Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141103 - Teoría e Historia da Educación Escolar (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ BALADO, ALICIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Pardo G)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Pardo H-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Durán G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Durán L-G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (H-Pardo G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04 (Pardo H-Ri)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05 (Ro-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    a) Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos.
    b) Deseñar e regular espacios de aprendizaxe en contextos de diversidade, que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
    c) Asumir a función educadora e cambiante do labor docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
    d) Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais.

    Contidos
    1- O fenómeno educativo.
    - A ciencia, as Ciencias Sociais, as Ciencias da Educación, o ser humano como obxecto da educación, a dimensión social da educación, as relacións entre educación e cultura, aspectos etimolóxicos do vocablo "educación".

    2- A Ilustración: herdanzas, cambios educativos.
    - Antecedentes de interese: o Concilio de Trento, a pedagoxía da emulación, Comenio, Locke. A Revolución Francesa e o Informe Condorcet, Rousseau, Pestalozzi, Kant.

    3- A educación no pensamento pedagóxico contemporáneo.
    - A Escola Nova, Ideas Socialistas en Educación, Correntes Educativas Antiautoritarias (A Escola de Summerhill e C. Freinet), Teorías Educativas Personalistas (L. Milani e P. Freire), Correntes Críticas da Escola como Institución.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica

    Del Pozo, Mª.M. (Ed.) (2004): Teorías e instituciones contemporáneas de educación. Madrid: Biblioteca Nueva.
    Fullat, O; Sarramona, J. (1982): Cuestiones de educación (Análisis bifronte). Barcelona: Ceac.
    Abbagnano, N.; Visalberghi, A. (1998): Historia de la pedagogía. Madrid: Fondo de Cultura Económica.


    Bibliografía Complementaria

    Borras, J.M.(1996). Historia de la infancia en la España contemporánea. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
    Bowen, J (1992). Historia de la educación occidental. El occidente moderno: Europa y el nuevo mundo. S. XVII-XX. (T.III), Barcelona: Herder.
    Caride, J.A. (Dir.) (1990): A educación en Galicia. Problemas e perspectivas. Santiago de Compostela: ICE, USC.
    Castillejo, J.C.; Vázquez, G.; Colom,J. (1994): Teoría de la educación. Madrid: Taurus.
    Galino, M.A. (1982): Historia de los sistemas educativos actuales. Tomos I e II. Madrid: UNED.
    Llopis, J.; Carrasco, Mª.V. (1983): Ilustración y educación en la España del siglo XVIII. Valencia: Escuela Universitaria de Formación del Profesorado.
    Luzuriaga, L. (1994). Historia de la educación y de la pedagogía (reimp.). Buenos Aires: Losada.
    Negrín, O. (Coord.) (2004): Historia de la educación en España. Autores, textos y documentos. Tomos I e II. Madrid: UNED.
    Peiró, S. (2005): Instituciones educativas y modelos pedagógicos. Badajoz: Abecedario.
    Speck, J.; Wehle, G. (1981): Conceptos fundamentais de Pedagogía. Barcelona: Herder.


    REVISTAS-Bordón.
    Comunidad Escolar.
    Cuadernos de Pedagogía.
    Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria.
    Innovación Educativa.
    Pedagogía Social.
    Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria.
    Revista de Ciencias de la Educación.
    Revista de Educación.
    Revista Española de Pedagogía.
    Revista Galega de Educación.
    Revista Galega do Ensino.
    Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación.

    REFERENCIAS ELECTRÓNICAS

    http://www.sc.ehu.es/sfwsedhe/revista.htm: Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria.

    http://www.revistaeducacion.mec.es: Revista de Educación (Ministerio de Educación).

    Competencias
    a) Fomentar a convivencia dentro e fora da aula, resolver problemas de disciplina e contribuir á resolución pacífica de conflictos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal.
    b) Desenvolver técnicas de aprendizaxe cooperativa.
    c) Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer os modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
    d) Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fora dela, relativos ao período 6-12 anos.
    e) Coñecer os fundamentos da educación primaria.
    f) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
    g) Capacidade para transferir os coñecementos previos e a búsqueda de información á elaboración de xuízos e reflexións propias sobre os contidos.
    h) Utilización e dominio dunha segunda lingua.
    i) Coñecemento e perfeccionamento no ámbito das TIC.
    j) Búsqueda activa de emprego e capacidade de emprendemento.
    Xerais:


    G.5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.


    G.8 Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, dos valores e das institucións sociais públicas e privadas.


    G.9 Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentábel.


    G.10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre as e os estudantes.


    G.12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.




    Específicas:


    E.7 Promover o traballo cooperativo e o traballo e o esforzo individuais.


    E.8 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.


    E.10 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.


    E.12 Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.


    E.13 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación, identificando indicadores de avaliación.




    Básicas:


    B.1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se atopa habitualmente a un nivel que, malia apoiarse en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.


    B.2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.


    B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.


    B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.




    Transversais:


    T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.


    T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    O profesor centrará nas clases expositivas os aspectos nucleares de cada unidade didáctica. As clases expositivas aproveitaránse, asemade, para a resolución de dúbidas e aclaracións de aspectos relacionados cos contidos.
    Nas clases interactivas, o alumnado realizará exercicios, actividades e exposicións derivados da lectura de textos e documentos ou visionado de material audio-visual..
    Nas clases interactivas o alumnado, coa oportuna orientación do profesor, afondará en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na clase expositiva e que sexan susceptibles dun tratamento máis fondo, recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
    O alumnado, distribuido en equipos, elaborará un traballo que expoñerá ao gran grupo.
    Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.

    Sistema de evaluación
    Avaliaránse os resultados mediante unha proba escrita. Este exame escrito versará sobre os contidos teóricos desenvolvidos no temario, obxecto das clases expositivas impartidas polo profesor. Para superar a materia, é preciso obter unha cualificación positiva no mesmo.
    Ademais, avaliaránse os traballos, as actividades e as exposición grupais, atendendo á calidade da participación do alumnado.

    O alumnado con exención de docencia será avaliado de forma similar ao conxunto da aula, coa entrega no prazo estipulado das actividades programadas na materia.


    Peso porcentual das actividades no sistema de avaliación:

    Exame. Porcentaxe na calificación: 40%.
    Informes, traballos ou outras produccións escritas: 40%.
    Presentacións orais: 20%.

    Os informes, traballos ou outras produccións escritas, poderán ser obxecto de presentación ou comentarios no transcurso das clases interactivas, cando así o precise a súa corrección.

    Para superar positivamente a materia, determínase unha asistencia regular ao 80% das clases.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Créditos totais da materia: 6 ECTS.

    Horas presenciais: 51.
    Horas de traballo autónomo: 99.

    Concretamente, o total de volumen de traballo repártese da seguinte forma:

    - Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.


    - Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.


    - Actividades titoriais en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.

    Recomendacións para o estudo da materia
    a) Asistencia regular ás clases.
    b) Realizar as lecturas previas dos materiais cando o indica o profesor.
    c) Ler os apuntes cada día e plantexar as dúbidas ao profesor sen demora, nas clases ou nas titorías.
    d) Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva arredor da materia, e construir os alicerces acerca dun corpo de coñecementos sobre o eido socio-educativo.
    e) Coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas, nas actividades e nos exercicios en grupo.


    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
    Os traballos individuais ou grupais do estudantado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada, que serán determinadas procedentemente en cada caso.
    Observacións
    Nas primeiras sesións de clase, tendo en conta o calendario de realización dos traballos, estableceránse as datas para a entrega de lecturas e informes.

    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES

    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).

    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Deste xeito, o alumnado deberá pórse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.
    Por razóns de desenvolvemento do programa, non é recomendable matricularse na materia con posterioridade ao 15 de outubro.


    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, ter en conta as seguintes indicacións, relacionadas coa responsabilidade medioambiental:

    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.