G3141445 - Teoloxía Católica e a súa Pedagoxía (Optativo Relixión Católica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1º. Recoñecer o sentido vital que proporciona a mensaxe evanxélica e transmitilo na escola.
2º. Consolidar o sentido eclesial e evanxelizador do profesorado de relixión, como enviado pola igrexa diocesana.
3º. Afondar na peculiaridade da misión evanxelizadora do profesorado de relixión no ámbito escolar.
4º. Realizar a síntese persoal da doutrina católica.
5º. Traducir os temas centrais da nosa fe á linguaxe e a mentalidade dos destinatarios.
6º. Sinalar os elementos concretos en que o neno pode fundamentar os valores cristiáns
ContidosTema 1: O Evanxeo e a nova evanxelización
1.1. A busca de sentido e a liberdade da fe
1.2. A boa noticia na transmisión da cultura
1.3. Contidos esenciais da nova evanxelización aplicados á realidade escolar
1.4. O valor humanizador do relixioso. Evanxelización e desenvolvemento persoal
1.5. Principais dificultades para a evanxelización na escola
Tema 2: A Misión
2.1. A comunidade dos crentes: sentido eclesial
2.2. O envío a evanxelizar na escola: unha forma orixinal do ministerio da palabra
2.3. O profesor de Relixión católica hai presente á Igrexa na escola
2.4. A nosa proposta: unha nova forma de vida e de relacións humanas
Tema 3: O sentido evanxelizador da ERE en diálogo coa cultura
3.1. Evanxelización e inculturación da fe
3.2. A Igrexa e a cultura. A relación entre a fe e a razón
3.3. O home á busca de Deus. Relixión e cultura
3.4. Raíces cristiás da cultura española
3.5. Os desafíos da postmodernidade
3.6. A tarefa da ERE: inserir o evanxeo no corazón da cultura
Tema 4: O profesorado de Relixión católica
4.1. O sentido evanxelizador do profesor
4.2. Talante e carisma
4.3. Referencias e modelos
4.4. Formación
Tema 5: A persoa humana
5.1. A creación: imaxe de Deus
5.2. A vocación: unión con Deus
5.3. A condición humana: pecado e graza
5.4. O sentido último da vida
Tema 6: A Trindade como misterio central do cristianismo
6.1. O misterio da Santa Trindade
6.2. O Pai e o seu coidado amoroso
6.3. O Fillo e a súa entrega
6.4. O Espírito Santo e a súa vitalidade
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- X. M. Domínguez Prieto, El profesor cristiano: identidad y misión, PPC, Madrid, 2012.
- A. Besinger, No mentir a los niños acerca de Dios, Sal Terrae, Santander, 2002.
- R. Tschirch, Dios para niños, Sal Terrae, Santander, 1986.
- J. Burón Orejas, Psicología y conciencia moral, Sal Terrae, Santander, 2010.
- L. González - Carvajal Santabárbara, Esta es nuestra fe. Teología para universitarios, Sal Terrae, Santander, 2012.
- B. Sesboüé, Creer. Invitación a la fe católica para las mujeres y hombres del siglo XXI, San Pablo, Madrid, 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- F. Torralba Roselló, ¿Ah sí? ¿Cómo hablar de Dios a los niños?, Claret, Barcelona, 2010.
- A. Ávila, Para conocer la psicología de la religión, Verbo Divino, Estella, 2003.
- C. Esteban Garcés, Didáctica del área de religión, Ediciones San Pío X, Madrid, 1998.
- R. Artacho, La enseñanza escolar de la religión, PCC, Madrid, 1989.
- R. Artacho, Enseñar competencias sobre la religión. Hacia un currículum de religión por competencias, DDB, Bilbao, 2009.
- Q. Calvo Cubillo, Educación de la conciencia, PPC, Madrid, 2010.
- Id. Moral para Marta, PPC, Madrid, 1998.
- Comisión Episcopal de Enseñanza y Catequesis, El profesor de religión católica, 1998.
- F. Oser, El origen de Dios en el niño, PCC, Madrid, 1996.
- B. Grom, Psicología de la religión, Herder, Barcelona, 1994.
- P. Maimí Pons, Pedagogía de la fe, Ediciones San Pío X, Madrid, 1998.
- J. A. Rivera Moreno, Sociología del hecho religioso cristiano, Ediciones San Pío X, Madrid, 2001.
- Pilar Herranz Ybarra, Psicología evolutiva I, volumen 2: Desarrollo social, Uned, 2002.
Enlaces
- www.conferenciaepiscopalespañola.es
- www.profes.net
- www.auladereli.es
CompetenciasXerais:
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que
comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos
estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a
dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
Específicas:
E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
E36. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura.
Básicas:
B.1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais:
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
Metodoloxía da ensinanza Traballo en Gran Grupo: O profesor desenvolve e amplía o temario do curso, incluíndo proxeccións e discusións dirixidas
A participación activa dos alumnos na clase constitúe, xunto coas explicacións e materiais distribuídos nas sesións de clase, a mellor ferramenta de aprendizaxe nesta materia.
As explicacións intentarán apoiarse o máis posible na experiencia inmediata do alumno e na percepción do seu medio.
Traballarase con textos que servirán de debates en pequenos grupos, con posta en común para todo o grupo.
Nas sesións de titoría os alumnos terán a posibilidade de personalizar o seu traballo e se é o caso, a avaliación deste.
Sistema de evaluaciónA asistencia e participación en clase son obrigatorias para todos os alumnos matriculados na materia. O profesor verificaraas pasando lista.
Utilizaranse:
-Diferentes tipos de avaliación.
-Distintos instrumentos de avaliación.
Asistencia (mínimo 80%) e participación: 2 puntos.
Actitude cooperativa na aula: 1 punto.
Traballos escritos: 2 puntos.
Exame: 5 puntos.
-Diversos criterios de avaliación
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo e traballo persoal
A materia ten un total de 48 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo clase, actividades de grupo en seminarios, estudos de casos, guías e orientación de traballos e titorías, ademais da realización dunha proba exame de 2 horas.
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 90 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 dedicaranse ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentacións orais e unhas 19 para o traballo de lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clases. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar e exención oficial de docencia.
Recomendacións para o estudo da materiaNon se indican requisitos previos. Non obstante, é importante que os alumnos e as alumnas se impliquen activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia, para lograr superala con éxito; tamén se recomenda abordala de forma comprensiva e significativa
ObservaciónsRESPONSABILIDADE AMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia hai que ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir dúas caras en calidade "borrador".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos