Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141104 - Didáctica e Tarefas Docentes (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA.NON
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Pardo G)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Pardo H-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Durán G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Durán L-G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (H-Pardo G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04 (Pardo H-Ri)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05 (Ro-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    “Formar profesionais capaces de contribuír ao desenvolvemento integral de nenos e nenas tendo en conta o contexto familiar e sociocultural ao que pertencen e respondendo as súas necesidades e aos retos educativos que presenta actualmente a sociedade do coñecemento e da información”.
    Nesa dirección:
    Desenvolver un proxecto formativo que responde ao seguinte perfil de mestre/a: un profesional reflexivo, capaz de xustificar o que fai, os seus por qué e para qué; cun amplo coñecemento psicopedagóxico sobre o que fundamentar, autoavaliar e innovar súa actuación docente así como a contextualización do currículo; capaz de traballar en equipo e de participar de maneira colexiada no goberno do centro; e capaz de asumir o desafío do seu propio perfeccionamento preservando seu equilibrio emocional.
    Promover o acceso a un coñecemento básico sobre a función docente pero nun sentido amplo.
    Máis especificamente, promover a reflexión sobre as seguintes dimensións que definen profesionalmente a un mestre/a, e que condicionan (limitando ou potenciando) a súa actuación: o sistema educativo (política, lexislación, cambio educativo), o currículo, o centro escolar, o contexto cultural, social e familiar no que se inserta o centro, os estudantes, o rol docente, o modelo de aprendizaxe, a teoría e a práctica do ensino, e os recursos didácticos.
    Contidos
    1.- Análise das condicións da práctica docente
    2.- Introdución á investigación-acción
    3. -O currículo como referente da práctica docente: Conceptualización e lexislación educativa
    4. -A reflexión epistemolóxica sobre o coñecemento e a acción docente: supostos ideolóxicos do currículo e teorías implícitas do profesorado
    5. -O profesor como protagonista da acción docente: biografía, cultura e socialización Profesional
    6. -Os estudantes como destinatarios e mediadores da practica docente
    7. –A aprendizaxe escolar: O que da sentido á acción docente. A elección dun modelo.
    8. –O ensino como quefacer docente: A creación das condicións favorables. A organización das tarefas. A avaliación como dilema. A elección de Modelos de Ensino e Métodos Didácticos.
    9. -A escola como o espazo da práctica docente: Cultura escolar e cambio educativo. Modelo colaborativo e toma de decisións no goberno dos centros. Solución de conflitos e participación da comunidade educativa.


    Bibliografía básica e complementaria
    Aebli, H. (1991): Factores de la enseñanza que favorecen el aprendizaje autónomo. Madrid. Narcea.
    Alonso Tapia, J. (1995): Motivación y aprendizaje en el aula. Cómo enseñar a pensar. Madrid. Santillana.
    Álvarez Méndez, J.M. (2001): Evaluar para conocer, examinar para excluir. Madrid. Morata.
    Bolivar, A. (2010): Competencias básicas y currículo. Madrid. Síntesis.
    Claxton, G. (1987): Vivir y aprender. Madrid. Alianza.
    Delval, J. (2000): Aprender en la vida y en la escuela. Madrid. Morata.
    Delval, J. 82002): La escuela posible. Cómo hacer una reforma de la educación. Barcelona. Ariel
    Escudero Muñoz, J.M. (2002). La reforma de la reforma. ¿Qué calidad para quiénes? Barcelona. Ariel
    Escudero Muñoz, J.M. (2011): Centros escolares, condiciones de trabajo y desarrollo profesional de los docentes, en González, mª.T. (coord..). Innovaciones en la gestión y el gobierno de los centros escolares. Madrid. Síntesis.
    Escudero Muñoz, J.M. y González,Mª.T. (2010): La lucha activa contra el fracaso escolar, una prioridad del sistema, los centros y el currículo escolar. En Echeita, G. y otros (coords.): Inclusión y educación democrática. Madrid. Proyecto Atlántida.
    Esteve, J.M. (2003): La tercera revolusicón educativa. La educación en la sociedad del conocimiento. Barcelona. Paidós.
    Fernández Enguita, M. (1993): La profesión docente y la comunidad escolar: crónica de un desencuentro. Madrid. Morata.
    Fernández Pérez, M.(1994): Las tareas de la profesión de enseñar. Madrid. Siglo Veintiuno.
    Freire, P. (1969): La educación como práctica de la libertad. Montevideo. Siglo Veintiuno.
    Fullan,, M. (2002): Los nuevos significados del cambio en la educación. Barcelona. Octaedro.
    Gardner, H. (1993): La mente no escolarizada. Como piensan los niños y cómo deberían enseñar las escuelas. Barcelona. Paidós.
    Gimeno Sacristán, J. (1988): El curriculum: una reflexión sobre la práctica: Madrid. Morata.
    Gimeno Sacristán, J. y Pérez Gómez, A. (1992): Comprender y transformar la enseñanza. Madrid. Morata.
    Gimeno Sacrtistán, J. (coord.) (2001): Los retos de la enseñanza pública. Madrid. Akal.
    Gimeno Sacristán, J. (comp.) y otros ( 2008). Educar por competencias, ¿qué hay de nuevo? Madrid. Morata
    Hargreaves, A. (1996): Profesorado, cultura y postmodernidad. Madrid. Morata.
    Jackson, P. (1991): La vida en las aulas, Madrid, Morata.
    Marcelo, C. (2011): Evaluación del desarrollo profesional docente. Davinci.
    Perrenoud, Ph. (1990): La construcción del éxito y del fracaso escolar. Madrid. Morata.
    Perrenoud, P. (2008): Diez nuevas competencias para enseñar. Barcelona. GRAÓ.
    Rosales, C. (1990). Evaluar es reflexionar sobre la enseñanza. Madrid. Narcea
    Sanjurjo, L. y Rodríguez, X. (2003): Volver a pensar la clase. Las formas básicas
    de enseñar, Rosario, Homo Sapiens.
    Santos Guerra, M.A. (2003): Una flecha en la diana. La evaluación como aprendizaje. Madrid. Narcea.
    Stenhouse, L. (1984): Investigación y desarrollo del currículo. Madrid. Akal.
    Trillo, F. y Sanjurjo, L. (2008): Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario. Homo Sapiens
    Trillo, F. (2003): La educación en actitudes y valores. Rosario Homo Sapiens.
    Wittrock, M. (1990): La investigación de la enseñanza, III. Profesores y alumnos. Madrid. Paidós.
    Zabalza Beraza, M. A. (1987): Diseño y desarrollo curricular. Madrid. Narcea.
    Zabalza Beraza, M. A. y Zabalza Cerdeiriña, M.A.(2012): Profesores y profesión docente. Entre el ser y el estar. Madrid. Narcea.

    Competencias
    Competencias Xerais:
    G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos do ensino e aprendizaxe respectivos.
    G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
    G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadán.
    G5. Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes
    G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
    G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.

    Competencias específicas:
    E.7.-Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fora dela relativos o periodo 6-12
    E.11.- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula
    E.12.- Abordar e resolver problemas de disciplina
    E.13.- Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais
    E.14.- Promover accións de educación en valores orientadas a preparación dunha cidadanía activa e democrática
    E.15.-Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.

    Competencias básicas:
    B.2.- Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posean as competencias e as demostren por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
    B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sía área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
    B.4. - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
    B.5.-Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades da aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía

    Competencias transversales:
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación


    Metodoloxía da ensinanza
    Dacordo coa organización prevista pola USC haberá sesións expositivas e outras interactivas. As primeiras responden ao obxectivo de presentar os contidos básicos, e as segundas ofrecen a oportunidade de reflexionar ao respecto mediante o desenvolvemento de diversas actividades e, especialmente, do debate na aula. Para iso contarase cun dossier que recolle os documentos de lectura imprescindibles para a materia, que estará dispoñible na plataforma web e na fotocopiadora. Deste modo na aula evítase a mala praxes de “copiar apuntes”: toda a información está no dossier. Iso si, interesa na aula “tomar notas” coas que “iluminar” os textos do dossier para a súa mellor comprensión.
    Nesta dirección, convirá discernir en termos de Doyle que as tarefas de comprensión non son tarefas de opinión, e que o que se esixe son as primeiras; en ningún caso haberá tarefas de memoria ou rutina.

    Sistema de evaluación
    Establecida a obrigatoriedade da asistencia ás actividades de aula, para emitir un xuizo de valor sobre o logro das competencias se estimará ponderadamente:
    1.Participación activa e argumentada na aula (10%)
    2.Breves reflexións por escrito sobre diversos temas que se solicitarán no transcurso das sesións de aula (10%)
    3.Diario de Aula, conforme á estrutura dun FTA (30%)
    4.Exame Final: Consistirá nunha serie de preguntas abertas que se responden coa axuda do material (non é memorístico), e reclaman do estudante unha reconstrucción crítica do coñecemento, é dicir, un posicionamento (síntese de explicación e valoración) solidamente argumentado no discurso científico (non unha mera opinión), e una proxección dese coñecemento a contextos reais de intervención didáctica mediante a identificación e análise de exemplos concretos, preferiblemente extraídos da propia experiencia (50%)


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas expositivas: 24
    Horas interactivas: 24
    Horas de titoría: 3
    Total horas presenciais: 51
    Horas de traballo do estudiante: 99
    Total horas de dedicación da materia: 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    Fronte a unha memorización pasiva, entender a lóxica do que se presenta e, sobre todo, atribuir sentido aos temas que se estudan, mediante a personalización do coñecemento ou a aprendizaxe significativa resulta inescusable. Desde esa perspectiva , convén saber que o desenvolvemento das competencias implica estar en condicións de utilizar o coñecemento (resolver tarefas) máis aló do contexto académico, é dicir, en contextos reais da práctica profesional. Nesta dirección, desenvolver unha aprendizaxe autorregulada que reforce unha motivación intrínseca ben enraizada na vontade (vocación) de ser mestre ou mestra, é moi conveniente. As actitudes como predisposición para actuar poden e deben ser reguladas intencionalmente mediante o desenvolvemento dos proceso metacognitivos e unha especial atención á dimensión emocional da aprendizaxe.
    Observacións
    A USC e unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesions de clase e obligatoria. nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial da docencia.
    Nestos casos, o alumno debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.