G3121458 - Deseño e Desenvolvemento de Metodoloxías Artísticas (Optativo Mención en Linguaxes Artísticas ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Historia da Arte, Didáctica da Expresión Plástica
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCon esta materia preténdese traballar cun modelo de formación de profesorado fundamentado en atitudes críticas e reflexivas. Este diseño terá na súa base a vinculación ca Arte contemporánea. Trátase de proporcionar ao alumnado os recursos necesarios para que na súa futura labor docente enfoquen o desenvolvemento da expresión plástica desde un punto de vista práctico-reflexivo.
Os elementos e técnicas da linguaxe visual e plástico que se desenvolveron na materia Educación Visual e Plástica: Contextos e Procesos concretaranse en proxectos artísticos que ofrezan unha visión interdisciplinar da Educación Artística.
ContidosO artista como docente: alguhnas metodoloxías artísticas.
Educación e arte contemporánea: arte pública, arte colaborativa, arte-naturaleza, activismo artístico, net-art, fotografía e video en arte dixital.
Proxectos de Educación Artística: A metodoloxía de proxectos-proceso entronca directamente co proceso de creación artística. Ao establecer unha analoxía entre arte e educación resáltase o papel da relación dialéctica teoría-práctica como unha posibilidade de perfeccionamiento e de innovación en Educación Artística.
Diseño de proxectos: Principios de diseño, modos de actuación, estrutura e recursos.
Bibliografía básica e complementariaBásica
- EISNER, E. (2004): El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia, Paidós, Barcelona
- EISNER, E. (1995): Educar la visión artística, Paidós, Barcelona.
- HARGREAVES, D. J. (1991): Infancia y educación artística, Morata, Madrid.
- KELLOGG, R. (1987): Análisis de la expresión plástica del preescolar, Cincel, Madrid.
- MATTHEWS, J. (2002): El arte de la infancia y la adolescencia, Paidós, Barcelona.
- NUN DE NEGRO, B. (1995): La educación estética del niño pequeño, Ed. Magisterio, Buenos Aires.
Complementaria
- BADÍA, M. y otros (2003) Figuras, formas, colores: propuestas para trabajar la educación plástica y visual, Graó,Barcelona
- BERROCAL, M. (coord.) (2005), Menús de educación visual y plástica : siete propuestas para desarrollar en el aula, Graó, Barcelona.
- BOSCH, E. y otros (2002): Hacer plástica. Un proceso de diálogos y situaciones, Octaedro, Barcelona.
- CHERRY, C. (1999): Creative art for the developing child: a teacher's handbook for early childhood education, Fearon Teacher Aids, Torrance.
- LANCASTER, J. (1991): Las artes en la educación primaria, Morata, Madrid.
- MARÍN, R. (2005): Investigación en educación artística: temas, métodos y técnicas de indagación sobre el aprendizaje, Universidad de Granada, Granada.
- SAUSSOIS, N. (1988): Actividades en talleres para guarderías y preescolar, Cincel, Madrid.
- SMITH, N. R. (1993): Experience & Art Teaching Children to paint, Teaching College, Columbia University, N. York.
Competencias- Empregar as diferentes técnicas artísticas, materiais e métodos máis axeitados para a Educación Infantil.
- Desenvolver proxectos de Educación Artística adecuados á Educación Infantil.
E.53. Coñecer os fundamentos plásticos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento dos aprendizaxes correspondentes.
E.56. Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción, o debuxo e a creatividade.
E 57. Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
E 58. Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística
(G1, G2, G4, G5, G11, B2, B3, B4, B5, T3)
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas están pensadas para plantexar, desenvolver e comentar diferentes metodoloxías e para crear situacións de aprendizaxe que incidan nos aspectos máis básicos e relevantes dos proxectos. O profesorado, a través dun aprendizaxe indagativo, utilizará a exposición e as presentacións de proxectos como punto de partida para que o alumnado se implique cun papel activo nas distintas facetas dos proxectos propostos.
A docencia interactiva estruturarase a través de dinámicas de grupo. Esta parte implica un importante traballo autónomo individual e en grupo, propiciando o desenvolvemento de competencias ligadas ao pensamento crítico, innovador e creativo. O alumnado será atendido en pequenos grupos para estimular e dinamizar os traballos e resolver de maneira individualizada aquelos problemas cos que se enfronten.
Unha parte importante da materia llevarase a cabo empregando o soporte da plataforma virtual da USC
Sistema de evaluaciónA evaluación será continua, formativa e cualitativa a través do diseño e posta en práctica dos proxectos realizados. Ademais, se entregará unha valoración reflexiva e crítica de cada un deles.
Se terá en conta:
a. Observación da participación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a atitude e a boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades realizadas na aula. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e prácticas, así como participar activamente nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado. (10%)
b. Proxectos. Os proxectos que se realicen durante o cuatrimestre entregaranse en diferentes prazos, despois de telos visto, falado e reflexionado sobre eles. Cada un deles terá a súa cualificación, e a nota final extráese da media de todos os proxectos. (En cada proxecto se inclúen aspectos tales como a implicación persoal, o rigor do tratado, a búsqueda de solucións diferentes, os informes presentados, a fundamentación usada, …) (80%)
A presentación dos proxectos valorarase cun máximo dun 10%.
Se considerará non presentado aquel alumno que non entregase ningún dos proxectos.
DATA LÍMITE de entrega de traballos: o día e a hora fixados no calendario oficial de exames.
No caso de alumnado con exención de docencia, poderán seguir o curso a través da aula virtual, onde estará volcado todo o material presentado na clase, así como os traballos propostos; ademais, contará cos foros, mensaxes e as tutorías on-line. O alumnado que se atope nesta situación terá que entregar o mesmo cos outros que asisten a nivel presencial. (A cualificación deste grupo de alumnos farase sobre o 90% da nota).
Tempo de estudo e traballo persoalComo consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 38,5 correspondense co traballo presencial na aula e 74 ao traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, ademais das orientacións que o profesorado dese a coñecer, aconsellase velo apartado sobre recomendacións.
Recomendacións para o estudo da materia- Lectura de textos previa ás diferentes sesións.
- Asistir asidua e participativamente ás clases e tutorías.
- Cumplir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é recomendable confiar a preparación da asignatura para o final do curso).
ObservaciónsO alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respetalas datas establecidas para a entrega de traballos. Nalgúns casos, poderase establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garanten os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da asignatura.
Recoméndase manter un seguimento activo da asignatura mediante as tutorías e a plataforma virtual para facilitar o axeitado desenvolvemento da materia e a súa superación.