G3141102 - Infancia, Familia e Escola (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía, Antropoloxía Social
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Comprender a infancia, a familia e a escola, así como as súas interrelacións desde unha perspectiva comparativa como construccións sociculturais suxeitas a variacións no tempo así como nas diferentes culturas.
-Comprender a variedade de factores, históricos, políticos, económicos e culturais que determinan estas variacións.
-Propoñer unha óptica intercultural que propicie o distanciamento crítico dos modelos culturais dominantes así como propostas inclusivas e non discriminatorias, que tomen en conta os contextos tanto local como global da infancia e da educación, cunha especial atención á cultura tradicional galega
Contidos1. A natureza do ser humano
-A cultura e a importancia da aprendizaxe
-Natureza, aprendizaxe e cultura
-Sociedade e individuo
2. A visión intercultural da infancia, da familia e da escola
-O respecto a outras culturas
-O concepto de etnocentrismo
-O acercamento ao outro: o traballo de campo
-Función e razón nos comportamentos culturais
3. Infancia
-A infancia como construción cultural
-A infancia noutras culturas. Os ritos de paso
-A infancia na historia de Occidente
-A infancia na Galiza tradicional
-A infancia na sociedade actual
4. Familia
-A orixe da familia
-Funcións da familia
-Tipos de familia en diferentes sociedades
-A familia na Galiza tradicional
-As familias na sociedade actual
-A familia e os roles de xénero: visión antropolóxica
5. Escola
-A educación non formal
-Educación no folclore e nos xogos
-Influencia do invento da escritura no ensino escolar
-A escola noutras culturas
-A escola na historia de Occidente
-A escola na Galiza tradicional
-A escola na sociedade actual
-As relacións de familia coa escola
Bibliografía básica e complementariaBENEDICT, Ruth 1971 El hombre y la cultura, Barcelona, EDHASA, 284 pp.
BOHANNAN, P. 1996 Para raros nosotros, Madrid, Akal, 349 pp.
COBAS BRENLLA, X. 1995: Acción madurativa e integradora do folklore infantil, Santiago: Tórculo, 270 pp.
CORTIZAS, Antón
1013 Tastarabás. Enciclopecia de brinquedos tradicionais, Vigo, Xerais, 1075 pp.
KOTTAK, C. P. 2002 Antropología cultural, Madrid, Mc Graw Hill, 418 pp.
GUTIÉRREZ GUTIÉRREZ, Aurora
2004 Historia de la infancia, Madrid, Uned, 343 pp.
LLANA RODRÍGUEZ C. e S. PRADO CONDE 2007: “Imaxes da infancia en Ribadavia e o Ribeiro” en Imaxes da Infancia. Álbums para o reencontro, Museo etnolóxico de Ribadavia, Xunta de Galicia pp. 15- 33
MALINOWSKI, B.
1963 Estudios de Psicología primitiva, Buenos Aires, Paidós
MARIÑO FERRO, X. R.
2000 Antropoloxía de Galicia, vigo, Xerais, 518 pp.
2004 Los cuentos maravillosos, Barcelona, Ronsel, 378 pp.
MARIÑO, X. R. e GONZÁLEZ REBOREDO, X. M.
2010 Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, Vigo, Nigratrea, 499 pp.
MEAD, Margaret 1972 Adolescencia, sexo y cultura en Samoa, Barcelona, Laia
1985 Educación y cultura en Nueva Guinea, Buenos Aires, Paidós, 282 pp.
1973 Sexo y temperamento en las sociedades primitivas, Barcelona, Laia, 350 pp.
SPINDLER, G.D. 2006 “La transmisión de la cultura” En H.M. Velasco Maillo e outros (2006) Lecturas de Antropología para educadores, 205-241.
CompetenciasXerais:
-Coñecer e abordar comprensivamente situacións escolares en contextos multiculturáis.
-Relacionar a educación co medio e cooperar coas familias e a comunidade.
-Mostrar habilidades sociais para relacionarse e comprender ás familias con bagaxes culturáis diferentes.
-Promover os principios e valores do modelo de escola intercultural.
Específicas:
-Adquirir unha perspectiva constructivista e relativista acerca da infancia, a familia e a escola.
-Coñecer a evolución histórica da familia e da escola, os diferentes tipos de familia, de estilos de vida e educación.
-Saber valorar a importancia do contexto cultural e o territorio.
-Coñecer os programas e propostas de organizacións gubernamentais e non gubernamentais para a infancia e a escola a nivel mundial.
Básicas:
-Aprender o concepto de cultura e a súa importancia na configuración da identidade persoal
-Coñecer a importancia da educación non formal.
-Poseer recursos e destrezas para introducir na práctica docente medidas eficaces para promover a relación da escola co medio local e global.
Transversais:
-Coñecemento instrumental das tecnologías da información e da comunicación.
-Coñecemento instrumental de lenguas extranxeiras
Metodoloxía da ensinanza Combinación de clases expositivas e interactivas.
-Clases expositivas: clases presenciais de presentación e explicación dos contidos teóricos por parte do profesor.
-Clases interactivas: realización de diversos traballos curtos por parte do alumnado: redaccións, debates na aula, comentarios de textos, resumo de lecturas etc.
Sistema de evaluaciónOs criterios de avaliación serán os seguintes:
Asistencia, participación na aula e presentacións de traballos escritos e orais: 40%
Probas específicas: 60%
Segundo a normativa da facultade para a avaliación, para obter unha valoración positiva na materia cómpre realizar e superar todas as actividades de avaliación específicas dentro dos prazos marcados.
Os traballos deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia.
O alumnado con exención oficial de docencia deberá realizar as mismas tarefas de traballo persoal apoiadas nas tutorías, así como o exame final da materia. Os criterios de avaliación neste caso serán de 20% para o traballo persoal e 80% para o exame.
Tempo de estudo e traballo persoalDe acordo coas instrucións recibidas da Reirotía e da Facultade, a destribución dos 6 ECTS será:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estimáse que cada alumno deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas 35 corresponden ás tarefas de estudo; 18 á preparación de materiais, busca de información e análise de documentos, 45 a lecturas e elaboración dos traballos escritos e orais; 19 á lectura de obras recomendadas e á resolución de dúbidas e problemas de aprendizaxe dos contidos.
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
Recomendacións para o estudo da materia-Utilizar as tutorías para aclarar as dúbidas e apoiar o traballo persoal.