G3121459 - Proxectos Integrados en Educación Artística (Optativo Mención en Linguaxes Artísticas ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Coñecer e comprender os modelos, principios de deseño e estrutura dos proxectos integrados nas artes.
-Reflexionar sobre a importancia da incorporación do traballo por proxectos na aula de infantil.
-Elaborar un proxecto para o aula de infantil que incorpore os coñecementos traballados nos cursos anteriores, en especial nas materias Motricidade Infantil, Educación Visual e Plástica: Contextos e Procesos Artísticos e Música na Educación Infantil.
Contidos-Proxectos integrados en artes: modelos, principios de deseño, estrutura.
-Revisión dos contidos referidos á arte, á motricidade infantil e os métodos e modelos de educación musical para a aula de infantil.
-Elaboración de propostas para a aula de infantil.
Bibliografía básica e complementariaBásica
Eisner, E. (1995), Educar la visión artística, Barcelona, Paidós.
Eisner, E. (2004): El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia, Paidós, Barcelona
Hernández, F. y Ventura, M. (1992), La Organización del currículum por proyectos de trabajo : el conocimiento es un calidoscopio, Graó, Barcelona.
Complementaria
Giraldez, A. y Pimentel, L. (2011), Educación artística, cultura y ciudadanía. De la teoría a la práctica, OEI, Madrid.
Hernández, F. (1998), Repensar la función de la Escuela desde los proyectos de trabajo, en Pátio. Revista Pedagógica, 6
Katz, L.G. y Chard, S. (2000), Engaging children´s minds: The project approach, Noorwood, NJ: Ablex.
Kilpatrick, W. H. (1918), The project method: The use of the purposeful act in the educative process. New York, Teachers college, Columbia University.
CompetenciasG.1., G.2., G.4., G.11., B.2., B.3., B.5., T.1., T.2., T.3
Competencias específicas:
E.53. Coñecer os fundamentos plásticos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento dos aprendizaxes correspondentes.
E.56. Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción, o debuxo e a creatividade.
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas están pensadas para plantexar, desenvolver e comentar diferentes metodoloxías e para crear situacións de aprendizaxe que incidan nos aspectos máis básicos e relevantes dos proxectos.
O papel do alumnado será sempre un papel activo nas distintas facetas dos proxectos a realizar.
A docencia interactiva estruturarase a través de dinámicas de grupo. Esta parte implica un importante traballo autónomo individual e en grupo, propiciando o desenvolvemento de competencias ligadas ao pensamento crítico, innovador e creativo. O alumnado será atendido en pequenos grupos para estimular e dinamizar os traballos e resolver de maneira individualizada aquelos problemas cos que se enfronten.
Sistema de evaluaciónA evaluación será continua, formativa e cualitativa a través do diseño e posta en práctica dos proxectos realizados. Ademais, se entregará unha valoración reflexiva e crítica de cada un deles.
Se terá en conta:
a. Observación da participación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a atitude e a boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades realizadas na aula. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e prácticas, así como participar activamente nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado. (10%)
b. Proxectos. Os proxectos que se realicen durante o cuatrimestre entregaranse en diferentes prazos, despois de telos visto, falado e reflexionado sobre eles. Cada un deles terá a súa cualificación, e a nota final extráese da media de todos os proxectos. (En cada proxecto se inclúen aspectos tales como a implicación persoal, o rigor do tratado, a búsqueda de solucións diferentes, os informes presentados, a fundamentación usada,…) (80%)
A presentación dos proxectos valorarase cun máximo dun 10%.
Se considerará non presentado aquel alumno que non entregase ningún dos proxectos.
DATA LÍMITE de entrega de traballos: o día e a hora fixados no calendario oficial de exames.
No caso de alumnado con exención de docencia, poderán seguir o curso a través da aula virtual, onde estará volcado todo o material presentado na clase, así como os traballos propostos; ademais, contará cos foros, mensaxes e as tutorías on-line. O alumnado que se atope nesta situación terá que entregar o mesmo cos outros que asisten a nivel presencial. (A cualificación deste grupo de alumnos farase sobre o 90% da nota).
Tempo de estudo e traballo persoalComo consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 38,5 correspondense co traballo presencial na aula e 74 ao traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, ademais das orientacións que o profesorado dese a coñecer, aconsellase velo apartado sobre recomendacións.
Recomendacións para o estudo da materia- Lectura de textos previa ás sesións.
- Asistir asidua e participativamente ás clases e tutorías.
- Cumplir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é recomendable confiar a preparación da asignatura para o final do curso).
ObservaciónsO alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respetalas datas establecidas para a entrega de traballos. Nalgúns casos, poderase establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garanten os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da asignatura.
Recoméndase manter un seguimento activo da asignatura mediante as tutorías e a plataforma virtual para facilitar o axeitado desenvolvemento da materia e a súa superación.