800.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Historia da Arte, Historia da Arte, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Socioloxía, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Música, Historia da Arte, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Socioloxía, Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| Aguiar Gonzalez-Redondo, Maria Remedios. | NON |
| BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD. | NON |
| Cabo Villaverde, Francisco J. | NON |
| CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN. | NON |
| CARBALLO VICENTE, MARIA LUZ. | NON |
| CARBALLO VICENTE, MARIA LUZ. | NON |
| Conde Tarrio, German. | NON |
| DIAZ BALADO, ALICIA. | NON |
| FERNANDEZ GONZALEZ, CARLOS. | NON |
| FERNANDEZ TILVE, Ma DOLORES. | NON |
| FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN. | NON |
| FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE. | NON |
| GOMEZ NOVOA, Ma DEL CARMEN. | NON |
| LERANOZ IGLESIAS, MARTIN. | NON |
| Marco Lopez, Aurora. | NON |
| MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA. | NON |
| PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE. | NON |
| Portela Lopez, Cecilia Maria. | NON |
| Sanchez Castaño, Maria Teresa. | NON |
| SANCHEZ RODRIGUEZ, MARIA HELENA. | NON |
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA. | NON |
| ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA. | NON |
| ZAS VARELA, MARIA LUZ. | NON |
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLIL_01 | Ordinario | Clase Interactiva Laboratorio | NON | NON |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO Traballo Fin de Grao ten como obxectivo a acreditación por parte do alumno dos coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos de grao, a través da elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal centrado nalgúns dos ámbitos de intervención do Mestre que se detallan máis abaixo.
A través do desenvolvemento do TFG o alumno logrará:
1. Integrar coñecemento teórico e práctico referido á realidade educativa de aula e centro.
2. Demostrar competencias para planificar, desenvolver, avaliar e innovar a práctica profesional.
3. Desenvolver de forma sistemática un traballo orixinal, que inclúe:
a) Delimitar o tema;
b) Formular obxectivos;
c) Seleccionar información;
d) Analizar e tratar a información;
e) Elaborar conclusións e propostas de traballo;
f) Prever instrumentos de validación.
ContidosO traballo Fin de Grao consistirá na elaboración, por parte do/a alumno/a, dun traballo no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos de Mestre ou Mestra de Educación Infantil.
Este traballo ten un carácter individual e versará sobre contidos relacionados coas funcións profesionais do mestre ou mestra de Educación Infantil.
Os contidos temáticos sobre os que versará o TFG serán os mesmos do Grao, que de forma global e poden expresar nos seguintes epígrafes:
1. Sociedade e educación.
2. O mestre ou a mestra de educación infantil.
3. O suxeito da educación.
4. A escola de educación infantil: organización e modelos curriculares.
5. A construción das aprendizaxes nas diferentes áreas:
a. Aprendizaxe de linguas
b. Aprendizaxe da matemática
c. Coñecemento do medio
d. Aprendizaxe da música
e. Aprendizaxe da plástica
f. Aprendizaxe da motricidade
Inclúe tamén contidos procedimentais para a realización dos estudos que serán obxecto deste TFG e para a súa presentación escrita e oral.
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía será orientada polo titor ou titora do traballo.
En xeral constará de documentos que se refiren a:
- un tema relacionado coa profesión de mestre ou mestra de educación Infantil.
- métodos, procedementos e técnicas de investigación.
- orientación sobre a redacción e presentación de traballos académicos.
CompetenciasCompetencias establecidas na ORDEN ECI/3854/2007 que regula a profesión de Mestre de Educación Infantil:
E.59. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
E.60. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
E.61. Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en particular, de ensino e aprendizaxe mediante o dominio de técnicas e estratexias necesarias.
E.62. Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
E.63. Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
E.64. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.
E.65. Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
E.66. Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
Outras competencias que se desenvolverán e se avaliarán a través da realización deste traballo Fin de Grao:
• Capacidade de autoorganización na planificación e desenvolvemento do labor investigador e/ou profesional tomando iniciativas e implicándose activamente na resolución de problemas.
• Capacidade de autonomía na procura, selección e tratamento de información relevante para o obxectivo do traballo proposto.
• Capacidade de aplicación integrada dos coñecementos e habilidades adquiridos ao longo do grao.
• Capacidade de sistematización e presentación de información de xeito organizado e correcta desde o punto de vista académico e profesional, empregando diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
• Capacidade de reflexión e reformulación sobre o traballo desenvolvido, incorporando unha actitude autocrítica construtiva sobre o mesmo.
• Capacidade de comunicación da proposta utilizando recursos expresivos e argumentativos.
Metodoloxía da ensinanza De maneira transitoria para o curso académico 2013-14, co fin de desenvolver a Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013, a Comisión de Traballos Fin de Grao da Facultade elaborará unha guía docente na que se determinen as diferentes formas de desenvolvemento, exposición e criterios de avaliación.
Sistema de evaluaciónDe maneira transitoria para o curso académico 2013-14, co fin de desenvolver a Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013, a Comisión de Traballos Fin de Grao da Facultade elaborará unha guía docente na que se determinen as diferentes formas de desenvolvemento, exposición e criterios de avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoalO TFG ten o valor de 9 créditos, o que equivale a un conxunto de 225 horas de traballo.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase planificar adecuadamente o traballo, inicialo tan axiña como sexa posible e desenvolvelo de forma ordenada e sistemática.
ObservaciónsA Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013 regula a realización do TFG. Pódese consultar en: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/ecoade/tfg/Normativa_TFG_e_TFM.pdf