G3121456 - Desenvolvemento da Percepción e Expresión Musical (Optativo Mención en Linguaxes Artísticas ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Música, Didáctica da Expresión Musical
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia“La Educación tiene que servir para aprender a conocer, aprender a convivir, aprender a hacer y para aprender a ser”
Delors, J. (1996). Los cuatro pilares de la educación. La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana/UNESCO. pp. 91-103.
- Elaborar e desenvolver proxectos de educación musical na etapa de infantil.
- Demostrar interese, participación, iniciativa e responsabilidade nas diferentes actividades que se desenvolvan dentro e fóra da aula.
- Elaborar os traballos que se especifiquen con rigor científico e didáctico, manexando fontes e recursos documentais procedentes de distintas bases de datos e línguas, coidando a coherencia interna e a organización.
- Manexar e presentar materiais elaborados a través de software musical TIC.
Contidos- A expresión, percepción e creación musical na educación infantil.
- Proxectos didácticos relacionados co desenvolvemento da educación musical en infantil.
Bibliografía básica e complementariaAlsina, P.; Díaz, M. y Giráldez, A. (2008). La música en la escuela infantil (0-6). Barcelona: Graó.
Hemsy de Gainza, V. (1984). La iniciación musical del niño. Ricordi: Buenos Aires.
Riaño, E. y Díaz, M. (Coords.) (2011). Fundamentos musicales y didácticos en educación musical. Santander: PUbliCan ediciones (Universidad de Cantabria).
Pascual, P. (2006). Didáctica de la Música para Educación Infantil. Madrid: Pearson Educación.
Ruiz, E. (2011). Expresión musical en la educación infantil. Orientaciones didácticas. Madrid: Editorial CCS.
Tafuri, J. (2006) ¿Se nace musical? Como promover las actitudes musicales de los niños. Barcelona: Graó.
Willems, E. (1984). Las bases psicológicas de la educación musical. Buenos Aires: EUDEBA.
______ (2002). El valor humano de la Educación Musical. Barcelona: Paidós.
Esta bibliografía complementarase con outra máis específica e con outros materiais en distintos formatos (audios-audiovisuais-revistas-electrónicos, etc) no momento en que se desenvolvan os distintos contidos e actividades do programa.
Competencias- Específicas:
E. 54. Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
55. Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E. 56. Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
57. Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
Xerais: G2, G5, G11.
Específicas: E54, E55, E56.
Básicas: B4, B5.
Transversais: T1, T2, T3.
As competencias pódense consultar no seguintes enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G3121_G3131_Mestre_Infantil_2010_11.pdf
Metodoloxía da ensinanza Sesións expositivas: onde se desenvolverán contidos conceptuais alternando a exposición con actividades interactivas na realización de exercicios prácticos.
Sesións interactivas: onde se desenvolverán contidos procedimentais a través de actividades progresivas utilizando todos os recursos didácticos necesarios para unha mellor comprensión dos contidos da materia. Ademáis proporanse actividades para realizar en pequenos grupos de traballo.
Aula virtual: utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais.
Os materiais de estudo e práctica musical, así como outros documentos, atoparanse na aula virtual.
Sistema de evaluaciónI. Convocatoria de maio:
1 - Probas e prácticas específicas de aula a través de actividades e proxectos obrigatorios en grupo e/ou individuais (70% da nota final).
2 - Asistencia, participación e presentacións na aula (30% da nota final).
A asistencia ás sesións interactivas e ás exposicións dos traballos é obrigatoria. Pérmitese a ausencia ata cinco sesións (máximo de dúas inxustificadas, que serán penalizadas con 0,5 puntos cada unha da nota final).
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación positiva nos dous apartados. No caso de suspender o apartado 1, mirar o apartado “recuperación de prácticas específicas”. O apartado 2 non é recuperable.
Convocatoria de xullo e/ou extraordinarias:
1 - Probas e prácticas específicas de aula a través de actividades e proxectos obrigatorios en grupo e/ou individuais (70% da nota final).
RECUPERACIÓN DE PRÁCTICAS ESPECÍFICAS:
O alumnado que teña pendente o apartado 1 deberá realizar un traballo teórico- práctico que será exposto e defendido na convocatoria do exame. As normas e instruccións das actividades a realizar solicitaranse persoalmente ao profesorado da materia en horario de titorías. A data para asistir a esta titoría exporase no taboleiro de anuncios (enfrente da aula nº 4).
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnado con exención de docencia poderá examinarse tanto na primeira como na segunda convocatoria pero cos requisitos de avaliación que sinala a segunda convocatoria.
Tempo de estudo e traballo persoalO traballo debe ser imprescindiblemente semanal. O tempo deberá incrementarse segundo as dificultades persoais do propio alumnado e dos contidos da materia. Recoméndase un mínimo de dúas horas semanais para la comprensión y realización dos exercicios e actividades propostas nas sesións.
a) - Actividades dentro do horario académico: 38,5h
- Sesións expositivas: 18h
- Sesións interactivas: 18h
- Titorías académicas: 2,5 h
b) - Actividades fóra do horario lectivo: 74
- Estudo e traballo individual: 51h
- Traballo en grupo: 13h
TOTAL (a+b) = 112,5 h (4,5 créditos ECTS)
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia ás clases.
- Constancia no estudo.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas titorías.
- Ser responsable e non esquecer as datas dos traballos ou actividades plantexadas polo profesorado e grupos de traballo.
- Utilizar os recursos da propia Facultade (biblioteca, aulas) para o estudo e para a ampliación dos propios coñecementos.
ObservaciónsDebido a que é obrigatorio traballar e estar comunicado a través dunha plataforma virtual, recomiéndase dispoñer dun ordenador persoal con conexión a Internet. O profesorado da materia será o responsable de dar de alta aos usuarios na primeira semana do inicio da actividade lectiva.
Os traballos individuais e/ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programase dun xeito coordinado.
En relación aos traballos persoais ou de grupo terase en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medioambiental:
- Imprimir a dobre cara en calidade de “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Avisos, prazos, e outras notificacións, comunicaranse a través da aula virtual.