Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3121449 - Educación Vocal para Docentes (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Expresión Musical
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FACAL MAYO, DAVID.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer a voz, o sistema fonatorio, as súas funcións e as súas cualidades: a altura, intensidade e timbre, para descubrir as súas posibilidades técnicas e expresivas.

    Coñecer as actividades lingüísticas e mecánicas que interveñen no acto da fala. Os sons e a súa articulación.

    Tomar conciencia de que a voz é a principal ferramenta de traballo. Esta require exercitación e disciplina. É fundamental o seu uso correcto, o seu coidado e mantemento, así como medidas hixiénicas básicas para exercer a profesión docente.

    Obter un eficaz rendemento que lle permitirá reforzar a interpretación na utilización de diferentes formas de fala: a fala cantada, a conversa, a fala no teatro, a voz de mando e a voz profesional.

    Deixar fluír a expresión dunha forma relaxada, liberando o movemento corporal e o xesto, controlando o son e a súa proxección sen tensións.

    Aprender a relaxar as partes tensas do organismo provocando un estado xeral de calma, equilibrio físico-mental e integración.

    Liberación do mecanismo respiratorio para o seu correcto funcionamento, desenvolvemento deste mecanismo co fin de lograr un resultado óptimo e resistente, tanto na voz falada coma na voz cantada.

    Utilizar o corpo como caixa de resonancia da voz e como instrumento ben afinado.
    Impostar o corpo para impostar a voz.

    Integrar na súa vida cotiá os aspectos posturais (de pé e sentado) e respiratorios ao servizo da expresión oral.

    Canalizar a súa voz como un proceso de autocoñecemento e autocontrol.

    Conducir as emocións na expresión vocal e a liberdade de movemento.

    Adaptar a nova voz creativa aos diferentes espazos.

    Comprender e experimentar o ritmo, a súa simbolización e xestualización, practicando a canción e a súa correcta entoación como principal aporte de emocións. Desenvolvendo unha pronunciación rítmica axeitada da palabra, áxil e clara.

    Contidos
    Unidade 1: O corpo como instrumento. O aparato fonador: fisioloxía e anatomía da fonación. O sistema nervioso e a voz. O esquema corporal vogal.

    Unidade 2: Elementos de entonación na dicción e emisión de palabras. Breves nocións de fonética. Cualidades da voz. Clasificación das voces. Patoloxías da voz: as disfonías funcionais.

    Unidade 3: Saúde e hixiene vogal. Prevención, detección e solución de problemas vogais. Técnicas de respiración. Técnicas de relaxamento. Técnicas de emisión: Impostación e articulación do son.

    Bibliografía básica e complementaria
    ALEXANDER, M. “La técnica Alexander”, 1ª edición, Ed. PaidósIbericaS.A., 1995.

    ALSINA,P. DIAZ, M. GIRALDEZ, A. “La música en la escuela infantil (0-6)” Graó. Barcelona. 2008.

    BUSTOS SANCHEZ , I. “La voz”. la técnica y la expresión. Varios autores: Armand Balsebre, Carmen Bustamante, Inés Bustos Sánchez, Cori Casanova Barberá, Yiya Díaz, Rosa Galindo, Cecilia Gasull, Josep Maria Pou, Gemma Reguant, Ana Rosa Scivetti.Paidotribo.Barcelona. 2003.

    CABALLERO, C. “Cómo educar la voz hablada y cantada”Edamex. Mexico 1994.

    ESCOLÁ BALAGUERÓ, F. “Educación de la respiración”. Pedagotécnia para el rendimiento físico y la fonación.Inde publicaciones. Barcelona 1989.

    FARHI, D. “El gran libro de la respiración”Robinbook. Barcelona1998.

    HENDRICKS, G. “La respiración consciente” . Urano Barcelona 1997.

    HEWITT, G.“Cómo Cantar”, Edaf, 1981.

    LODES, H. “Aprende a respirar” . Integral.Barcelona 1990.

    MCCALLION, M. “El libro de la Voz.”. Urano. Barcelona1998.

    MANZI , P. “Aprenda a respirar bien”.DeVecchi. Barcelona 2005.

    TORRE IGLESIAS M. e CALLE, R., “Relajación para saber vivir”, TVE, Integral RBA, 1999.

    Competencias
    G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.

    G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.

    G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.

    G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os estudantes.

    E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.

    E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.

    E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.

    E57. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.

    B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

    B.2.- Que os estudiantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.

    B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

    B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

    T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.

    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.

    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades de gran grupo contémplanse desde un aspecto xeral teórico-práctico. O alumnado adquirirá as competencias relacionadas e descritas no cadro exposto, compartindo a aprendizaxe adquirida a partir da execución de actividades que poden ser de carácter expositivo, investigativo en distintos ámbitos relacionados co coidado da voz, ou directamente práctico mediante a realización de exercicios específicos da materia.

    As actividades de grupo mediano son propostas dende a experiencia que o alumnado adquire coas prácticas específicas en educación vocal propostas polo profesor. A partir destas prácticas específicas desenvólvense as competencias relacionadas e descritas no cadro anterior.

    Os alumnos distribuiranse en grupos moi reducidos para acudir ás sesións de titoría, e incluso contémplase a súa asistencia individual, co fin de facer un seguimento orientativo sobre o traballo a desenvolver, así como sobre a aprendizaxe individual e grupal a adquirir, posibilitando o desenvolvemento das competencias relacionadas e descritas no cadro, así como encauzando as vías de aprendizaxe co obxectivo de resolver as formulacións específicas da materia.

    Os materiais de clase poñeranse á disposición do alumnado a través da Aula Virtual.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos.
    1. Participación e prácticas específicas de aula. Puntuará un 50% sobre a nota final.
    2. Examen escrito, incluindo preguntas obxectivas, pregunta corta e / ou contido práctico, que puntuará en total un 30% da nota final.
    3. Traballos e actividades, incluíndo informes escritos, exposicións e outras produccións na aula, que puntuarán un 20% sobre a nota final.

    Para obter a calififación de aprobado, un alumno/a deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a calificación mínima esixida en cada un dos apartados da avaliación: no apartado 1, un 2,5,; no apartado 2, un 1,5; e no apartado C un 1 (calificacións ponderadas).



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Dúas horas semanais
    Recomendacións para o estudo da materia
    Posta en práctica na vida cotiá das técnicas aprendidas tanto na voz falada como cantada, para conquerir un ton e impostación óptimas, coa consciencia de que os mestres somos profesionais da voz.

    Implicación activa na dinámica de clase.

    Seguimento continuado das actividades propostas.

    Cumprimento dos prazos estabrecidos

    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
    O alumnado con exención de docencia terá que comunicalo en tempo e forma ao profesorado. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos