Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141106 - Psicoloxía do Desenvolvemento (6-12 anos) (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Taboada Ares, Eva María.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Pardo G)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Pardo H-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Durán G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Durán L-G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (H-Pardo G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04 (Pardo H-Ri)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05 (Ro-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Conceptuais (saber)
    - Comprender o desenvolvemento psicolóxico, os seus procesos, dimensións e fases.
    - Analizar e comprender as principais teorías e modelos explicativos do desenvolvemento nas idades de 6 a 12 anos, acadando una comprensión funcional das mesmas que permitan adecuar a práctica docente ao nivel de maduración do alumno ou alumna e ás súas características.
    - Coñecer as implicacións educativas que se derivan dos procesos de cambio evolutivo do escolar e reflexionar sobre as súas aplicacións para optimizar o desenvolvemento.
    - Coñecer a metodoloxía de investigación en psicoloxía do desenvolvemento e a súa aplicación ao ámbito escolar

    Procedimentais (saber facer):
    -Manexar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía do desenvolvemento.
    - Observar, analizar e interpretar condutas representativas das principais dimensións do desenvolvemento do escolar.
    - Adquirir habilidades para a prevención e resolución pacífica de conflitos. Saber convivir coas diferenzas entre culturas e persoas.
    - Familiarizarse cos procedementos estimuladores da actividade didáctica, coas técnicas da motivación e cosas estratexias para aprender a pensar e a estudar.

    Actitudinais (saber ser):
    -Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa fronte aos problemas psicoeducativos.
    -Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na profesión.
    -Adoptar unha disposición favorábel cara ao traballo en equipo, á colaboración cos compañeiros e compañeiras e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conduta profesional posterior.
    Contidos
    Bloque 1: Introdución á Psicoloxía do Desenvolvemento

    Tema 1. Aproximación conceptual. Principais teorías descritivo-explicativas do desenvolvemento.

    Tema 2. Introdución aos métodos de investigación en Psicoloxía do desenvolvemento.

    Bloque 2. O desenvolvemento de 6 a 12 anos

    Tema 3. O desenvolvemento físico e perceptivo-motor.

    Tema 4. O desenvolvemento cognitivo.

    Tema 5. O desenvolvemento da linguaxe.

    Tema 6. Desenvolvemento da personalidade.

    Tema 7. O desenvolvemento socioafectivo e moral.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA BÁSICA

    - BERGER, K.S. (2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Madrid: Médica Panamericana.

    - FELDMAN, R.S. (2008). Desarrollo en la infancia. Méjico: Prentice Hall.

    - PAPALIA, D.E.; FELDMAN, R.D. y MARTORELL, G. (2012). Desarrollo humano. Méjico: McGraw-Hill.

    - PAPALIA, D.E.; OLDS, S.W. y FELDMAN, R.D.(2005). Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. Bogotá: McGraw-Hill.

    - SHAFFER, D.R.(2000). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Méjico: Internacional Thomson.


    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA

    - BARAJAS, C., MORENA, De la, M.L., FUENTES, M.J. y GONZÁLEZ, A.M. (2007). Perspectivas sobre el desarrollo psicológico: teoría y prácticas. Madrid: Pirámide.

    - BERK, L.E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.

    - CÓRDOBA, A.I.; DESCALS, A. y GIL, M. D. (2007). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Psicología Pirámide.

    - HOFFMAN, L.; PARIS, S. e HULL, E. (19959 Psicología del desarrollo hoy. Madrid: McGraw Hill.

    - PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y CARRETERO, M. (2004). Psicología evolutiva (vol. I, II). Madrid: Alianza.

    - SANTROCK, J.W. (2007). Psicología del desarrollo en la infancia. Madrid: McGraw Hill.

    WEBGRAFIA
    - http://www.ite.educacion.es/
    - http://www.profes.net/
    - http://www.educared.net/

    Competencias
    Xerais:
    - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
    - Manter una relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
    - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que facilite as aprendizaxes, a formación cívica e a riqueza cultural.

    Específicas:
    - Coñecer as características dos estudantes, e as dos seus contextos motivacionais e sociais.
    - Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade dos estudates e identificar disfuncións.

    Básicas:
    - Que os estudantes saiban aplicar coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e que posúan as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e difusión de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
    - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
    - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.

    Transversais:
    - Coñecemento instrumental dunha lingua estranxeira.
    - Coñecemento instrumental da lingua galega
    - Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicación
    Metodoloxía da ensinanza
    A proposta metodolóxica que se vai empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. As actividades presenciais co grupo de clase expositivo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas… O apoio de material visual e recursos en rede empregarase para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.

    Co traballo en seminarios (clases interactivas) preténdese profundar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades que se realicen incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visualización de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios presentaránselle ao alumnado nas correspondentes sesións de clase.

    Na atención tutorial, atenderanse as necesidades específicas de cada alumno/a e realizaranse as orientaciones pertinentes para guiar o seu proceso de enseñanza-aprendizaje.
    Sistema de evaluación
    SISTEMA DE AVALIACION DAS APRENDIZAXES

    A avaliación do curso realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado seguinte:

    -60% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados na materia Clases expositivas e interactivas); é necesario aprobar esta proba para superar a materia e para que se consideren as puntuaciones obtidas na interactividade e na asistencia e participación na dinámica da aula.

    -30% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras producións demandadas aos alumnos e alumnas.

    -10% da cualificación corresponderá a participación activa na dinámica da aula.

    Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas nos prazos acordados todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.

    Nos casos contemplados na normativa da Facultade os alumnos poderan solicitar exención de docencia. Esta situación debe ser notificada ó profesor ó inicio do cuadrimestre e presentar, no momento no que se obteña, a certificación que así o acredite. Todo isto será necesario para establecer as directrices apropiadas para o cumplimiento do programa e a superación da materia.

    Os traballos individuais ou de grupo que realicen os estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.

    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades de grupos en seminarios, estudo de casos, guías e orientación de traballos e titorías.

    Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Destas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 dedicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, á aprendizaxe autónoma, á resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos. O tempo dedicado ao exame será sobre dúas horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado o carácter básico da materia e da súa ubicuidade no plano de estudos non se indican requisitos previos; será recomendábel que o alumno ou alumna estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía da Educación e Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos do Desenvolvemento.

    É importante que o alumado se implique activamente desde o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; recoméndase tamén unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma, abandonando a a actitude de só recepción de información habitual en outros ámbitos educativos.
    Observacións
    OBSERVACIONS
    ASISTENCIA A CLASE

    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos