Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141105 - Psicoloxía da Educación (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Sanmartin Pazos, Juan.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Pardo G)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Pardo H-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Durán G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Durán L-G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (H-Pardo G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04 (Pardo H-Ri)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05 (Ro-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS DA MATERIA:

    Conceptuais (saber)
    -Entender o obxecto e finalidades da educación
    -Entender as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento
    -Coñecer, comprender e analizar os procesos psicolóxicos implicados no proceso de ensino aprendizaxe.
    -Coñecer as principias teorías sobre o proceso de ensino aprendizaxe nos entornos educativos e os factores que os influen.

    Procedimentais (saber facer):
    -Manexar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía da educación.
    -Utilizar o coñecemento propio da materia como instrumento para a elaboración de criterios de intervención docente.
    -Familiarizarse con procedementos estimuladores da actividade docente, as técnicas motivacionais e as estratexias de aprendizaxe e de ensinar a pensar e estudar.
    -Desenvolver habilidades de intervención no proceso de ensino aprendizaxe e adquir un rigor metodolóxico e estratexias que lle permitan enfrontarse as problemáticas psicoeducativas.

    Actitudinais (saber ser):
    -Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa frente os problemas psicoeducativos
    -Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na súa profesión.
    -Adoptar unha disposición favorable cara o traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros e promover valores de respeto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conducta profesional posterior.

    Contidos
    CONTIDOS.

    Bloque 1: Introducción a Psicoloxía da Educación.

    1.Obxecto de estudo, contados e a súa relación coa profesión docente.

    Bloque 2: Os procesos de cambio

    2. Modelos de aprendizaxe conductual e cognitivo social.

    3. Constructivismo e aprendizaxe

    4. Teoría sociocultural.

    Bloque 3: Factores e procesos psicológicos implicados na aprendizaxe:

    5. Variables cognitivas: intelixencia, aptitudes e estratexias; a creatividade e a educación.

    6. Variables afectivas: motivación, autoconepto e autoestima.

    7. Interaccións entre procesos cognitivos e motivacionais: estilos de aprendizaxe

    Bloque 4: Contexto escolar e educación:

    8: As interaccións no proceso de ensino aprendizaxe

    9 Aprendizaxe, docencia e contidos curriculares

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA

    -Álvarez Pérez, L. et al. (2007). Prácticas de Psicología de la Educación. Madrid: Pirámide

    -Beltrán, J y Bueno, A. (eds.) (1995): Psicología de la Educación. Barcelona. Marcombo.
    -Beltrán, J., García-Alcaniz, E., Moraleda, M., Calleja, F. y Santiuste, V. (1987). Psicología de la Educación. Madrid: EUDEMA

    -Bueno, J.A. y Castanedo C. (coord.) (1998): Psicología de la Educación aplicada, Madrid: CCS

    -Coll, C. (coord.) (1998): Psicología de la educación, pp. 139-222. Barcelona: Edhasa

    -Coll C., Palacios, J. y Marchesi, A. (comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación II. -Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza.

    -González González E. y Bueno Alvarez, J.A. (coords.) (2004): Psicología de la educación y el desarrollo en la edad escolar. CCS.

    -González Pienda, J.; González Cabanach, R.; Núñez, J.C. y Valle, A. (coord.) (2002), Manual de Psicología de la Educación. Madrid: Pirámide

    -Hernández, P. (1991). Psicología de la educación. México: Trillas

    -Martín Bravo, C. (coord.) (1999): Psicología del desarrollo y de la educación en la edad escolar. Valladolid. Ambito.

    -Mirás, F.; Salvador, M, y Álvarez, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario

    -Sampascual, G. (2001). Psicología de la educación, Madrid: UNED

    -Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación. México: Trillas

    -Trianes, M.V. y Gallardo, J.A. (2005). Psicología de la educación y del desarrollo en los contextos escolares. Madrid: Pirámide

    -Valle, A. y González Cabanach. R. (1998). Psicología de la Educación I. Variables personales y aprendizaje escolar. A Coruña: Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña.

    -Woolfolk, A. (2006). Psicología educativa, México: Pearson.

    Competencias
    COMPETENCIAS:

    Xerais:
    -Promover e facilitar as aprendizaxes na 1º infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das distintas dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    -Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber refelxionar sobre eles.
    -Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de acción que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercico da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose ós cambios científicos, pedagóxicos e sociais ó longo da vida.
    -Reflexionar sobre asprácticas de aula para innovar e mellorar a función docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e ccoperativa e promovela nos estudantes.

    Específicas:
    -Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período 0-6 no contexto familiar, social e escolar.
    -Saber promover a adquisición de hábitos en col da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e límites, o xogo simbólico e heurístico.
    -Coñecer a dimensión pedagóxica da intervención cos iguais e os adultos esaber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzó individual.

    Básicas:
    -Que os estudantes sepan aplicar coñecementos o seu traballo ou vocación de unha maneira profesional e posean as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e difusión de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    -Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
    -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
    -Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.

    Transversais.
    -Coñecemento instrumental de lingua galega
    -Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicación

    Metodoloxía da ensinanza
    METODOLOXIA

    A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodologías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe.

    As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para faclitar a significatividade das aprendizajes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de oganizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas…O apoio de material visual e recursos en rede empregarase para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.

    Co traballo en seminarios preténdese profundizar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visionado de videos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tareas requeridas e os materiais necesarios serán presentado ó alumnado nas correspondentes sesións de clase.

    As actividades a desenvolver nos grupos pequenos estarán centradas na resolución de
    problemas, conflictos e dúbidas, tanto a nivel individual como de grupo e a o seguimento
    no proceso de elaboración de traballos.



    Sistema de evaluación
    SISTEMA DE AVALIACION DAS APRENDIZAXES.

    A avaliación do curso realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado seguinte:
    -50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (examen) sobre os contidos tratados na materia; é necesario aprobar esta proba).
    -30% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras produccións demandadas o estudantado.
    -10% da cualificación corresponderá a participación activa na dinámica da aula.
    -10 % da cualificación corresponderá ás presentación orais que o alumnado debe realizar ó longo do semestre nesta materia.
    Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades progrmadas de forma coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TEMPO ESTIMADO

    A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades de grupos en seminarios, estudo de casos, guías e orientación de traballos e titorías.

    Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Destas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 dedicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, á aprendizaxe autónoma, á resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos. O tempo dedicado ao exame será sobre dúas horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    RECOMENDACIONS.

    Dado o carácter básico da asignatura e a súa ubicación no plano de estudios non se indican requisitos previos; será recomendable que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento e Dificultades de Aprendizaxe e trasornos do desenvolvemento.

    E indispensabel que o alumno se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; así mesmo recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma abandonando a actitude de só recepción da información habitual en outros ámbitos educativos.

    Observacións
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos comtemplados na normativa da facultade, os alumnos poderán solicitar exención de docencia.

    Nestes casos, o alumnado debe ponerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.