G3141101 - Socioloxía da Educación (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Socioloxía
- Áreas: Socioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Entender a educación como un sistema dentro do sistema social no seu conxunto.
- Entender a educación como práctica social, condicionada por variables de idade, de clase social, de xénero, de pertenza étnica ou cultural
- Coñecer e analizar criticamente as TIC e a súa influencia na sociedade
- Coñecer a influencia do medio socio-familiar e o seu entorno na educación
ContidosI CONTEXTO SOCIAL DA EDUCACIÓN
A sociedade postmoderna, Sociedade da información e globalización económica.
Crise económica, reestruturación do Estado de Benestar e cambio social.
O papel da educación na sociedade actual e a súa contribución á formación da cidadanía.
II PARADIGMAS CLÁSICOS EN SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN
Contexto e antecedentes.
Traballo e formación en Marx.
Escola e reprodución social en Durkheim.
Educación e cultura en Weber.
III CORRENTES TEÓRICAS DA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN.
O interese sociolóxico pola educación.
A corrente funcionalista e a teoría do ‘capital humano’.
Conflito e reprodución social e cultural
O paradigma ‘interpretativo’ e perspectiva ‘interaccionista’.
Teorías da ‘resistencia’. Problemas actuais.
IV CARACTERÍSTICAS E CUESTIÓNS MÁIS RELEVANTES DA SOCIEDADE ACTUAL
Diversidade de modelos familiares.
Impacto social e educativo das TIC e dos medios de comunicación.
Cambios nas relacións de xénero e interxeracionais.
Multicuturalidade e interculturalidade, o seu impacto na educación e na escola.
Análise da desigualdade en educación: Diferenzas sociais, de clase, de xénero, étnicas e culturais
Bibliografía básica e complementaria- Apple, M.W. (1987): Ideología y currículum, Ed. Akal, Madrid.
Bonal, X. (1998): Sociología de la educación. Una aproximación crítica a las
corrientes contemporáneas, Paidós, Barcelona.
- Bourdieu, P. y Passeron, J.C. (1977), La reproducción. Elementos para una teoría del sistema de enseñanza, Barcelona, Laia.
- Bowles, S. y Gintis, H. (1981): La instrucción escolar en la América capitalista, Ed. Siglo XXI, Méjico.
- Collins, R. (1988), La sociedad credencialista, Madrid, Akal.
- Dore, R. (1984), La fiebre de los diplomas, Méjico, Fondo de Cultura Económica.
- Durkheim, E. (1975): Educación y Sociología, Ed. Península, Barcelona
- Fernández Enguita, M. (1990), La cara oculta de la escuela. Educación y trabajo en el capitalismo, Madrid, Siglo XXI.
- Fernández Enguita, Mariano (coord.) (2002), ¿Es pública la escuela pública?, Bilbao, Praxis.
- Foucault, M. (1976): Vigilar y castigar, Ed. Siglo XXI, México
- Lerena Aleson, C. (1983): Reprimir y liberar, Ed. Akal, Madrid.
- Marchesi, Álvaro (2004), Qué será de nosotros, los malos alumnos, Madrid, Alianza.
- Torres Santomé, Jurjo (2001), Educación en tiempos del neoliberalismo, Madrid, Morata.
- Willis, P. (1988), Aprendiendo a trabajar, Madrid, Akal.
- Whitty, G., Power, S. y Halpin, D. (1999), La escuela, el estado y el mercado, Madrid, Morata.
- Woods, P. y Hammersley, M. (1995), Género, cultura y etnia en la escuela. Infomes etnográficos, Madrid, Paidós-MEC.
CompetenciasXerais
- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia
- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais.
- Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
Específicas
- Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
- Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
Básicas
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais
- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza Proponse unha metodoloxía activa que fomente a participación do alumnado na construción do seu propio coñecemento acerca dos temas propostos. Para iso, o profesor/a realizará unha presentación dos temas achegando as explicacións que considere convenientes para orientar ao alumnado cara aos centros de interese que conveña profundar desde o punto de vista documental, bibliográfico ou titorial.
As actividades formativas en gran grupo incidirán sobre todo na parte teórica da materia e estarán dirixidas á adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas por parte do profesor/a e, eventualmente, presentacións e exposicións orais por parte dos diferentes grupos de alumnos.
Nas actividades de grupo medio será o propio alumnado, con axuda do profesor/a, quen realizará diferentes actividades de aplicación dos contidos teóricos. As actividades presenciais que se desenvolvan nesta modalidade de agrupamento requirirán, como é lóxico, unha elevada porcentaxe de horas de traballo autónomo por parte do alumnado, tanto individual como no seo do equipo de traballo no que se integre.
As actividades en pequeno grupo e as titorías estarán dirixidas a orientar ao alumnado de forma máis personalizada, realizar o seguimento do proceso de traballo autónomo, tanto individual como de grupo de traballo, e resolver dúbidas tanto das aprendizaxes relacionadas coa materia como relativas a procedementos de traballo e técnicas máis relacionadas coas competencias básicas e transversais.
As actividades de traballo autónomo por parte do alumnado estarán dirixidas ao estudo e asimilación dos contidos o que supoñerá a realización das lecturas obrigatorias e recomendadas polo profesor/a así como a realización das actividades prácticas que se deseñen (proxectos, exercicios, análises de contido, etc.) e que implicarán a elaboración de informes, presentacións visuais, exposicións orais, etc.
En calquera caso, farase especial fincapé en que o alumnado, utilizando distintos procedementos, chegue a realizar de forma autónoma unha elaboración e síntese da información que lle permita ir construíndo un coñecemento sólido e ben argumentado.
Sistema de evaluaciónCriterios de avaliación:
Participación na aula: 15%
Probas específicas: 40%
Informes escritos e outras producións: 30%
Presentacións orais: 15%
Normativa da facultade sobre avaliación:
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalO seguinte cadro reflicte a distribución dos 6 ECTS desta materia segundo as instrucións recibidas o Reitoría e a Facultade:
Horas expositivas: 24.
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estímase que o alumnado deberá adicar unhas 99 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, 18 preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 adicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
Total horas adicación a materia: 150
Recomendacións para o estudo da materia- Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva arredor da materia, e construir os alicerces arredor dun corpo de coñecementos sobre o eido socio-educativo.
- Utilizar titorias para clarificar as dúvidas
ObservaciónsEnlaces de interese
ASE. Asociación de Sociología de la Educación http://www.ase.es/
XIII Conferencia de Sociología de la Educación http://eco.unex.es/sociologia/ase2008/
CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas: http://www.cis.es/