Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121442 - Educación e Linguas en Galicia (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Lingüística Xeral, Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ZAS VARELA, MARIA LUZ.NON
ZAS VARELA, MARIA LUZ.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Xerais
    Educación e Linguas en Galicia, materia optativa do grao en Mestre/a de E. Infantil, pretende formar o seu alumnado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
    En concreto:
    1. Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
    2. Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou multilingüe plurilingüe.
    3. Coñecer os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
    4. Coñecer e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
    5. Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.

    2. Coñecementos (saber)
    a. O papel da comunicación, da interculturalidade e da diversidade lingüísticas na aprendizaxe das linguas
    b. A natureza das situacións multilingües e a súa relación co ensino e aprendizaxe das linguas
    c. Os determinantes da situación sociolingüística galega, especialmente no ensino
    d. As bases da planificación lingüística escolar galega e o modelo vixente
    e. Contidos básicos sobre o ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe

    3. Procedementos (saber facer)
    a. Aplicar coñecementos sobre as linguas, as súas funcións e as situacións multilingües ao ensino e aprendizaxe das mesmas
    b. Analizar casos e modelos educativos multilingües e saber aplicalos a situacións concretas
    c. Resolver problemas relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas
    d. Analizar exemplos relacionados coa situación sociolingüística galega, especialmente na idade infantil
    e. Operar con criterios e instrumentos propios da planificación lingüística escolar
    f. Aplicar principios do ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe a partir do MECR
    g. Potenciar as capacidades comunicativas do alumnado

    4. Actitudes (saber ser)
    a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade lingüística como unha riqueza expresiva e cultural
    b. Valorar a importancia destas actitudes para o ensino e aprendizaxe das linguas
    Contidos
    Tema 1. Comunicación, interculturalidade e diversidade lingüística. As situacións multilingües e o seu valor social e educativo.

    1.a. Unidade e variedade lingüística no mundo actual: comunicación, cultura e diversidade. As linguas na UE. Directrices europeas para a organización educativa do multilingüismo.

    1.b. Dimensión social, cognitiva e educativa do plurilingüismo

    1.c. O desenvolvemento da conciencia metalingüística cara á variación lingüística na etapa infantil.

    Tema 2. A planificación lingüística escolar en contextos multilingües.

    2.a. A política e a planificación lingüística. Presentación de conceptos básicos. Fixación de teorías e tipos a partir da observación de distintas realidades multilingües.

    2.b. Fases e actividades da planificación lingüística. Planificación formal da lingua fronte a planificación funcional. Normativización fronte a normalización. O papel da escola nas distintas fases e actividades.

    2.c. Factores influintes na planificación lingüística. Condicións de éxito das intervencións planificadoras. Alcances e límites do sistema educativo como instrumento para o fomento do multilingüismo.

    Tema 3. Aplicacións ao caso galego. A situación sociolingüística de Galicia e a súa relación co sistema educativo. As linguas no sistema educativo galego.

    3.a. A lingua vehicular na primeira escolarización: evolución das disposicións legais a partir das decisións de inicio tomadas na LNL’83 (lingua materna e non segregación). A situación legal actual.
    3.b. A lingua vehicular no ensino primario e secundario: da non fixación cualitativa nin cuantitativa ao establecemento de directrices de ambos os tipos. As seccións bilingües: orixe e marco legal actual.
    3.c. Outros usos lingüísticos escolares: administración, sinaléctica, normalización/dinamización.
    3.d. O Proxecto Lingüístico de Centro no Decreto para o plurilingüismo (2010): funcionalidade e posibilidades. Análise de proxectos reais.

    Bibliografía básica e complementaria
    ANDRADE, A. I. e MARTINS, F. (Coord)(2007): Abordar as línguas, integrar a diversidade nos primeiros anos de escolaridade, Aveiro, Universidade de Aveiro.
    AMENGUAL, M., M. JUAN & J. SALAZAR (eds). (2006). Adquisición y aprendizaje de lenguas en contextos plurilingües, ensayos y propuestas aplicadas. Universitat de les Illes Baleares (Actas AESLA). http://books.google.es/booksid=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=
    onepage&q&f=false
    APPEL, R. & P. MUYSKEN (1996). Bilingüismo y contacto de lenguas. Barcelona: Ariel.
    BAKER, C. (1997). Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Madrid: Cátedra
    BAKER, C. & S. PRYS JONES (eds.) (1998). Encyclopedia of bilingualism and bilingual education. Clevedon: Multilingual Matters.
    CASSANY, D. (2006). El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid; MEC.
    COUNCIL OF EUROPE (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf
    COUNCIL OF EUROPE (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
    COUNCIL OF EUROPE (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment / Un cadre européen commun de référence pour les langues: apprendre, enseigner, évaluer. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. http://www.usc.es/snl/forma/marco.pdf http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf
    COUNCIL OF EUROPE (2001b). A Common European Framwork of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment – A General Guide for Users. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV-EDULANG (2001) 1) http://www.coe.int/T/DG4/Portfolio/documents/Guide-for-Users-April02.doc, http://books.google.es/books?id=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false
    CUMMINS, J.: “La hipótesis de la interdependencia lingüística y desarrollo educativo de los niños bilingües”. Infancia y Aprendizaje, 21, pp.37-68.
    DÍAZ GARCÍA, M. T., I. MAS ÁLVAREZ & L. ZAS VARELA (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña: TresCtres.
    FERNÁNDEZ PAZ, A., A. LORENZO SUÁREZ & F. RAMALLO (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
    FERNÁNDEZ PAZ, A., A. LORENZO SUÁREZ & F. RAMALLO (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
    PALACIOS MARTÍNEZ, I. (dir.) (2007). Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid: Enclave-ELE.
    UNESCO (1996). Declaración Universal de los Derechos Lingüísticos
    VV. AA. (2003). O desafío da diversidade lingüística. Grial, nº 160, pp. 18-70.
    WARDHAUGH, R. (1992). Introducción á sociolingüística. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
    WURM, S. A. (ed.) (2001). Atlas de las lenguas del mundo en peligro de desaparición. París: Unesco.
    XUNTA DE GALICIA (2004): Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia

    Competencias
    Competencias xerais
    G.6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
    Competencias específicas
    E.13. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan a educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
    E.48. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
    Competencias básicas
    B.1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da Educación Secundaria xeral e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reuniren e interpretaren datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
    Competencias transversais
    T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T.4. Competencia informacional.
    Metodoloxía da ensinanza
    1. SESIÓNS EXPOSITIVAS

    Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da asignatura. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición do profesor e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.

    2. SESIÓNS INTERACTIVAS
    As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos, etcétera, de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas, etcétera, ademais das propias do módulo e da asignatura.

    3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
    O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á asignatura.

    4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
    No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, ao comentario, ao debate, etcétera de documentos e á exposición dos seus traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público), a aprendizaxe autónoma, o traballo cooperativo, etcétera.
    Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre o profesorado e o alumnado da materia.

    5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
    Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
    Sistema de evaluación
    A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa e deberá permitir medir o seu grao de consecución. O alumnado pode seguir a avaliación continua na primeira oportunidade e de non ser así, poderá realizar unha proba de exame na segunda oportunidade (mes de Xullo).

    PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO):
    Para obter esa información utilizaranse os seguintes instrumentos:

    1. Observación da participación na aula: avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará ata un 20% da cualificación da materia.

    2. Traballos: durante o curso o alumnado deberá presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo (individual ou grupal) nas sesións presenciais, e esta produción escrita será avaliada paulatinamente pola profesora (40% da cualificación)

    3. A suma de todos eses traballos diarios cunha reflexión crítica persoal constituirá o portafolios da materia, que terá que ser entregado definitivamente o mesmo día do exame final. Valorarase ata un máximo do 40% da cualificación da materia.

    SEGUNDA OPORTUNIDADE (MES DE XULLO):
    O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá unha segunda oportunidade no mes de xullo. O instrumento de avaliación desta segunda oportunidade será un único exame.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 9 deste programa sobre recomendacións.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Resulta imprescindible o estudo continuado da materia a medida que esta se desenvolve, de maneira que é conveniente e de obrigrado cumprimento para optar a avaliación continua a asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, así como a preparación dos contidos das mesmas.
    Observacións
    O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html.